Fisterra acolle xa o novo curso de adestrador UFEA B
Este pasado luns foi a inauguración do Curso de UEFA B que se desenvolverá en Fisterra, desde este mes de outubro a maio, cunha inscripción de 20 aspirantes a obter o título de adestrador UEFA B (antigo nivel 1).
Á inauguración asistiron o vicepresidente da RFGF, Juan Villamisar, e o director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera, que estiveron acompañados polo coordinador dos cursos na Costa, Manuel Corredoira. Os tres amosaron o seu agradecemento aos matriculados e ao traballo realizado polo presidente do Fisterra, Juan Jesús, para levar o curso á localidade, sendo, ademais, un dos alumnos do mesmo.
Corredoira, Mosquera e Villamisar no Curso de Adestradores en FisterraOs alumnos tiveron a súa primeira clase, Novas Tecnoloxías, impartida por Iván Cancela.
Nos próximos días coñecerase si pódese desenvolver o curso de UEFA A en Baio, pois hai 10 alumnos interesados en realizalo e estanse estudando posibilidades para levalo a cabo.
A inscripción pode facerse de xeito online a través da páxina web da Federación: www.futgal.es.Novas relacionadas
Máis novas
- 3 derbis nas 5 primeiras xornadas da 1ª Galega.
- As Ligas de 2ª e 3ª Galega empezarán o 17 de setembro.
- A Preferente Norte xa ten o calendario en www.futboldacosta.com: