"Estoulle sendo infiel ao fútbol… cos meus fillos"
Pablo Mallón deixaba o banco do Baíñas este pasado domingo 29 de novembro. As causas non os resultados… Lean:
Carta de Pablo Mallón
Pablo Mallón novo adestrador do Baíñas-Foto-Jorge Parri Pablo Mallón aparca o fútbol por paternidadeMañá é moi posible que me arrepinta. O ano que ven cando teña ganas de adestrar e o meu telefono non soe direime por que o fixen… Pero hoxe, e desde hai tempo, a miña cabeza non está no futbol. O mellor da miña vida veu hai tres meses e medio. Dous bebés, de golpe, tras un largo tempo de intrigas e sufrimento familiar, Uxía e Xián chegaron ó mundo para ser o meu mundo.
Nestes anos traballaba pensando no futbol, comía pensando no futbol, dormía e despertábame co futbol na cabeza.
De golpe, desde hai tres meses e medio eso cambiou.
Non disfruto si non estou o seu lado, non vivo sin a sua compañía.
O futbol é a miña paixón, gustame adestrar, gustame competir, gustame correxir, disfruto cas victorias, morro cando perdo. Este ano nin paixón nin adestrar nin correxir, nin victoria nin derrota. Este ano só Uxia e Xian. Esta é a primeira vez que deixo un equipo sin a temporada finalizada. Non debin adestrar este ano. Pidolle perdón a directiva, xogadores e afeccionados do Baiñas, pero eu sempre me guiei por sentimentos. Nunca me movín por cartos nesto do futbol, é máis, creo que deixei de gañar bastante máis do que conseguin por simplemente ser fiel as miñas ideas. Cando un non ten a cabeza no futbol, non pode ser hipócrita e ir a esperar o sobre a fin de mes. Espero recuperar esa paixon que tiña. Espero poder adestrar un novo equipo ca ilusión que tiña antes. Espero volver a ser o adestrador que fun, bo ou malo, pero comprometido co que facía, e que a día de hoxe non son. Débolle moito ó futbol e non o podo engañar. Estoulle sendo infiel cos meus fillos, estaba con él pensando en outros. Espero que esto sea un hasta pronto. Moitas gracias.Fonte