Eses nenos grandes
21:30 21/02/16
Basti e Richi, dous rapaces da casa 'veteranizados' de anteman, lle deron a victoria e o liderato ao Soneira en Sofán; a Preferente, pola súa banda, deixou un insospeitado gozo
O Soneira impúxose con autoridade en Sofán - Foto: SD Sofán
Feitos na casa, pero tan bos que nin por encargo. Así foron os goleadores do Soneira, Basti e Richi, na súa visita a Sofán, onde o cadro vimiancés acadou unha desas victorias que se analizan como chave no balance dunha tempada. Os brancos acabaron de paso coa maldición que lles perseguía nos derbis costeiros e curtaron a ascensión dun conxunto carballés que de tódolos xeitos segue a mostrar un nivel ilusionante. O resto da xornada na Primeira Autonómica serviu para confirmar a melloría do Corme, cada vez con máis aire nos pulmóns, e o difícilmente enderezable rumbo do Malpica, que de novo fallou na casa. Pouco tivo que facer o Baio cun Flavia que levou unha mnarcha máis.
Pero se hai unha liga que non era especialmente florida para os equipos da Costa e unha Preferente na que por primeira vez coincidiron na dinámica victoriosa o Xallas e o Dumbría. Especialmente plausible é o dos combeses, que suman tres puntos por segunda semana consecutiva, e o fan ante un Dubra que de ter puntuado sería novo líder da categoría. Tampouco renuncia ao sono da permanencia o Dumbría, que incluso evitou o empate do Puebla nun penalti parado.
Sufriron e bastante na Liga da Costa os catro primeiros clasificados. O Zas tardou en marcar o paso en Cee, o Ameixenda chegou a igualar ata case o final en Fisterra, e Mazaricos e Ponteceso tiveron na proximidade xeográfica un aliciente para os máis débiles Carnota e Cabana. tamén resolveu ao final o moi solvente San Lorenzo en Castriz, ante un rival que perde xa algo de comba. Na loita pola permanencia resultou sorprendente o éxito do Coristanco ante o Cabana, e pouco reveladora a igualada entre Volantes e Porteño. Na Terceira Autonómica, pola súa banda, o descanso do Corcubión foi aproveitado en forma de cómoda victoria por Laxe e un Louro que ata salvou un penalti en Camelle. A liga de ascenso xuvenil tivo unha igualada sen goles entre Cee e Cabana moi benvida polo Xallas.

Preferente Norte, xornada 26
Primeira Autonómica, xornada 24
Segunda Autonómica, xornada 24
Terceira Autonómica, xornada 21
Xuvenil - Liga Galega, xornada 24
| Órdenes | 13/02 - 16:00 | Dumbría |
Cadete - División de Honra, xornada 24
| Galicia Caranza | 13/02 - 11:00 | Dumbría |
Liguilla de Ascenso Xuvenil, xornada 6
Liguilla Copeira Xuvenil, xornada 5
Primeira Cadete, xornada 22
Primeira Infantil, xornada 22
AlevínCosta Sur F8, xornada 20
BenxamínCosta Sur F8, xornada 20
Prebenxamín Costa F8, xornada 1
Veteranos, 1ª División, xornada 21
Veteranos, 2ª División, xornada 21
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).