Dumbría volve acoller unha proba da Copa Galicia de Ciclocross
Sabemos da aposta do Concello de Dumbría polas dúas rodas. Pois xa temos nova data. O vindeiro sabado 28 de novembro, o Concello de Dumbría, conxuntamente co club Ciclista Dumbría, organizan unha proba da Copa Galicia de Ciclocross, puntuable para a clasificación estatal.
Xa consolidada no calendario da Federación, e cun rapaz entre os mellores do país, Dumbría parte como unha das favoritas.
A Copa Galicia
Nos próximos dous meses os especialistas galegos nesta modalidade percorrerán as catro provincias para loitar polo triunfo final. En total, poranse en xogo sete maillots de líder para os corredores masculinos nas categorías Elite, Sub 23, Xunior, Cadete, Master 30, Master 40 y Master 50-60, mentres que as mulleres terán unha clasificación menos ao competir xuntas as ciclistas elite e sub 23.
A competición arranca este sábado día 14 coa celebración do XVIII Trofeo Comunidade de Montes das Eiras, organizado polo Club Ciclista O Rosal. A Praia das Eiras será, a partir das 14:45, o escenario desta primeira xornada, na que tamén os máis pequenos poderán participar na carreira de Promoción.
Ao día siguiente, a actividade trasladarase á capital autonómica. O Club Ciclista Compostelano é o promotor da XV edición del Trofeo Concello de Santiago. As carreiras iniciaranse ás 09:45 coa Infantil no circuito do Estadio Multiusos de San Lázaro.
O resto do calendario da Copa Galicia compóñeno os trofeos de Dumbría (28 de novembro), Boiro (6 de decembro), Marín (6 de decembro), Viveiro (13 de decembro), O Porriño (20 de decembro) e Maceda (3 de xaneiro).
Novas relacionadas
- Decembro 2014: O dumbriés Marco López afianza o seu liderato no ciclocross galego.
- Decembro 2014: Dumbría consolídase no calendario do Ciclocross Galego.
- Decembro 2013: A tregua meteorolóxica permitiu un espectáculo de primeira no Ciclocross de Dumbría.
- Maio 2013: Pequenos e maiores, a dúas rodas polos montes de Dumbría.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).