Fin de semana de Deportes de Contacto en Muxía e Cee

Doble cita co taekwondo esta fin de semana na Costa da Morte. I é que ultimamente vemos como os deportes de contacto están collendo moita relevancia, con deportistas de gran nivel e exhibicións moi concorridas. Hoxe imos ata Cee e ata Muxía, pois esta fin de semana teremos doble sesión.
Exhibición de Taekwondo en Muxía

E se en breve presentamos o I Triatlon Popular Concello de Muxía, que se celebrará o vindeiro domingo 21 de Xullo, hoxe temos que falar da cita co Taekwondo en Muxía.
O Concello de Muxía acollerá este venres 28 de xuño, na Praza do Cabo da Vila, unha espectacular exhibición de taekwondo. No evento, promovido pola Federación Galega de Taekwondo, e no que colabora o Concello de Muxía, participarán os equipos da Selección Galega Cadete, Selección Galega Sénior e os equipos infantil e cadete do Club Arte e Movemento.
Os deportistas comezarán a coreografías as 12:30 horas.
Exhibición de Deportes de Contacto en Cee

E para o sábado 29, temos cita a partir das 18:00h no Pavillón de Cee. O Club Cee Deportes de Contacto realizará unha completa xornada de exhibición de taekwondo e kick boxing. Os alumnos do centro mostrarán toda a aprendizaxe obtida no curso anterior, tanto polos máis cativos en taekwon-do itf e os de maior grao, coma os de Kick Boxing.
Novas relacionadas
- Cheo a rebentar para a exhibición de baile e taekwondo de Arte e Movemento.
- A Costa da Morte afianza o seu poderío en Kick Boxing e Karate.
- 5 clasificados costeiros para o Campionato Galego de Taekwondo.
- 7 bronces no campionato Galego de Promesas para o taekwondo costeiro e un ouro en judo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).