Fontela acolleu a presentación oficial das Seleccións da Costa sub-12 e sub-15


En marcha das novas iniciativas promocionadas pola FGF no Fútbol costeiro. A Selección comarcal sub-15 celebraron onte o seu primeiro adestramento en Fontenla, servindo ademais para a presentación oficial do equipo técnico tanto da propia sub-15 como da sub-12. Toda a expedición estivo arroupada polo presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, o Delegado na Costa Manuel Corredoira, e o presidente do Comité de Adestradores Manu Fernández.
A selección sub-15 estará dirixida polo tándem formado polos zaseiros Martín Vecino e Josiño Abelenda, con Pablo Fuentes como axudante. O primeiro adestrador da sub-12 será o pontecesán José Barca, co ceés Fernando Alejandro "Nando" como segundo e a Joaquín Quintáns como axudante. O delegado de ambos conxuntos será o noso Alberto Pose.

Os grandes protagonistas
Pero os verdadeiros protagonistas foron os xogadores. 22 rapaces chegados de todas partes da bisbarra (de 12 clubs):
- OUTES: Ángel David Mariño Rico, Álvaro Sanchiño González.
- CEE: Iago Trillo Túñez.
- SOFÁN: Cristian Fernández Barreiro e Lucas García.
- DUMBRÍA: Rubén Carnero, Alejandro Castro, Lucas Toba e Yerai Vieites.
- CABANA: Roberto Rodríguez.
- MALPICA: Raúl Reigía e Hugo García Rojo.
- ESTEIRANA: Uxío Riomao e Manuel García Priegue.
- ZAS: Brais Espasandín, Marcos Villar Rossi e Pablo Pardiñas.
- OS MIÚDOS: Raúl Lado Mayo (infantil).
- MUXÍA: Martín Lodeiro (infantil).
- CAMARIÑAS: Mario Suárez e Enric Martínez.
- CORISTANCO: Nicolás Abelenda (infantil.

Pensando no Campionato de Seleccións Comarcais Sub-15
Toca preparar o Campionato de Seleccións Comarcais Sub-15, que servirá para a posta en escea oficial desta sub-15 despois dos amigables do pasado verán en Malpica e no Cairo. A Fase Previa arrincará o 1 de novembro, nun campo aínda por decidir.
Novas relacionadas
- Xuño 17: Malpica acolleu a segunda participación da Selección da Costa sub-15.
- Maio 17: A Selección Sub-15 da Costa debutou no Cairo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- FGF.