Martes. 23.04.2024
El tiempo

Fase de Ascenso: O Montelouro terá que agardar compañeiro de viaxe na Liga da Costa

Fase de Ascenso: O Montelouro terá que agardar compañeiro de viaxe na Liga da Costa

Un botellazo amargou a festa do fútbol en Cerqueda. O colexiado tivo que suspender o partido deixando nunha tensa espera aos afeccionados de Volantes e Cerqueda, cando os malpicáns encarrilaban a remontada.

O que si celebrou o ascenso foi o Montelouro, que cun tanto de Pesco rubricaba o seu pase nas Redondas ante un Cabana que fixera o máis difícil.

E tras ollar as crónicas dos cuartos da Copa da Costa que deixan unhas grandes semis, repasamos os dous choques.

Cabana - Montelouro (3-1)

  • CABANA: Añón, Eloi García (Eliseo, min.75), David, Marcos, Pancho, Josiño, Sandro, Adrian (Miki, min.65), Rubén Rama, Diego (Iván, min.65) e Tonecho.
  • MONTELOURO: Isma, Canedo, Álvaro, Bolo, Fernando, Mingos, Geiko, Mani, Pesco, Jaro.
  • Goles: 1-0, min.10: Marcos; 2-0, min.12: Rubén Rama a centro de Pancho; 3-0, min.30: Adrián dende lonxe coa axuda dun defensa; 3-1, min.65: Pesco.

Moi boa primeira parte do Cabana que lle deu a volta a eliminatoria tralo 3-0 da ida. Os cabaneses saíron a por todas e en 12 minutos marchaban cun claro 2-0. Seguiu metendo atrás ao cadro loureán, e á media hora Adrián, cun pouco de sorte, facía o 3º.

Na segunda foise tirando para atrás e o Louro sen crear moito perigo, en dúas ocasións que tivo enchufou unha. O valor dobre dos goles en campo contrario decantaron a eliminatoria para os de Louro que pese a quedar sexto aseguranse unha praza de ascenso.

Así e todo, non o ten todo o perdido o Cabana, que agora terá que esperar a que o Malpica consiga ascender no playoff e desputarse ese praza co perdedor da eliminatoria entre Volantes e Cerqueda.

Cerqueda - Volantes (Suspendido)

  • CERQUEDA: Fredi, Rober, Javi, Santi, Javi pazos, Manu, Maikel, Lorenzo, Dani Añón, Alex e Dieguito.
  • VOLANTES:Iago, Josiño, Juan, Fran do Español, Paky, Ramón (Brais, min.55), Mimo, Varo, Seluco, Guido, Piti.
  • Goles: 1-0, min.15: Dieguito; 2-0, min.40: Alex, de penalti.
  • Expulsións: Os locais Javi (min.60) con dobre cartón amarelo e Lorenzo (min.63) con cartón vermello directo ao igual que o visitante Brais (min.63).

Partido suspendido no minuto 63 cando un botellazo ao campo e unha almofadilla para sentarse caeron ao campo, supostamente lanzados dende a zona da afección visitante, sen que impactaran en ninguén. O colexiado non quixo nin chamar a forza do orde público e deu o partido por rematado.

E o partido estaba emocionante. Co 5-2 da ida, o Cerqueda necesitaba ir a por todas. E así o fixo. Foi un vendabal e superou nos primeiros compases ao Volantes. Marcou Dieguito o 1-0, pero o Volantes recuperou o ton. E cando mellor estaba, unha contra acababa cun penalti sobre o pichichi da 3ª, Alex, que el mesmo se encargaría de materializar.

Quedaban, suspostamente, 45 minutos de infarto, pero a botella acabou co partido. Agora será media de xogo a que disputen os dous equipos nunha data sen confirmar.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios