FSF: As Centolas do Semárofo rematan unha gran liga con vitoria

Non se deixa levar o Fisober, a pesar de ter practicamente sentenciado o seu descenso, e mesmo estivo a piques de lograr a primeira vitoria coma local esta tempada ante o Guadalajara. Pero a sorte e a falla de puntería ante o gol na primeira metade e un gol nos últimos minutos de partido impedíronllo.
Así, o ano que vén teremos derbi na 1ª Autonómica, unha liga que precisamente pechaba, e con vitoria, o Hotel O Semáforo Villa de Cee esta pasada semana. As Centolas alcanzaron un meritorio 8º posto, despois de superar un difícil comezo de liga, con 6 derrotas seguidas, e tardando ata a 9ª xornada para estrear o taboleiro de votiras. A partir de aí conseguiron competir e salvar a categoría.
Aínda lles queda o tramo final da 3ª Galega aos seus compañeiros, que sumaron unha nova vitoria a fin de ir escapando dos postos de descenso.
2ª División Nacional, xornada 26
- FISOBER F.S.F. – C.D. ESCUELA CIUDAD DE GUADALAJARA (1-1).
- FISOBER : Lía, Ana, Paula Fandiño, María Dumbría, Nuriña ; tamén xogaron : Andrea M. , Mai, Ainho, Carre, Taibo, Carla.
- Goles: 1-0 min. 1 Paula Fandiño, (descanso), 1-1 min. 37 Elisa.


1ª Autonómica, xornada 26
- Resultado: ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA - HOTEL SEMAFORO FSF VILLA DE CEE (1-4)
Ultima xornada da liga a que foron a disputar as Centoliñas, á Coruña nun partido de trámite, pois xa tiñan a salvación asegurada. Saíron motivadas as ceesas ca intención de cerrar a tempada cunha vitoria, e dende o primeiro minuto foron a polo partido, dominaban totalmente o encontro en enseguida empezaron a chegar as ocasión de gol, pero a boa labor da porteira rival, a falta de puntería en outras ocasións e os paus, as ceesas non eran capaces de marcar, e de tanto perdoar acabárono pagando e nos últimos minutos da primeira parte o rival conseguía poñer o 1-0 nunha das súas escasas ocasións.
Na segunda parte cambiaron as tornas, foron de novo a polo partido e xa nos primeiros minutos conseguía Goreti marcar nun tiro cruzado raso o primeiro gol, e de novo os poucos minutos outra vez Goreti poñía por diante as osteiras 1-2. Ariscaron as herculinas saíndo de 5, e nun roubo Alba pon dende o centro do campo o 1-3, partido xa sentenciado a favor das Centolas, que xa cara o final marca de novo Goreti o definitivo 1-4.
3ª Divisón Nacional, grupo 1, xornada 27
- Resultado: FSF VILLA DE CEE CLINICA A XUNQUIERA - Talleres ABC I.E. S Coruxo FS (4-2).
- FSF Villa de Cee Clínica A Xunqueira: Pose, Marroco, Santi, Juanjo e Hidalgo (cinco inicial). Tamén xogaron: Ángel, Dudo, Miguelón e Aitor.
- Goles: 1-0 m.3: Miguelón; 1-1 m.14: Martín; 1-2 m.18: Samuel; 2-2 m.19: Dudo; 3-2 m.21: Miguelón; 4-2 m.25: Ángel.

Gran partido o que fixo o Villa de Cee a mañá do domingo ante o Coruxo. Comezaron enchufadisimos os ceeses creando ocasions e Miguelón abría o marcador. Houbo un penalti clamoroso que non pitaron os arbitros, e na contra empataron os visitantes. Minuto de desconcerto dos costeiros que aproveitou o Coruxo para poñerse 1-2. Xa nos minutos finais da primeira parte Dudo consegue marcar o gol para ir o descanso e facer xusticia os Ceenses que non merecian ir perdendo.
A segunda parte foi totalmente do noso dominio e primeiro e despois Angel poñerían o marcador nun 4:2, que marcaba terra de por medio, e mesmo fallaron moitos goles, pero o resultado xa seria o definitivo.
Copa Primeira Galicia, xornada 2
- Resultado: AD Atletes - Concello de Ponteceso FSF (2-7).
- AD ATLETES: Mariña, Bárbara, Antía, Ainoa e Laura - tamén xogaron - Cristina, Martina, Marta, Ana e Sara.
- AD VILA DE PONDAL - CONCELLO DE PONTECESO FSF: Aroa, Ana, Alba, María e Nuria - tamén xogaron - Vero, Saray e Uxía.
- Goles: Ainoa (2) / Nuria, María, Verónica, Saray (2), Uxía e Alba.
Comezaba a Copa Primeira para os equipos costeiros cun derbi no que o Concello de Ponteceso venceu e dominou ao Atletes. Prontor chegaban as ocasións e os goles para as locais, poñendose moi pronto con 3-0. Aí reaccionaron as esteiranas que recurtaban antes do descanso.
O segundo período sería do mesmo xeito que o anterior, con dominio das xogadoras dirixidas por Curro durante case os 20min.
2ª División Nacional, xornada 27
- Resultado: Viaxes Amarelle FSF - CDE Moura FS (0-5)
- Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Martita, Dolo, Patri, María Gómez (cinco inicial), Inés, María Romeu, Marta Hermo, Carmen.
- Goles: 0-1 María Gómez (min. 2); 0-2 Dolo (min. 18); 0-3 Martita (min. 30); 0-4 María Gómez (min. 38); 0-5 María Romeu (min. 39).
Nova vitoria contundente das de Patri e Inés para manterse unha semana máis na parte alta do Grupo IV da Segunda División Autonómica Feminina.
Máis información
- Resultados e clasificacións en www.futgal.es.
Crónicas da tempada
- O ano que vén, derbi na 1ª Autonómica.
- As Centolas do Semáforo aseguraron a permanencia>.
- O Fisober complícase, e moito, a permanencia.
- As Centolas non queren baixa.
- O Amarelle Santa Comba deixa case sentenciada a 2ª praza.
- O Amarelle Santa Comba non permite que o Ponteceso FSF aprete a táboa:
- Ponteceso FSF e Amarelle Santa Comba quentan para o derbi de 1ª Galicia.
- Soñando ca permanencia>.
- O Viaxes non ten piedade do Fisober.
- FSF: Solidariedade, premios e moitos goles na última xornada do 2017.
- Volvendo a casa para levar o premi.
- As Centolas do Semáforo collen o bo ritmo.
- O derbi provincial quedou en Santa Comba.
- Variedade de resultados.
- Ponteceso e Atletes afían a puntería.
- Confusión arbitral.
- O Fisober suma 3 cantos.
- Comezou a 1ª Galicia con derbi e debut.
- Cara e cruz na 2ª Nacional:
- Estirando un mal inicio de curso.
- Mal comezo.
- Só os homes do Villa de Cee comezan a temporada con sabor doce.
Novas relacionadas
- As Seleccións Coruñesas e Galegas, cheas de xogadoras costeiras.
- Tati, unha peza imprescindible na Selección Galega sub-18.
- As Miúd@s xa saben gañar.
- As Miúd@s e o Bergan comezaron a súa campaña na 2ª División Feminina.
- O Eleuterio Balayo acolleu a estra das Miúdas na Festa dao Fútbol Feminino da Costa da Morte;
- Comezou a tempada para o Fisober e para as Centolas:
- O Fisober volve sacar equipo B para dar máis cancha á canteira.
- FSF: Unha sabrosa Copa da Costa para pechar a temporada.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).