Xoves. 02.05.2024
El tiempo

E despois do Gordo… o segundo premio e as benditas pedreas

E despois do Gordo… o segundo premio e as benditas pedreas
A resaca dos títulos de Dumbría e Baio non deixa un panorama sen interese, máis ben todo o contrario: o Soneira loitando por sobrevivir, ao igual que o Outes, mentres que na Segunda San Lorenzo e Mazaricos dirimen o subcampionato, co Corme mirando atentamente… e haberá novo equipo de Segunda O San Lorenzo - Mazaricos será un auténtico partidazo-Foto-David Pena O San Lorenzo - Mazaricos será un auténtico partidazo-Foto-David Pena Das catro categorías que teñen representación do fútbol da Costa da Morte tres xa proclamaron campión e na outra non está dentro da axenda social. Pero que Dumbría, Baio e Muxía levasen con xustiza a Primeira, Segunda e Terceira non quere dicir que decrezca a interese para unha fin de semana na que, iso si, falarase outro idioma que non ten tanto que ver con premios pero si con supervivencia. E a lista comeza por unha Preferente onde as contas do Soneira empezan a pasar case por un pleno de triunfos nas catro semanas que restan. Ineludible semella o primeiro deles, na casa e ante un Lemos ao que pode volver meter en problemas. A histórica entidade monfortina pasou por moitos problemas de fondo de armario, pero ten moi amarrada esa ansiada supervivencia. Menos trascendente será a semana para Xallas e Sofán. No caso dos carballeses, ata un triunfo sobre o Betanzos (+7 sobre o Soneira), sería un pequeno favor. Máis esquencible pode ser o Xallas-Ribadeo. Pola Primeira o descenso do Sporting Zas é xa matemático, mentres que o Fisterra está case salvado. Só o Outes, con necesidade dun seis de seis e rezar, ten cousas en xogo. E vaia cousas! se non pasa nada raro nos enfrontamentos santiagueses os de Cambeiro deben invitar ao optimismo. Outorgado o Premio Gordo, na Liga da Costa hai sorteo do segundo entre San Lorenzo e Mazaricos, con interese directísimo tamén para o Corme. Un triunfo local deixa case todo sentenciado. Un empate (sempre e cando os percebeiros fagan o seu traballo), virará a prata cara O Cairo, ao igual que un éxito do Mazaricos. Pero moito terá que dicir un Buño que aínda ansía a salvación total e que mirará tamén o que faga o Coristanco ante o Louro, ou o Casriz en Cee. O que antigamente sería unha tarde de transistores e agora mudou a día de apps de móbil. Por San Paio de Refoxos dirimirase tamén a última praza de ascenso de Terceira a Segunda, tralo 2-0 do Lira ante un Ameixenda que ademais arrastra dúas ausencias por sanción.

Gran xornada de base

Ademais, a base será protagonista tamén esta fin de semana. O sábado, Fontenla acolle a gran final da #CopadaCosta Xuvenil entre Cee e Ponteceso. Teremos o ollo posto tamén na última xornada das Ligas de F8 con 3 títulos en xogo e varias con finalísima.

 

PreferenteNorte, xornada 35

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 33

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 33

 

FasedeAscenso á Liga da Costa, ida das semifinais

Fase de Ascenso da 3 da Costa Actualizamos os resultados das competicións de eliminatorias en www.copadacosta.com  

LigaGalegaXuvenil, xornada 30

 

CopadaCosta Xuvenil, ida dos Cuartos

Copa da Costa Xuvenil 2017

LigaGalegaCadete, xornada 32

 

CopadaCosta Cadete, ida dos Oitavos

 

LigaGalega Infantil, xornada 31

Copa da Costa Infantil

 

LigaAlevínNorte, xornada 10

LigaAlevínSur, xornada 26

LigaBenxamínNorte, xornada 10

LigaBenxamínSur, xornada 26

LigaPrebenxamín, xornada 9

 

LigasVeteranos, 1ª División, xornada 22

LigasVeteranos, 2ª División, xornada 22

 

Máisinformación

     

Comentarios