Dumbría prepara un Campus para seleccionar os seus equipos infantís e cadetes
O CF Dumbría convoca o II Campus para preparar a selección dos equipos Infantís e Cadetes. As citas serán ba tarde do 24, de 16 a 18 horas, e a mañá do 25 de xuño, de 11 a 13 horas, e todos os mozos xogadores de fútbol da Costa da Morte, nacidos nos anos 2000, 2001, 2002, 2003, están chamados a achegarse ao Conco para realizar unhas probas de selección.
Previamente a esta convocatoria o club dumbriés enviou comunicado a todos os Clubs da Costa da Morte para que permitan aos seus xogadores asistir a este Campus. Deste xeito, unha vez realizada a selección comunicáseselles aos seus clubs respectivos o seu desexo de incorporalos aos equipos da Escola de Futbol Base. Cómpre recordar que os infantís competirán en ligar comarcal, mentres os cadetes continúan na máxima categoría galega, a División de Honra.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).