Dumbría convertirase na capital do FSF costeiro co choque entre Selección Norte e Sur
Aínda coa resaca do triplete ceense, o Fútbol Sala Feminino aínda non para, e o vindeiro sábado 2 de xullo, Dumbría acollerá o primeiro partido de fútbol sala feminino entre a Selección da Costa Norte e a Sur. O pavillón do Conco, que dende a vindeira tempada será a casa do Fisober, acolle unha cita artellada pola Asociación Deportiva Vidú, que xa armou a Copa da Costa de FSF, e que, desta volta co apoio do Concello de Dumbría, volve apostar polo deporte feminino.
Un total de 24 xogadoras repartidas nos dous combinados serán as protagonistas deste encontro, das cales sairán as quince rapazas que formarán a Selección da Costa da Morte de fútbol sala feminino, a cal se enfrontará ao Burela Pescados Rubén FSF, que acaba de proclamarse campión de Primera División, a finais do próximo verán.
Dani Calvete e Fran Toba serán os encargados de dirixir o combinado Norte mentres que Barca Toba será quen estará á fronte da selección sureña.
Os combinados
Polo bando norte, Dani Calvete e Fran Toba contarán con Bea Lista (Grupo Work) e Leti Rojo (Fisober FSF) como porteiras; Elsa Souto (sin equipo), Sheila Gil (Viaxes Amarelle FSF), Nuria Pose (Fisober FSF) e Ana Fuentes (Ponteceso FSF) como peches; Cintia Arijón (Ponteceso FSF),Tatiana Barcia (FSF Villa de Cee) e Myrella Ventura (Fisober FSF) como alas; Noelia García (Fisober FSF) e Inés Suárez (Fisober FSF) como pívots; e a universal Ana Mouzo (Fisober FSF).
Pola súa banda, a seleccionadora sureña Barca Toba terá a súa disposición a Eva Lema (Burela Pescados Rubén FSF) e Lía Agra (Lira CF) como porteiras; Alba Trillo (FSF Villa de Cee), Alba Cambeiro (Lira CF), Rita Lema (Hércules FS) e Adriana Castro (FSF Villa de Cee) como peches; Nuria Paz (SD A Baña), Patri Romaní (Viaxes Amarelle FSF) e María Pérez (FSF Villa de Cee) como alas; Andrea Romero (FSF Villa de Cee) e Bárbara Caamaño (AD Atletes) como pívots; e a universal Paula Fandiño (Fisober FSF).
Crónicas da temporada
- FSF: Triplete ceense, con suspense, para pechar un ano inmellorable.
- FSF: O Fisober trasládase a Dumbría mentres chegan as finais de Copa:
- O Fisober meteuse no póker autonómico.
- O Fisober quere a Copa.
- Pechando unha liga dispar.
- Cee vibrou ca Festa do Fútbol Sala costeiro.
- O Fisober deixa escapar o ascenso mentres o Vila de Cee prepara a Festa do FS.
- As bravas Vila de Cee, campionas da Liga Provincial no seu terceiro ano de vida.
- Continúa a loita.
- Dous ascensos no forno.
- Con Pioto e a afección polo ascenso.
- Mantendo o pulso na zona alta.
- Derrotas antes do gran derbi.
- Grandes tardes de fútbol sala.
- FSF: Un xaneiro fetén.
- FSF: Vila de Cee e Ponteceso ao mando.
- A Festa do FSF: “Unha doce resaca”.
- Corme vibrou coa I Copa da Costa, a festa do FSF.
- FSF: Campionato de inverno e vitoria épica para rematar o ano:
- Atletes, Fisober, Ponteceso e Vila de Cee pelexarán pola I Copa da Costa FSF.
- FSF: A mozas do Vila de Cee xa celebran o título invernal.
- FSF: As Atletes xa saben gañar.
- FSF: Unha xornada de paella colectiva.
- FSF: O Villa de Cee escapa tralo derbi.
- FSF: Só o Vila de Cee responde e mantén o liderado.
- FSF: Cee disfruta do Fútbol Sala.
- O Vila de Cee aséntase no liderato a costa do Ponteceso FSF.
- FSF: Cee volveu vibrar coa familia do fútbol sala ao completo.
- Líderes costeiras.
- FSF: Os mozos de Cee comezan gañando.
- O FSF xa arrincou ao completo.
- FSF: O Fisober gaña por fin na casa tras dous anos de maldición.
- FSF: O Fisober arrincou na Liga Galega mentres Ponteceso, Atletes, Lira e Vila de Cee póñense a punto.
- A Xente do San Cristobal asume o mando da Liga de FS de Cee.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Fútbol Sala costeiro volve ter equipo masculino.
Outras novas do FSF
- A muxiá Eva, campiona da Supercopa de España de FSF.
- Patri fixo de verguda do Fisober na final da Copa Deputación.
- FSF: O Fisober di adeus á categoría estatal a pesar da gran Marea Nejra.
- O Ponteceso FSF pecha unha grandísima temporada co subcampionato da Copa Provincial.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Ponteceso xa é novo equipo da Liga Autonómica.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).