Fin de semana para demostrar que o Fútbol Sala Feminino costeiro está ao máximo nivel
Fin de semana de Fútbol Sala Feminino ao máximo nivel. Tremendo o reto que afronta a famiia do FSF Vila de Cee de asumir a organización da Fase Final da Coa Provincial. Unha cita que supón un colofón perfecto a unha temporada incrible, co debut e 2º posto dos mozos, e sobre todo, co título e o ascenso das rapazas de Juan Jesús. Un evento que demostra a importancia que a nosa comarca está a poñer neste deporte do fútbol sala, xa con 5 clubs competindo oficialmente en ligas federadas: FSF Vila de Cee, FISOBER, FSF Concello de Ponteceso-Vila de Pondal, As Roxiñas de Lira e o Atletes de Esteiro
Ademais, o Fisober, despois de anunciar a súa marcha ao Concello de Dumbría, e tras colocarse entre o póker galego, prepara xa a Final da Copa Autonómica, unha final a 4 que se celebrará en Moaña esta fin de semana ante Bembrive, Poio e Moaña.
Fase Final da Copa Provincial en Cee
Cee acolle esta fin de semana a Fase Final da Copa Provincial masculina e Feminina de FS. Este sábado o pavillòn ceense terá un ambientazo fantástico paara ver, pola mañá as semifinais e pola tarde as finalísimas, nas que esperemos estean os equipos locais. Arrincarán as chicas ás 11:00h ante o 5Coruña, equipo que derrotaba esta pasada semana ao Ponteceso FSF nun partido intenso. Un choque no que, a pesar de levar iniciativa, o cadro pontecesán non puido remachar. As de Curro pelexaron ata o final, pero os goles de Sandra e Carla, e o empate a 2 colleitado na Coruña non chegou polo resultado da ida. Así, as ceenses terán que eliminar ás herculinas e esperar rival na final (ás 18:00h) entre o Santiago Futsal A Gaiola e o Grupo Work. Os mozos terán a semifinal ás 13:30h ante O Parrulo. A final será ás 19:30h.Copa Autonómica do Fisober
Partido do Fisober ante o MoañaComo dicimos, o Fisober arrinca para Moaña para celebrar esta fin de semana a final a 4 da Copa Autonómica. Un Fisober que decidía a semana pasada trasladar o seu centro de operacións a Dumbría, pero que ten centrarse nesta bonita competición. A primeira das semifinais disputarase a partires das 10:30 horas enfrontando ó Bembrive F.S. e o Poio Pescamar “B” F.S. . Unha semifinal na que se enfrontan dous conxuntos cheos de xuventude e calidade.
O rival do Fisober na segunda semifinal será o equipo anfitrión e actual campión de liga Opirata F.S. Moaña nun partido que comezará a partires das 12:30 horas.
Os gañadores de cada semifinal enfrontaranse a partires das 18:30 horas na final.
O Fisober chega a esta Final a Catro como a gran “cincenta” dos catro, despois de realizar unha gran tempada e acadar en liga un insospeitado cuarto posto o comezo da mesma. Unha tempada na que ademais o equipo chegou a final da I Copa Deputación que perdeu pola mínima fronte o Viaxes Amarelle e tamén de proclamarse campión da I Copa da Costa. Polo tanto disputar esta Final a Catro xa é un éxito.
O seu rival será Opirata Moaña que dende o 5 de Marzo solo sabe gañar, este impresionante sprint final foi algo que lle axudou a acadar o título de liga.
Experiencia internacional
E non será ese aínda o final de tempada. Como epílogo só quedará a primeira experiencia internacional do Fisober nun torneo que se celebra no Algarve en Portugal a mediados de Xuño baixo o nome de Taça das Naçons ( Women´s Futsal Nations Cup) con equipos portugueses, ingleses, ucranianos ou xaponeses entre outros e onde destaca o Atlético de Madrid , e do que informaremos máis detidamente conforme se acerque.
Crónicas da temporada
- FSF: O Fisober trasládase a Dumbría mentres chegan as finais de Copa:
- O Fisober meteuse no póker autonómico.
- O Fisober quere a Copa.
- Pechando unha liga dispar.
- Cee vibrou ca Festa do Fútbol Sala costeiro.
- O Fisober deixa escapar o ascenso mentres o Vila de Cee prepara a Festa do FS.
- As bravas Vila de Cee, campionas da Liga Provincial no seu terceiro ano de vida.
- Continúa a loita.
- Dous ascensos no forno.
- Con Pioto e a afección polo ascenso.
- Mantendo o pulso na zona alta.
- Derrotas antes do gran derbi.
- Grandes tardes de fútbol sala.
- FSF: Un xaneiro fetén.
- FSF: Vila de Cee e Ponteceso ao mando.
- A Festa do FSF: “Unha doce resaca”.
- Corme vibrou coa I Copa da Costa, a festa do FSF.
- FSF: Campionato de inverno e vitoria épica para rematar o ano:
- Atletes, Fisober, Ponteceso e Vila de Cee pelexarán pola I Copa da Costa FSF.
- FSF: A mozas do Vila de Cee xa celebran o título invernal.
- FSF: As Atletes xa saben gañar.
- FSF: Unha xornada de paella colectiva.
- FSF: O Villa de Cee escapa tralo derbi.
- FSF: Só o Vila de Cee responde e mantén o liderado.
- FSF: Cee disfruta do Fútbol Sala.
- O Vila de Cee aséntase no liderato a costa do Ponteceso FSF.
- FSF: Cee volveu vibrar coa familia do fútbol sala ao completo.
- Líderes costeiras.
- FSF: Os mozos de Cee comezan gañando.
- O FSF xa arrincou ao completo.
- FSF: O Fisober gaña por fin na casa tras dous anos de maldición.
- FSF: O Fisober arrincou na Liga Galega mentres Ponteceso, Atletes, Lira e Vila de Cee póñense a punto.
- A Xente do San Cristobal asume o mando da Liga de FS de Cee.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Fútbol Sala costeiro volve ter equipo masculino.
Outras novas do FSF
- A muxiá Eva, campiona da Supercopa de España de FSF.
- Patri fixo de verguda do Fisober na final da Copa Deputación.
- FSF: O Fisober di adeus á categoría estatal a pesar da gran Marea Nejra.
- O Ponteceso FSF pecha unha grandísima temporada co subcampionato da Copa Provincial.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Ponteceso xa é novo equipo da Liga Autonómica.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).