Martes. 17.09.2024
El tiempo

Estraños nun tren

Estraños nun tren
Despois de ter compartido en Terceira, Segunda e Primeira, Sofán e Xallas xogan un novo derbi ao máis alto nivel autonómico; curiosamente, dúas categorías máis abaixo atoparanse dous dos fundadores da Liga da Costa O Sofán recibe ao Xallas - Foto: SD Sofán O Sofán recibe ao Xallas - Foto: SD Sofán Hai agora xusto dez anos a SD Sofán estreaba retorno á Liga da Costa, despois de que o equipo entón adestrado por Chema Eirís abandoase a Terceira Rexional da época. Pola súa banda, o Xallas empezaba a apostar por un proxecto ambicioso e longopracista. Sen embargo, e despois de varias etapas de distinto tipo, poucos apostarían que ambos estarían a día de hoxe sendo, xunto ao Soneira, os representantes a máis alto nivel do balompé da Costa da Morte. O derbi que xogarán mañá no Carral representará a cuarta categoría distinta na que se miden. E o fará nun momento positivo para ambos, a pesares da última derrota. Os carballeses, por ser unha das sensacións do curso, mentres que os combeses veñen de que só o árbitro se interpuxera entre eles e o líder Noia. Tamén podería chamárselle case derbi ao enfrontamento entre Laracha e Soneira, tanto vellos coñecidos na Preferente coma con futbolistas con pasado común tanto no fútbol base coma en categoría Sénior, como o caso de Vía ou Dani Casal. Necesitan os de Manolito aprender a conquistar a vitoria. Son coma un ligue de noite: traballado ata o final, pero con calabazas á hora de chegar ao clímax. Na Primeira o nome propio será o de Alfredo Cambeiro, que oito anos despois volverá adestrar nesa liga. Na súa última aventura fixo que o Soneira fose o equipo que mellor xogo despregaba. Esta vez a papeleta será salvar a un Outes con moitísimas dúbidas e problemas defensivos. Chegará ao Cunchido un Riveira algo irregular pero con argumentos de cara á meta contraria. Tamén contra un equipo do Barbanza xogará o Fisterra, que viaxará a Da Alta para medirse ao Puebla. Na casa formarán o líder intratable, o Dumbría, que recibe ao Val do Ulla, e o Sporting Zas, ante o sempre incómodo e duro Flavia. En contraste co derbi de Preferente haberá na Liga da Costa un choque mil veces repetido, que pode verse coma un viaxe ás orixes. Baio e Unión Club Cee, dúas das entidades fundadoras do noso fútbol, polo menos no sentido regularizado da palabra, crúzanse no Platas Reinoso. Os locais defender cinturón de líder, mentres que os visitantes seguen a buscar unha estabilidade que confirme os chispazos bos que deixan por partido. Tamén de clásicos vai o da Pedra Queimada de Malpica, entre un cadro local irregular por natureza e un Corme aínda coa resaca do trunfo no derbi municipal. Moi preto, no Pinguel, Ponteceso e Corcubión deixarán, sobre todo, bo fútbol. Con acné chega o Camariñas-Louro, onde se medirán dous dos conxuntos máis novos da categoría, cos muradáns buscando adicarlle tres puntos a Juan de Selia. E xa que de derbis vai a cousa a Terceira non será menos, co Muxía-Camelle, ou o cruce entre líder e colista. Do resto da tarde destaca o Ameixenda-Outes B, así como a apertura da xornada a cargo de Volantes e Cabana, dous conxuntos acostumados a cruzarse últimamente.  

PreferenteNorte, xornada 14

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 12

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 12

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 11

1ªXuvenil, Gr.2, xornada 7

 

1ªXuvenil, Gr.3, xornada 11

LigaGalega Cadete, xornada 11

1ªCadete, xornada 8

LigaGalega Infantil, xornada 10

1ªInfantil, xornada 10

LigaAlevínSur, xornada 6

LigaBenxamínSur, xornada 6

LigasVeteranos, 1ª División

LigasVeteranos, 1ª División

 

Máisinformación

Comentarios