Dumbría xa é cita fixa para os "beteteros" do país
A 2ª Ruta BTT de Dumbría consolídase dentro do panorama galego nesta disciplina tralo novo éxito de organización e participación acadado este pasado 17 de marzo de 2012. Unha nova demostración de poder do Concello dumbriés en materia deportiva, e son moitos os exemplos a poñer: Piragüismo, ciclismo, volei...
Así a 2ª Ruta BTT desenvolveuse impecablemente. E iso que a climatoloxia a primeira hora mañá facía pensar que moitos dos inscritos non se desplazarían ata Dumbría. Pero non foi así e o número total de dorsales entregados foi de 302, dun total de 336. A partir das 8,45h a organización comezou a repartir os dorsais con total normalidade e sen grandes colas, gracias ás dúas mesas con 4 persoas cada unha onde os deportistas estaban rexistrados por orden alfabética. Destacar a puntualidade reinante nos participantes que cumpliron en todo momento o marcado pola organización.
Sobre as 9,30h Javier Guillén (Director xeral da Volta a España) e Pablo López (Director Comercial de Unipublic), faltou Abraham Olano por problemas persoais, fan presencia nas instalacións deportivas do Conco, con dúas bicicletas cedidas para a ocasión por Bicicletas Triki de Muros. Con 10 minutos de retraso sobre a hora marcada de saída, e Javier Guillén e José Manuel Pequeño, foron os encargados de cortar a cinta de saída.
Logo dunha volta de recoñecemento polo centro do Municipio, por certo cun forte chubasco, os betetereos comezaron a facer o percorrido marcado pola organización.
O primeiro tramo da ruta foi controlado ata o primeiro avituallamiento. Neste primeiro tramo o pelotón paou por montes de Dumbría, en lugares coma Castro, Figueiroa, Marco do Couto, en Buxantes por Casanova, Anseán…
Sobre o km 20, a organización tiña preparada a parada para o refrixerio, en Logoso concretamente na Pedra Cabalgada. Os ciclistas tomaban forzas con unha bebida isotónica, unha chocolatina e un plátano. Logo de 15 minutos de descanso, a ruta agríase lixeiramente con tramo libre para os máis preparados.
Sobre as 12:40h chegaba a meta o primeiro ciclista, Vicente Formoso, máis coñecido por Triki. Un Triki que coñecía ben o circuito pois é o encargado e adestrador das escolas de Ciclismo do Club Local. Despois del, os participantes aparecian a conta gotas ata as 14,30h.
Despois da bici, ducha, xantar e premios
Pero a sesión non remataba aí. En canto remataban a ruta, a organización retiráballe o dorsal, entregáballe a camiseta conmemorativa e o ticket para a comida. Logo da ducha cada deportista recollia a comida, con ensalada de pasta, churrasco, panceta e chorizo criollo. Para recuperar ben as forzas!!
A entrega de trofeos realizouse a hora da comida, todos/as sentados nun comedor ocasional adaptado no polideportivo Municipal. E estes foron os premios destacados entregados por José Manuel Pequeño, Javier Guillén e Pablo López:
- Trofeo o primeiro clasificado: Triki.
- Trofeo o deportista máis veterano: Toto de Muros con 61 anos.
- Trofeo o club máis numeroso: os Jarnachas de Arteixo.
A organización regalou os colaboradores Manuel Andujar e Marcos Carreira así como aos representantes da Volta a España un detalle conmemorativo. Pechou a entrega Javier Guillén que destacou a calidade da ruta, a organización e animou a todos a acudir o vindeiro 30 de agosto ó Ézaro, ao final da etapada da Volta a España.
Máis Rutas en Carnota e Camariñas
Ademais, Carnota únese á moda das Rutas BTT e xa artella a 1ª Ruta BTT Carnota para Semana Santa. A cita será o xoves 5 de abril, xoves santo, e xa se poden inscribir ata o 2 de abril.
Ademais o día 13 de maio está prevista a I Ruta BTT Caramiña, que organiza o Club Baikers do Vilán de Camariñas e na que colabora o concello desta localidade. O percorrido terá entre 40 e 60 kilómetros para máis información entrar na páxina de facebook PC Baikers do Vilán.
Máis fotos
- Galería Picasa de José Castieñira da 2ª Ruta BTT Concello de Dumbría.
- Galería Picasa de José Castieñira da 2ª Ruta BTT Concello de Dumbría.
Novas relacionadas
- O Piragüismo Dumbría abre a tempada con medalla.
- A chegada ao Mirador do Ézaro non será a última vez que se faga.
- I Ruta BTT Dumbría: As bicicletas tomaron os montes de Dumbría.
- As rampas do Mirador do Ézaro agardan a invasión do pelotón.
- O Mirador do Ézaro acollerá un final de etapa da Volta a España.
- Subindo, en bici e en primeira persoa, á Moa.
- As bicis de montaña tomaron os montes da Terra Neria.
- Un día a dúas rodas pola Costa da Morte.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).