mércores. 13.11.2024
El tiempo

Fin de semana de volei "internacional" no Conco

Fin de semana de volei "internacional" no Conco
A Seleccion Galega Infantil adestrando no Conco A Selección Galega Infantil de volei, con presencia costeira, estivo concentrada no Conco

Perdía a imbatibilidade o equipo infantil do Manuela Rial nunha fin de semana marcada pola visita da Selección Galega infantil masculino, que estivo concentrada en Dumbría preparando o Campionato de España por Autonomías 2016. No Conco estiveron os dumbrieses seleccionados co combinado galego Xabier Larrañaga e Sergio Castro, ás ordes ademais do adestrador local Gurutz Larrañaga. Tamén en categoría cadete tivemos un “internacional”, foi Unai Larrañaga do Voleibol Dumbría o que formou parte da concentración que terá lugar en Boiro.

A Seleccion Cadete de Volei Galego concentrada en Boiro Unai Larrañaga estivo coa Selección Galega Cadete de Volei concentrada en Boiro

Sobre a xornada dos equipos costeiros, máis derrotas que vitorias.

1º División Infantil masculino

  • Resultado; Calasancias- Manuela Rial Mouzo (3-1).
  • Parciais: 25-22/20-25/25-23/25-13.
 

Primeira derrota dos infantis do Colexio Manuela Rial ante o segundo clasificado nun partido no que notaron a ausencia dun dos seus xogadores importantes, aínda asó foron capaces de competir en todos os set agas no último. Pese a derrota seguen mantendo a cabeza da clasificación.

 

1º División Xuvenil masculino

  • Resultado: Calasancias- Voleibol Dumbría (3-0).
  • Parciais: (25-17 / 25-16 / 25-22).

Derrota clara dos xuvenís que non acaban de atopar unha liña clara de xogo e que teñen moito que mellorar se queren competir polos postos altos nesta tempada.

1º División Cadete masculino

  • Resultado: Calasancias- Voleibol Dumbría (0-3).
  • Parciais: (18-25 / 20-25 / 25-27).

Vitoria dos cadetes que apretando no saque e atacando con claridade so tiveron que apreta no terceiro set para sacar adiante o partido.

1º División Senior masculino

  • Resultado: Calasancias- Voleibol Dumbría (3-2).
  • Parciais: (25-17 / 24-26 / 26-24 / 23-25 / 15-10).

 Derrota axustada dos seniors nun partido igualado que non souberon rematar no tie-break. As derrotas deste tipo serven para sacar un punto máis na clasificación o que non sucede en caso de perder por un 3-1./p>

2º División Cadete femenino

  • Resultado: Voleibol Dumbría- Ribeira Sacra 3-0).
  • Parciais: (25-13 / 25-21 / 25-21)

Vitoria das cadetes moi superiores no saque e na rede que lles permitiu sumar unha nova vitoria.

 

Vindeira xornada

Este fin de semana xúntanse os partidos aprazados cos correspondentes a esta xornada:

O sábado en Lugo:
- 17:00 h 1º División Infantil masculino Emeve Manuela Rial Mouzo.
- 17:00 h 1º División Xuvenil masculino Emeve- Voleibol Dumbría
- 18:30 h 1º División Cadete masculino Emeve- Voleibol Dumbría

O sábado en Pontevedra :
- 12:00 h 2º División Cadete femenino CV Pontevedra-Voleibol Dumbría.

No Conco en Dumbría o domingo:
- 10:30 h 1º División Cadete masculino Voleibol Dumbría - CV Oleiros.
- 10:30 h 2º División Infantil femenino Manuela Rial Mouzo -Boiro B.
- 12:00 h 1º División Xuvenil masculino Voleibol Dumbría - CV Oleiros.
- 12:00 h 1º División Infantil masculino Manuela Rial Mouzo -CV Oleiros.

 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

  • Volei Dumbría.

Comentarios