Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Fin de semana de Memoriais

Fin de semana de Memoriais

Esta fin de semana bota andar a temporada oficial co comezo da Preferente. Pero ademais, será esta unha Fin de semana de torneos estivais para seguir preparando o comezo das restantes categorías.

Homenaxe Janp&Naso

Homenaxe Jano e Naso entre CD Muros e Esteirana

Este domingo 27 de agosto será un día especial en Muros. O novo equipo celeste, o CD Muros, estréase ante os veciños da Esteirana para render homenaxe a Naso e Jano, finados en accidente de coche en 2008. O choque homenaxe, no Eleuterio Balayo a partir das 18:30h.

Trofeo Carlos Lojo

Corcubión e Fisterra disputarán unha nova edición do Trofeo Carlos Lojo corcubionés. Memorial Jose Pailos Tecelan

Memorial José Pailos

O Cairo acollerá un choque entre Corme e Cabana para lembrar a José Pailos “Tecelán”. A cita o sábado a partir das 18:00h.

Triangular cadete en Coristanco

Os equipos cadetes de Sofán, Cabana e o propio Coristanco disputarán este sábado 26 a partir das 16:00h un triangular na Rocheira.

Máis información

 

Máis novas

Máis movementos de verán

Fonte

Comentarios