Venres. 04.10.2024
El tiempo

En marcha a III Gala do Fútbol da Costa

En marcha a III Gala do Fútbol da Costa
Cartel III Gala Futbol da Costa 2014

Pois si, o equipo de Deportes QPC non ten parada, e xa está armando un novo evento arredor do Fútbol da Costa. Logo do éxito da Gala de Presentación do Álbum da Costa celebrada en novembro en Santa Comba, o diario dixital da Costa da Morte colle o relevo da Asociación de Clubs e organiza a III Gala do Fútbol da Costa.
Unha Gala que chega a raíz do compromiso de QPC co deporte, que decidiu unirse á Asociación de Clubes para evitar duplicidades, co obxectivo de unir forzas polo ben do Fútbol da Costa.

A cita será o venres 27 de xuño de 2014, na previa á final da Copa da Costa, na Casa da Cultura de Olveira, gracias á colaboración do Concello de Dumbría.

Falar un pouco de por que facemos a gala conxuntanmente

Unha noite de premios

Aínda quedan cousas por perfilar, pero será unha completa noite de premios. Ademais dos clásicos de Mellor Adestrador, Mellor Directiva, Mellor Equipo, Mellor Xogador, Equipo máis Deportivo, Pichichis e Porteiro menos batidos… teremos sorpresas. De feito, estamos armando un completo comité de votación entre especialistas do fútbol costeiro, xornalistas, directivos, adestradores, xogadores… para que as eleccións dos premios sexan os máis xustas posibles.

En canto as figuras, xa están sendo perfiladas, unha por unha, por dous tesouros da artesanía costeira. A muxiá Viki Rivadulla está facendo o groso dos premios, e xa veredes a marabilla. Ademais, os oleiros de Buño tamén están preparando unha sorpresa histórica, gracias á colaboración do Concello de Malpica.

Contaremos ademais cun presentador de prestixio, O Presentador. A Voz do Fútbol da Costa (o será por moitos anos), Fran Hermida, dirixirá a Gala. O locutor corcubionés, agora a voz do Deportivo en Radio Coruña-Cadena Ser, formado na Nordés, será quen leve o peso desta importante cita para o fútbol costeiro.

E trataremos ademais de contar con algunha personalidade de renome, pero para iso teremos que esperar un pouco.

Polos 50 anos do Fútbol da Costa

Unha das razóns polas que nos decidimos a armar esta Gala, ademais de cumprir os desexos do bo de Jorge Parri, é por recuperar e darlle o valor que merece á historia do noso deporte. 50 anos son moitos anos e supón unha data perfecta para rememorar a importancia, non só deportiva, se non social, do fútbol da Costa da Morte.

Farémolo coas persoas que máis están facendo pola historia do noso deporte, como Luís Porto, ou Xosé María lema Suárez, un dos membros da familia do Baio, que xunto co Porteño foron os únicos en lembrarse da sinalada data.

Os protagonistas da homenaxe, serán os 6 clubs fundadores que aínda seguen competindo: Cee, Fisterra, Laxe, Ponteceso, Porteño e Baio, o decano.

Un ano de Álbum

O Álbum terá o seu momento, por suposto, na Gala, i é que unha iniciativa histórica como esta así o merece. Recuperaremos algunhas imaxes, algunhas historias que vivimos ao longo deste ano arredor dos cromos, e entregaremos o premio dunha Play3, cedida por Tien21 a unha das case 100 persoas que nos confirmaron que completaron o álbum.

Patrocinadores e colaboradores

Aínda non temos pechado o apartado dos patrocinadores, pero xa contamos con varias casas que colaboran coa Gala. Calvo, como vén facendo nos últimos anos, patrocinará unha parte dos premios. Ademais, Bazarra, sempre apoiando o deporte costeiro, tamén estará aí, como a o Grupo Santitel, Clínica de Fisioterapia Sar, Autocares J. Pombo, Dafit, Muebles Carrasco, Chuminadas O Rollo.
Ademais, os Concello de Malpica colabora coa aportación dos premios históricos a través dos oleiros de Buño. E como non, Tien21 ElectroChouza-Carnota, con ese premio aoÁlbum da Costa.

Así que se algunha casa está interesada en patrocinar algún dos premios, que se poña en contacto con nós en [email protected] ou no 637 704 893.

Novas relacionadas

Novas do 50 aniversario do Fútbol da Costa

Artigos de Xosé María Lema Suárez

Artigos do Mar de Paixón

Fonte

Comentarios