Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Dumbría segue protagonizando un comezo histórico na Liga Galega Cadete

O Dumbría segue protagonizando un comezo histórico na Liga Galega Cadete
Dumbria Cadete contra o Lugo B-Foto-Cris Rodriguez O Dumbría Cadete é líder da Liga Galega - Foto: Cris Rodríguez Nova xornada feliz para a familia dumbriesa nas Ligas Galegas, que protagonizan un espectacular comezo de tempada. Triunfo sufrido e importante dos Xuvenís en Lugo ante un sempre potente Residencia, que permite aos de Pablo Conde e Joaquín subir ata a 7ª praza, con 11 puntos. Pola súa banda, os cadetes seguen facendo historia e seguen líderes en solitario tras sumar a 6ª vitoria en outros tantos partidos. Os de Nando e Canario superaron ao filial lucense, e ao vento, conseguiron remontar e vencer con solvencia.  

Liga Galega Xuvenil, xornada 6

  • Resultado: Residencia - Dumbría (1-2)
  • Dumbría: Isma, Xan, Álex Sendón, Berto, Gusa, Brais Fdez., Brais Martínez, Samuel, Diego, Adri e Brandon. Tamén: Carlos, Mario, Jhoni, Dylan e Lucas.
  • Goles: 1-0, m.50; 1-1, m.70: Brais Fernández; 1-2, m.80: Diego Estévez.
Saída sempre complicada a de Residencia. O equipo de Lugo é un rival moi forte como local o cal e difícil sacarlle puntos no seu campo, pero os rapaces de Pablo Conde e Joaquín vanlle este tipo de partidos e aínda con algunha baixa superon sufrir e lograron un meritorio triunfo. A primeira parte rematou co resultado inicial e con poucas ocasións, moito respecto mutuo impoñéndose as defensas sobre os ataques. Aínda así ata en tres ocasións rozaron o gol os costeiros da man de Sendón, Brandon e Diego. Tralo paso pola caseta cambiou o panorama e o equipo local pronto se adiantou, pero os costeiros non se arrugaron e pouco a pouco foron apretando ata empatar por medio de Brais Fernández, sobre o minuto 70. Diego Estévez lograba darlle a volta o marcador cun 1-2 que xa sería definitivo.  

Liga Galega Cadete, xornada 6

  • Resultado: Dumbría - Lugo B (4-1)
  • Dumbría: Rubén; Nico, Alex Díaz, Leo, Anxo, Martín, Dani, Raúl, Íker, Lucas Toba, Alex Castro. Tamén; Santi, Iago, Lucas Carballo, Ángel e Carlos.
  • Goles: 0-1, m.6; 1-1, m.12: Martín; 2-1, m.25: Leo; 3-1, m.32: Raúl; 4-1, m.71: Íker.
Dumbria Cadete lider da Liga GAlega-Foto-Cris Rodriguez Imaxe do choque do Dumbría Cadete contra o Lugo B-Foto-Cris Rodriguez Partido condicinado polo forte vento, circunstancia que manexou mellor o equipo de Nando e Canario e iso que se adiantaba o Lugo tras unha cesión dun defensor local ao porteiro que o vento frenou e o dianteiro do Lugo non perdonou. Non se veu abaixo o Dumbría e pouco a pouco foi metendo o Lugo na súa área coa axuda do vento e cunha presión alta que en todo momento incomodou a saída de balón dos visitantes. Esta presión emprzou a dar froitos e tras forzar varios saques de esquina deulle a volta o marcador con goles de Martín e de Leo. Pouco despois Raúl roubaba de novo tras unha presión alta e lograba o 3-1 co que se chegaba o descanso, resultado curto pois puideron facer varios goles máis. Na segunda parte e xa co vento en contra o equipo local non sufriu, axustou varias posicións defensivas e cun Rubén que sempre da seguridad controlou a faceta defensiva. Na ofensiva sacou algunha contra o cadro local con perigo, e nunha delas Íker faría o definitivo 4-1. Alex Diaz co Dumbria Cadete ante o Lugo B-Foto-Cris Rodriguez Álex Díaz controla o balon ante o Lugo B-Foto-Cris Rodriguez

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-dumbria-comeza-a-temporada-dun-xeito-espectacular-nas-ligas-galegas/

Comentarios