Martes. 19.03.2024
El tiempo

FSF: A piques de pechar o 2018 en clave de melloría

FSF: A piques de pechar o 2018 en clave de melloría
Laura no choque do Fisober Laura no choque do Fisober Preto de chegar a final de ano e parece que a liña dos equipos costeiros é positiva. Na Preferente o Fisober, no penúltimo partido de 2018, sufría a súa terceira derrota consecutiva e queda na 10ª praza, con 5 puntos de marxe sobre a zona perigosa. En todo caso, parece que a situación do cadro de Fran Toba é mellor que durante os dous primeiros meses de competición. En 1ª Galicia, Amarelle Santa Comba (aínda líder cun partido menos) aprazou o seu partido da 10ª xornada para o 29 en Melide, mentres que e o choque do Atletes foi suspendido. As únicas que xogaron foron as xogadoras do Fisoeber B, pero dous goles un ao fin de cada periodo por parte do Cruces, mataron as esperanzas do filial de pechar o último partido do ano na liña ascendente que traía das últimas semanas. Aínda así o balance é bo vendo a inercia das dumbriesas. As que disfrutaron dunha importantísima vitoria na súa loita pola permanencia, foron as xogadoras do Viaxes Amarelle FSF, tras dar a volta ao marcador contra AD Sala Zaragoza.

Preferente Galicia, xornada 12

  • RESULTADO: FISOBER F.S.F. – VILALBA F.S (2-4).
  • FISOBER: Lía, Paula Fandiño, Ana, María Dumbría, Nuriña; tamén xogaron: Carre, Mai, Barca, Adriana, Laura.
  • Goles: 0-1 min 6 Akira, 0-2 min 8 Akira, 1-2 min 17 Adriana, (descanso), 1-3 min 22 Carolina, 2-3 min 23 Barca, 2-4 min 34 Carolina.
Barca volvia marcar co Fisober 5 anos despois Barca volvia marcar co Fisober 5 anos despois Comezaba o partido con varias boas ocasións das costeiras, por medio de Paula, Ana, Nuriña e Adriana, que mandaba un balón ao pau. Pero pouco a pouco as lucenses ían chegando nas contras, e de feito pronto se adiantaban nunha xogada a balón parado. Seguían percutindo as locais pero cada erro que cometían era aproveitado polo Vilalba e así se colocaban 0-2 en menos de 10 minutos. As visitantes sentíanse cómodas na texitura do partido e as locais sufrían. A falla de tres minutos Barca enviaba para Adriana quen se xiraba para marcar o dous a un e darlle esperanza as locais. Pero o Vilalba reaccionou perfecto con dúas grandes ocasións que salvaba Lía. Chegándose ao tempo de lecer co un a dous. Saía moi intenso o Fisober dos vestiarios e sucedeu a xogada chave, xa que pasouse dun lanzamento de Barca ao pau que puido supoñer o empate a que na contra as visitantes marcaran por medio de Carolina, poñendo de novo moi compricado o partido. Reaccionaron as locais tan só un minuto despois cando tras un lanzamento de Paula Fandiño, Barca desviaba co calcaño para poñer o dous a tres. Despois de tanto buscalo nestes tres partidos volvía a marcar Barca co Fisober máis de cinco anos despois. Chegaron os mellores momentos do Fisober, creando ocasións e sen dar tregua ao rival pero entre os paus, a porteira visitante e a mala fortuna non chegaba o ansiado gol do empate. Co equipo emborcado na busca do empate chegou unha contra visitante , un desafortunado esbaron de Mai que deixou as visitantes francas para un novo gol de Carolina. Ese gol matou o partido e deixou as costeiras moi tocadas que xa non puideron respostar chegándose así ao fin do partido. Lucia Canosa co filial do Fisober Lucia Canosa co filial do Fisober

1ª Galicia, xornada 10

  • Resultado: CRUCES F.S.F. – FISOBER “B” F.S.F. (3-2).
  • FISOBER B: Naira, Sharay, Lucía Canosa, Uxía, Saray ; tamén xogaron : Andrea, Serena, Lucía Martínez.
  • Goles: 0-1 min 15 Uxía, 1-1 min 24 Clara , (descanso), 2-1 min 31 Cruz, 2-2 min 46 Lucía Canosa, 3-2 min 49 Bego.
Comezou ben o filial en Cruces. Dominando nos primeiros minutos. Pero curiosamente todo trocou tralo gol de Uxía. As locais subiron a intensidade e as liñas e o filial non foi quen de reaccionar pagando a novatada. Aguntaba o filial a base das paradas dunha gran Naira e algunha saída de presión que as deixaba en boa condición para marcar pero non eran quen de materializar. Pero cando parecía que ían chegar en vantaxe ao tempo de lecer marcaban as locais por mediación de Clara no rexeite dun saque de esquina. A volta do segundo tempo o Cruces seguía co seu xogo directo que non foi quen de contrarrestar o xoven filial, e así era Cruz a que facía o segundo gol local. Naira seguía facendo un gran partido pero xa non chegaban tanto a porta contraría as costeiras. Nunha gran saída de presión Sharay tiña unha gran ocasión que a porteira desbarataba cunha parada fora do área, coa conseguinte falta que materializaba Lucía Canosa para igualar o partido a catro para o fin. Segue a infantil Lucía Canosa coa súa gran xeira co filial, catro goles en catro partidos. Decidíronse a ir a polo partido as costeiras asumindo riscos e nunha contra a local Bego no último minuto marcaba para deixar o partido en Cruces.  

1ª División Nacional Liga Foro 16 Feminismo, xornada 12

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - AD Sala Zaragoza (2-1)
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Patri, Martita, María Gómez, Irune (cinco inicial), Reneé, Iraia, Marta Hermo, Inés Suárez, Mónica.
  • Goles: 0-1 Rapha (min. 3); 1-1 María Gómez (min. 11); 2-1 Irune (min. 37).
O Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Jorge Basanta, alarga consegue dar continuidade ao seu bo momento na competición sumando unha nova vitoria, a primeira como local, na Liga Foro 16 Feminismo; e fíxoo ademais fronte a un rival directo. As herculinas empezaron por baixo no marcador, pero como veñen demostrando iso non é un problema, e foron capaces de dar a volta ao marcador e terminar o partido cun 2-1 no luminoso, sobre o AD Sala Zaragoza. A muxia Patri Romani co Viaxes Amarelle ante o Zaragoza A muxiá Patri Romaní co Viaxes Amarelle ante o Zaragoza  

Toda a info do Fútbol FSF costeiro

https://quepasanacosta.gal/fsf-boas-sensacions-malos-resultados-para-a-familia-fisober/ “FSF: O Amarelle Santa Comba dá un paso chave cara o título” — Que pasa na costa

Comentarios