Fin de semana pasado por agua no Futbol Costeiro

Trala xornada de sábado onde os partidos que se adiantaban algún deles era suspendido por mor do mal tempo e das malas condicións dos terreos de xogo, esperabamos o domingo, no cal tamén se suspendia algún. Comezaba a xornada de domingo na Preferente ca suspensión do encontro no que enfrontaba o San Tirso co Dumbria e o mal estado do terreo de xogo facía que o encontro se suspendese, o Soneira lograba un importantisimo triunfo no seu feudo que lles dá un plus de ánimo para afrontar o próximo encontro fronte o Chantada, mentras o XSC caía pola mínima fronte o Estudiantil nun partido moi disputado por ambos lados. Na 1ª Autonómica a Esteirana desplazabase a Puebla pero non era capaz de traer os 3 puntos e caía derrotado na tarde do sábado por 2-0, en canto o domingo o Camariñas caía con un resultado bastante abultado na casa fronte o Agoalada e segue en caída. Mentras o Malpica conseguía unha vitoria pola minima que o segue mantendo neses postos de cabeza o Baio facía o mesmo en vencia fora da casa para manterse na metade da táboa. O Ponteceso non conseguía esa vitoria para sair do último posto e eso que comezou gañando 2-0 e acabaría empatando a 2.

Na 2ª Autonómica tralo partido suspendido na tarde do sábado entre o Camelle e Cabana que era o único partido adiantado nos iamos a tarde do domingo donde tamén se suspenderia o Porteño - Fisterra e o Cee - Buño, todos eles suspendidos por inclemencias do tempo. Nos encontros que se disputaban, o Castriz vencía o Corcubión con un resultado moi abultado na súa casa, o Mazaricos poñialle as cousas moi complicadas o Corme e empataban o encontro a 1, noutro dos encontros con empate encontrase o Zas que non pasaba do empate fronte o Muros, por uns momentos situabase lider da competición xa que o Sofán perdía por 1-0 na casa do Volantes de Baño que conseguía unha importantisima vitoria fronte o lider. Outro dos conxuntos que se situaba no alto da taboa como o Outes perdía pola minima nos ultimos minutos fronte a un Carnota que non lle perde a cara a esta competición, no último partido enfrontabanse dous dos conxuntos de carballo nun partido con unha cantidade de goles importante, o IDC comezaba gañando 2-0, pero o San Lorenzo non se viría abaixo e daríalle a volta o encontro gañando por 3 - 5.

Na 3ª Autonómica suspenderiase o Ameixenda - Nantón polo mal tempo na tarde do sábado, outro dos partidos que se disputaba este dia era a sorpresa da xornada onde o Castrelo vencía a un gran Lira nun partido con algunha incidencia e algún expulsado. Xa na tarde do domingo o Baiñas vencia na casa do Laxe por un contundente 0-7 e trala derrota do Montelouro na casa do Coristanco fai os de Pato mais lideres ainda. Mentras o Seaia non quere perder eses postos de cabeza e vencia por un contundente 2 -5 na casa do Corcoesto e por último o Muxía que non era capaz de seguir nesa dinamica de vitorias e caía por 2-0 fronte a un bo Cerqueda. Na Liguilla previa a fase de Ascenso a Liga Galega de Xuvenís que se disputaban a maioria de encontros o sabado e nos cales o Dumbria vencía por un bo resultado fronte a un gran equipo coma o Corme, mentras o Malpica vencía con contundencia a un campeón de liga coma o Cabana. Na maña de domingo o XSC caía na casa fronte a Esteirana pola minima nun partido pasado por auga espesa. Mentras que na División de Honra o Dumbría conseguía unha vitoria moi importante que os manten na parte alta da táboa, na Liga Galega infantil o Dumbria caia na casa mentras o XSC empataba e sacaba algo positivo da xornada. Na liga Cadete o XSC vencía con contundencia e mantense lider da competición, mentras nos Infantis o Corme ponse lider con un partido mais co Cee que suspendia o seu encontro polo mal tempo. Na categoria Alevin segue lider o Dumbria tras vencer o segundo clasificado o Fisterra. Nos Benxamins o Outes segue lider en solitario. A 1ª División de veteranos o Soneira segue lider con un punto de diferencia sobre o Coristanco. Na 2ª División o Corcoesto lider con un punto sobre o At. Milagrosa.

