Venres. 26.04.2024
El tiempo

Esta fin de semana arrincan as LCFS

Esta fin de semana arrincan as LCFS
O Manuela Rial foi campión de Alevíns das LCFS o ano pasado O Manuela Rial de Cee celebrando o título de campión de Alevíns das LCFS

7 equipos benxamíns e 7 equipos alevíns arrincan esta semana as Ligas Comarcais de Fútbol Sala que organiza o Club Deportivo Costa da Morte. Equipos mixtos de Vimianzo, Camariñas, Fisterra, Muxía, Cee e Corcubión disputaranse estas fermosas competicións ás que non faltarán os campións do ano pasado.

Á hora de elaborar o calendario fíxose coma sempre sobre os 9 equipos totais para economizar o tema de transporte. A competición será a una volta e os 4 primeiros enfrontaranse na fase final.
En categoría infantil só se fará a fase final xa que non hai equipos suficiente para facer una liga.

En www.futboldacosta.com

LCFs en futboldacosta.com

Un ano máis, a plataforma www.futboldacosta.com será o punto de encontro para ver como van os equipos. Teremos todos os resultados cada semana.

Crónicas das LCFs

Fonte

Comentarios