En busca do revolucionario ideal

09:03 16/12/16
Mazaricos e San Lorenzo, as dúas alternativas máis inmediatas na táboa ao que parece ser a dictadura de Corme e Baio, miden as súas forzas na Picota sen apenas marxe de erro; non haberá compromisos sinxelos na cabeza
Imaxe do choque entre Mazaricos e Castriz-Foto-Nuria Vidal
En tempos nos que o poder do pobo parece dividirse no debate das ideas, para 'jolgorio' da dictadura dos poderosos, o fútbol da Costa parece ter tamén unha sorte de primarias para liderar a alternativa de poder. Mazaricos e San Lorenzo, dous que levan varios anos amagando con pelexar o título, poñen sobre a herba da Picota os argumentos que lles levan a ser terceiro e cuarto, e a cuestionar a bicefalia de mando. O poder amarelo no seu feudo ten contrapeso no feito de que se hai un conxunto que se manexa á perfección sobre o pasto natural ese é o San Lorenzo. Pódese dicir que ambos atravesan o seu mellor momento do curso, pero que a marxe de erro é mínima, a xulgar polo índice de empates e derrotas de Corme e Baio. Precisamente, os de momento líderes non terán unha tarde sobre o papel asequible. O Norte será o común denominador da batalla. Visita o Platas Reinoso un Cerqueda perigoso, pero que ven de caer no derbi co Malpica, mentres que ao Corme tócalle ir preto, a Buño, onde o cadro oleiro medra ante veciños e coñecidos. No resto da xornada de Segunda non parece San Pedro de Castriz o feudo idóneo para que o Cee recupere dos seus problemas de gol e clasificatorios, mentres que outro 'outsider' de luxo, o Ponteceso, recibe a un Baíñas que da síntomas de mellora.
Pola Preferente estará de estrea Víctor Pazos, novo inquilino do banco do Soneira. Será na casa, contra un Viveiro temible en ataque, pero que tradicionalmente non se lle ten dado mal aos brancos. Difícil praza terá o Xallas na Pedreira de Mugardos, un dos recintos clásicos da categoría, con amplas dimensións e moito público na bancada. No caso do Sofán, a tranquilidade clasificatoria é compartida precisamente co invitado da semana, un Escairón sen agobios.
Haberá debut tamén na Primeira, onde Pablo Mallón descolga a pizarra para tentar salvar a nave do Sporting Zas. Non será sinxela a visita a Villestro, un conxunto cunha mestura de xoves e veteráns, e que na casa sempre é temible. A referencia da remontada do Fisterra (3-4) vai na retina. Os verdes, pola súa banda, volven a Ara Solis, contra un rival directísimo como o Val do Ulla. Vencer sería meter dous partidos sobre o descenso. Polo menos puntuar é o que buscará o Outes en Silleda, na segunda saída seguida, mentres que o intratable Dumbría recibe ao Riveira.
A Terceira vai tamén de alternativas, con Ameixenda e Nantón protagonizando un dos partidazos. Os ceenses están lanzados no aspecto goleador e coa moral polas nubes. O líder Muxía non o terá sinxelo no Eleuterio Balayo de Muros.

PreferenteNorte, xornada 18
1ªAutonómica, Gr.2, xornada 16
2ªAutonómica, Gr.2, xornada 16
LigaGalega Xuvenil, xornada 15
1ªXuvenil, Gr.2, xornada 11
1ªXuvenil, Gr.3, xornada 15
LigaGalega Cadete, xornada 15
1ªCadete, xornada 12
LigaGalega Infantil, xornada 14
1ªInfantil, xornada 14
LigaAlevínSur, xornada 10
LigaBenxamínSur, xornada 10LigasVeteranos, 1ª División
LigasVeteranos, 1ª División
Máisinformación
- Mercado de fichaxes do Fútbol da Costa.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.