Sábado. 18.05.2024
El tiempo

FSF: As Centolas do Semáforo aseguraron a permanencia

FSF: As Centolas do Semáforo aseguraron a permanencia
As Centolas do Semaforo As Centolas do Semaforo aseguraron a permanencia

Xornada completa para o FSF costeiro con diferentes sabores. Por arriba, na 2ª Nacional, o Fisober, xa practicamente descendido á 1ª Autonómica, deixou escapar un novo triunfo na casa tras sufrir un minuto desastroso na segunda metade, a pesar de ir por diante ao descanso.

A boa nova puxérona as Centolas do Hotel O Semáforo, que confirmaron a súa permanencia, precisamente nesa 1ª Autonómica, tras vencer a un rival directo como era o Castro, ao que deixan a 6 puntos de vantaxe.
Non tiveron tanta sorte os homes do FSF Villa de Cee, que se viron sorprendidos por un moi bo equipo como era o Vilalba. Aínda así o equipo afronta con garantías o último treito de liga.

Rematou a “Liga Provincial”

Rematou a 1ª Galicia Feminina, antiga Liga Provincial, cun Amarelle Santa Comba excepcional que remata na 2ª praza, con 158 goles a favor e só 39 en contra. As xalleiras quedaron a só 3 puntos do Culleredo, equipo que só se deixou un partido ao longo da tempada.

Na 4ª praza remata un Concello de Ponteceso FSF que despedía a liga regular con goleada. As pondalianas disputaron unha gran segunda volta, na que tan só perderon puntos contra os 2 primeiros clasificados nuns partidos difíciles pero moi disputados ata o final, o que demostra a gran competitividade das bergantiñás.

Atletes e Fisober B pecharon a temporada con derrota, pero con 17 puntos deixando moi lonxe aos dous peores equipos da tempada, Cruces e Pontedeume.

Os equipos quedan á espera de que se confirme o calendario definitivo da competición de Copa, que debería comezar o fin de semana do 22 de abril.

 

2ª División Nacional, xornada 23

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – SAN FERNANDO (1-3).
  • Fisober: Andrea M., Mai, Ana, Carre, Paula Fandiño ; tamén xogaron : Ainho, Laura, Nuriña, Carla, María Dumbría.
  • Goles: 1-0 min. 13 Paula Fandiño, (descanso), 1-1 min 23 María, 1-2 min. 24 Jenni, 1-3 min. 32 Alba.
Ainho co Fisober Ainho co Fisober O Fisober saíu ao partido sen a presión doutros encontros, intentando facelo o mellor posible para acadar algo positivo. Aínda que no inicio as mellores ocasións foron visitantes pero atopáronse cunha Andrea M. que se creceu baixo paus e non deixou ningún oco as rivais. Co paso dos minutos o Fisober foise acomodando a pista. E era Paula Fandiño a que poñía en vantaxe as súas cun lanzamento a escadra. Tocáballe traballar e defender as locais para conservar o resultado e así o fixeron ata o tempo de lecer.

A volta de vestiarios chegou cunha ocasión visitante na primeira xogada. Pouco despois aos tres minutos chegaba o primeiro gol madrileño obra de María. E tan só un minuto despois Jenni marcaba o segundo botando por terra todo o traballo local. As costeiras comezaban a notar o esforzo e co resultado en contra as pernas pesaban un pouquiño máis se cabe. O que xa foi un duro golpe foi o terceiro visitante obra de Alba a oito para o fin. Era unha subida moi difícil de subir para as costeiras.

Maria Dumbria co Fisober Maria Dumbria co Fisober  

1ª División Autonómica, xornada 23

  • Resultado: HOTEL SEMAFORO FSF VILLA DE CEE - FSF CASTRO (5-1)
  • O Semáforo: Adri, Alba, María Lijó, Andrea, Goretti; Marta, Tamara e Alejandra.
  • Goles: Goretti (4) e María Lijó.

Moi ben saíron as Centoliñas a pista, conscientes da importancia de gañar o encontro foron a polo partido dende o primeiro minuto, dominaban o xogo e xa os catro minutos adiantábanse no marcador cun zurdazo de Goreti. Co resultado a favor continuaron dominando o encontro defendíanse perfectamente, combinaban moi ben e creaban moitas ocasións e de novo aparece Goreti con outro zurdazo e pon o 2-0. As Centoliñas non estaban dispostas a dar tregua e continuaron que bo partido que estaban a facer e era o dia de Goreti que pon o 3-0 para ir así o descanso con partido mais que encarrilado.

Na segunda parte as do Castro saíron de 5 dende o primeiro minuto subiron a intensidade e facendo un xogo moi duro, que o árbitro non freou en ningún momento, aínda así as ceesas estiveron perfectas, defendíanse moi ben e creaban a contra moito perigo, chegando a enviar o balón os paus da portería contraria en varias ocasións.

Xa no tramo final, estaba claro que era o día de Goreti, que pon o 4-0, e deixa o partido sentenciado. Seguiron intentando as do Castro, e no minuto 27 conseguen marcar, pero pouco lles durou a alegría, no seguinte minuto María poñería o definitivo 5-1.

As estrelas nesta semana son 3* Goreti, a dinamita do equipo con 4 golazos, 2*Alba Cambeiro, o motor do equipo, 1* María Lijó.

