En marcha a Liga Costa da Morte de tenis de mesa
Logo do éxito rotundo do 1º Circuito de Xadrez da Costa da Morte, tócalle o turno ao tenis de mesa. Da man do alma máter da familia soneirá de tenis de mesa, Stevo Lema, e coa colaboración da xente do xadrez do Cabo Touriñán, poñen en marcha esta I Liga Intermunicipal de Tenis de mesa, que levará este divertidísimo deporte por toda a bisbarra.
A idea foi moi ben acollida dende toda a bisbarra pero finalmente só se animaron os xogadores de tres concellos: Corcubión, Muxía e Ponteceso. I é que ao non poderen apuntarse os xogadores federados, toda a familia zaense do Anorthosis queda fóra da competición, que con campiona galega e todo sería demasiado abusar.
Será esta a semente para seguir espallando este deporte, pensando en que o vindeiro ano sexan máis concellos da zona, e que tamén haia a posibilidade de espallar a proba a nivel intercomarcal, por Noia, Oroso... pero eso queda para máis adiante.
Para esta 1ª edición contan co patrocinio de REALE seguros (oficinas de Ponteceso, Carballo e Arteixo) e co compromiso de continuar en vindeiros anos dado que ao responsable destas oficinas, José Manuel Mato Varela, gustoulle moito esta idea.
Calendario da I Liga Intermunicipal de Tenis de mesa
A Liga empeza xa este domingo 7 de abril:
- DOMINGO 7 DE ABRIL ÁS 11'00 PAV. MUN. DE PONTECESO: PONTECESO - MUXÍA.
- SÁBADO 13 DE ABRIL ÁS 15'30 ANTIGUO MERCADO MUXÍA: MUXÍA - CORCUBIÓN.
- DOMINGO 21 DE ABRIL ÁS 11'00 PAV. MUN. DE PONTECESO: PONTECESO – CORCUBIÓN.
- SÁBADO 27 DE ABRIL ÁS 17'00 PAV. MUN. DE CORCUBIÓN: CORCUBIÓN - PONTECESO.
- SÁBADO 4 DE MAIO ÁS 17'00 ANTIGUO MERCADO MUXÍA: MUXÍA – PONTECESO.
- SÁBADO 11 DE MAIO ÁS 17'00 PAV. MUN. DE CORCUBIÓN: CORCUBIÓN – MUXÍA.
- SÁBADO 18 DE MAIO ÁS 17'00 PAV. MUN. DE PONTECESO: TORNEO INDIVIDUAL E ENTREGA DE TROFEOS AOS PARTICIPANTES.
As reglas
Para os enfrentamentos usarase o sistema "swailing reducido modificado", un nome moi largo e de dificil comprensión, no cal enfrentanse 3 xogadores en 6 partidos individuales e en caso de empate 3-3 xógase un partido de dobres. Antes do enfrentamento un equipo escolle A, B, C e o outro X,Y,Z e logo enfrentanse A-Y, B-X, C-Z, A-X, C-Y e B-Z e se hai empate escollese a parella que xoga os dobres (poden ser xogadorers diferentes).
Novas relacionadas
- A campiona galega benxamín de tenis de mesa chámase Lorena e é de Zas.
- Unha festa deportiva para pechar o 1º Circuito de Xadrez da Costa da Morte.
Fonte
- Nota de prensa de Estevo Lema.