Preferente, xornada 24

Soneira 1-0 Atl. Riveira
San Tirso Suspendido Dumbría
Estudiantil 1-0 Xallas StComba

1ª Autonómica, xornada 22

Puebla 2-0 Esteirana
Amio 0-1 Baio
Malpica 1-0 Villestro
Camariñas 0-4 Agolada
Ponteceso 2-2 Lamela

2ª Autonómica, xornada 22

Camelle Suspendido Cabana
Porteño Suspendido Fisterra
Castriz 4-0 Corcubión
Mazaricos 1-1 Corme
Indep. Carballo 3-5 San Lorenzo
Cee Susp.* Buño
Volantes 1-0 Sofán
Outes 1-2 Carnota
Zas 1-1 Muros

3ª Autonómica, xornada 14

Ameixenda Susp.* Nantón
Castrelo 3-2 Lira
Laxe 0-7 Baíñas
Corcoesto 2-5 Seaia
Coristanco 1-0 Montelouro
Cerqueda 2-0 Muxía

Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 1

Malpica 4-1 Cabana
Corme 0-3 Dumbría
Xallas StComba 0-1 Esteirana

División de Honra Cadete, xornada 21

Porriño Ind. 1-3 Dumbría

Liga Galega Infantil, xornada 21

Xallas StComba 1-1 Xuventude Oroso
Dumbría 1-3 Víctoria

1ª Cadete, xornada 13

Outes 0-5 Coristanco
Esteirana 7-1 Corcubión
Cee Susp.* As Baleas
Cabana 5-1 Baio
Zas 2-10 Xallas StComba
Muxía 0-2 Muros

1ª Infantil, xornada 21

Cee Susp.* Cabana
Ponteceso 3-1 Baio
Os Miudos 1-1 Vimianzo
Fisterra 10-2 Sofán
Outes 3-2 Muxía
Coristanco 1-4 Corme

Alevín, F-8 Costa Sur, xornada 11

Dumbría 5-1 Fisterra
Os Miúdos A 6-0 Zas
Os Miúdos B 0-14 Outes
Esteirana 1-2 Cee
XSC B 3-3 XSC A
  • Descansa Lira.

Benxamín F-8 Costa Sur, xornada 11

Dumbría 3-5 Fisterra
Os Miúdos A 27-3 Zas
Os Miúdos B 0-7 Outes
Esteirana A 0-4 Cee
Lira 3-6 Esteirana B
XSC B 0-5 XSC A

Ligas de Veteranos, xornada 20

1ª División

Ponteceso 4-0 Nantón
Xv. Bergantiños 2-2 San Lorenzo
San Román 0-1 Baio
Soneira 9-1 Camariñas Vet
Zas 1-2 Bértoa
Cabana 4-1 Laxe
Coristanco 2-0 Castriz
Dumbría 3-2 Muros

2ª División

Poniente 4-4 Dep. Carballo
Vimianzo 1-0 Buño
Camelle 2-0 Cerqueda
Sofán 1-2 Corcoesto
Malpica 2-2 Agualada
At. Milagrosa 2-0 Porteño
Erbecedo 4-1 Leiloio

Liga Intermunicipios, xornada 17 (horarios sen confirmar)

Valenza 5-1 Peña Galicia
Cances 6-0 A Piña
Xornes 09/02 - 16:00 Sp. Seaia
Rus 1-7 Sp. Brea
Baldaio 1-2 Cereo
  • Descansa Laxe.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).