 

3ª División Nacional, xornada 25

  • Resultado: FSF VILLA DE CEE CLINICA A XUNQUIERA - VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. (0-4)
  • Villa de Cee: José Ángel, Angelito, Santi, Juanjo; Mario, Edu, Pablo, Miguelón e Aitor.

Na primeira parte todo parecía moi igualado onde ambos equipos estábanse a mostrar con moitas reservas, os ceeses defendíanse ben e conseguían a contra xerar bastantes ocasións, pero unha moi boa labor do porteiro visitante non conseguían mover o marcador. Xa cara o final da primeira parte, dúas perdidas na saída do balón nos custou dos goles en contra, co que iriamos o descanso cun 0-2.

Xa na segunda parte, os homes de Llopis intentaron ariscar, pero o rival que se encontraba moi cómodo co resultado o seu favor resolveu o partido nos 5 primeiros minutos da segunda parte, poñéndose cun 0-4 e case sentenciando o partido. Intentárono os Ceenses, pero en ataque non saia nada, intentárono saíndo co porteiro xogador pero o rival mostrouse moi serio e superior en todo momento.
As estrelas son 3* Angelito, seu retorno a pista, 2* Juanjo, non deixou de intentalo, 1* Marroco.

 

1ª Galicia, xornada 22

Atletes FSF de Esteiro 17-18 Atletes FSF de Esteiro 17-18
  • Resultado: AD Atletes FSF - Amarelle Concello Santa Comba (0-11)
  • Amarelle Concello Santa Comba: Vanesa, Lucía, Ge, Tati, Nuria (cinco inicial), Tania, Paula, Leticia, Carla, Nerea.
  • A.D. Atletes FSF: Mariña (P); Julia (PS); Laura; Cris; María; Marta; Alba; Antía; Sara; Ainoa.
  • Goles: 0-1 Tati (min. 3); 0-2 Nuria (min. 7); 0-3 Nuria (min. 7); 0-4 Carla (min. 8); 0-5 Nuria (min. 17); 0-6 Carla (min. 24); 0-7 Nuria (min. 24); 0-8 Leticia (min. 29); 0-9 Tania (min. 30); 0-10 Tati (min. 32); 0-11 Nuria (min. 36).
Amarelle Santa Comba Ba xornada para o Amarelle Santa Comba

Todo o peixe vendido nesta última xornada de liga entre dous equipos de diferentes niveis. O Atletes sobreviviu ata o minuto 7 da primeira metade. A pesar de que Tatiana, do equipo visitante marcou o primero gol no minuto tres e medio, as esteiranas lograban mostrarse decorosamente neste tempo transcorrido.
As de Santa Comba dominaban claramente o partido a través de moita calidade, con combinacións e aperturas de xogo constantes, que as da casa lles costa enorme dificultade para contrarrestar. Chega o minuto sete desta primeira metade e, a figura indiscutible das xalleiras, Nuria, marca o seu primero gol, e o segundo do Amarelle.

Aquí acabou o partido para o Atletes, e os goles foron caendo.

 

1ª Galicia, xornada 22

  • Resultado: Cruces FSF e o Concello de Ponteceso FSF (3-11)
  • AD VILA DE PONDAL - CONCELLO DE PONTECESO FSF: Aroa, Ana, Alba, Saray e María - tamén xogaron - Vero e Uxía.
  • Goles: Alba (4), Ana(3), Uxía (2), María e Saray para as pondalianas.
O Ponteceso FSF

Adiantábase no minuto 3 o conxunto visitante por medio de Alba, pero pouco lles duraba a alegría, pois no primeiro tiro á portería do Cruces, volverían a igualar o marcador tras un erro en defensa das pontecesanas. A pesar de non facer unha boa primeira parte en canto a xogo, as ocasións sucedíanse para as de Ponteceso, fronte ás poucas chegadas do equipo local chegando ao descanso 2-6.

Na reanudación do encontro viuse a un Ponteceso máis centrado que no primeiro período, con bo xogo dende o inicio e xerando ocasións case en cada xogada.

 

2ª División Nacional, xornada 23

  • Resultado: Cidade de Pontevedra FSF - Viaxes Amarelle FSF (2-5)
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Martita, Dolo, Patri, María Gómez (cinco inicial), Inés, Mónica, Marta Hermo, Sandra, Paula.
  • Goles: 0-1 Dolo (tiro exterior a pase de Martita) (min. 3); 1-1 Vane (choque entre a porteira herculina con outra xogadora do seu propio equipo e as locais aproveitan para marcar sen porteira) (min. 19); 2-1 Sandra (falta medio campo dá ao larguero e de rebote) (min. 27); 2-2 Dolo (penalti claro a María Gómez) (min. 32); 2-3 Dolo (tiro de patri e rebote de dolo con tiro exterior) (min. 35); 2-4 Patri (balón ao medio dolo pisa a patri e balón cruzado) (min. 37); 2-5 María Gómez (porteiro xogador de Pontevedra roubo e gol desde cancha propia) (min. 39).

O Viaxes Amarelle FSF, de Patri e Inés, sufriu na tarde deste sábado para poder facerse con tres importantes puntos, para colocarse provisionalmente na segunda posición, tras dar a volta ao marcador e conseguir sumar unha vitoria por 2-5 sobre o Cidade de Pontevedra FSF.

 

Máis información

 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios