FSF: Cee volveu vibrar coa familia do fútbol sala ao completo

Foi o epicentro do Fútbol Sala costeiro esta fin de semana. Era o primeiro sábado cos dous equipos, feminino e masculino competindo na casa, e foron máis de 120 persoas as que encheron o pavillón ceense para animar aos do Vila de Cee. En todo caso, non foi unha gran tarde de resultados, pois nin os mozos nin as rapazas pasaron do empate, a pesar do cal as chicas manteñen o coliderato co Ponteceso, co que se enfrontarán a vindeira semana.
As que non fallaron foron as rapazas pontecesás, que con 10 puntos acompañan ao Vila de Cee no máis alto da Liga Provincial, e a semana que vén haberá derbi. Mentres, descansaba o Lira e as Atletes de Esteiro seguen pagando a novatada.
En Liga Autonómica, xa se colocan 5ª as rapazas do Fisober, a só 3 puntos das dúas colíderes, A Fervenza e El Olivo.
Liga Autonomica, xornada 6

- Resultado: C.D. PORTOSÍN – FISOBER F.S.F. (1-7)
- FISOBER: Leti, Ana, Tamara, Noe, Paula Fandiño; tamén xogaron: Nuriña, Ale, Mai, Inés.
- Goles: 0-1 Noe, 0-2 Inés, 0-3 Inés, (descanso), 1-3 Virginia, 1-4 Mai, 1-5 Paula Fandiño, 1-6 Noe, 1-7 Tamara.
Por fin acadou o Fisober os primeiros puntos a domicilio logrando a vitoria na súa visita o C.D. Portosín. Arrancou ben o Fisober e xa os dous minutos Noe adiantaba as visitantes. No minuto seis despois dunha boa xogada colectiva Inés facía o segundo gol para o Fisober.
Pero con ese resultado o partido e o xogo de ambos equipos foi un pouco tolo, sen que ningún dos conxuntos controlara o desenrolo do mesmo. Aparecían ocasións para as locais que incluso se atoparon co ferro da portería de Leti, e tamén a contra para as visitantes. Pasaban os minutos e o xogo tanto de locais coma de visitantes era algo deslabazado. A tres para a chegada do tempo de lecer novamente Inés facía o cero a tres co que os contendentes se foron os vestiarios.
No inicio da segunda metade o Fisober dispuxo dunha pena máxima que Noelia lle atallou a Paula Fandiño. Isto expoleou as locais que buscaron recortar diferenzas algo que lograron cun remate coa testa de Virginia a doce para o fin.
Comprimíase de novo o partido , pero por sorte para as visitantes Mai acertaba a dez para o fin facendo o catro a un, algo que as tranquilizou novamente. A sete para o fin do partido as locais arriscaron co xogo de cinco. Non acadaron o resultado esperado, xa que a catro para o final Paula Fandiño acertaba para marcar de volea e solo un minuto despois era Noe a que marcaba tras unha contra.
O Portosín desistiu do xogo de superioridade con ese gol e a pouco máis de dous minutos Tamara nunha gran xogada individual facía o definitivo un a sete.
Liga Provincial, xornada 4

- Resultado: FSF Villa de Cee Feminino- 5 Coruña (1-1)
- FSF Villa de Cee: Carla, Adriana, Alba, Andrea e María de Dumbría; Participando tamén: María Lijo, Paula Trinidad, Serena e Vanesa.
Comezaron os dous equipos con moito respecto tratando de non perder o balón e moi pendentes de manter as súas porterías a cero. Por un lado as Ceenses trataban de combinar e chegar arriba a base de xogadas, pero o 5Coruña estaba moi ben situado en defensa. Durante toda a primeira parte todo foi igual sen grandes ocasións para ningún dos dous equipos e rematando a primeira parte 0-0.
Xa na 2ª parte as rapazas do FSF Villa de Cee, intentaron atacar mais e dominaron algo mais o xogo e conseguiron crear algunha ocasión mais, e mediada a mesma consegue marcar de falta Andrea un bonito gol por toda a escuadra da portería. O 5 Coruña non conforme co resultado intentou irse arriba, e nun erro defensivo das ceenses conseguiu marcar o definitivo empate 1-1.
Aínda sen ter demasiadas ocasións de gol, foi un bonito partido entre dous equipos dos chamados a estar arriba na táboa da clasificación e un resultado que aínda que puido saber a pouco para as ceenses podemos considerar xusto para ambos equipos e que para o FSF Villa de Cee permítelle seguir líder do Campionato unha semana mais.
As estrelas nesta ocasión son: 3* para Andrea, bo xogo e bonito gol, 2* para Alba, partido moi completo e moi serio, 1* para María de Dumbría .
Para a vindeira semana as Ceenses visitaran coma líder do campionato o 2º clasificado, o Concello de Ponteceso F.S.F. e dicir, derbi na costa por todo o alto na táboa de clasificación.
Liga Provincial masculina, xornada 3
- Resultado: FSF Villa de Cee Masculino- U.D. Libertad de Mera (3-3)
- Villa de Cee: Mario, Aitor e Marroco, participando tamén Miguelon, Hidalgo, Tomas, Purti, Carlos, Estella e Rafa.
- Goles: 0-1; 0-2 (descanso); 1-2: Miguelón; 2-2: Mario; 2-3; 3-3: Aitor.
Completaba a tarde de fútbol de Cee ante o seu público o choque dos mozos. Pero parece que a boa acollida do público non sentou ben e comezaron moi nerviosos, imprecisos e moi precipitados, o U.D. Libertad defendíase con facilidade ante as precipitacións dos Ceenses e limitábase a saír a contra, o cal os poucos minutos conseguía marcar 0 -1, o cal fixo que os locais aínda se mais nerviosos e precipitados seguisen a cometer mais erros, e outra vez noutra contra premio para os visitantes os cales se foron o descanso cun 0-2, nunha moi mala primeira parte dos ceenses.
Xa na 2ª parte os locais quitáronse algo de presión e intentaron facer mellor xogo, e a base de gañas e corazón apoiados pola seus seareiros conseguiron por obra de Miguelón marcar o primeiro gol o cal os poñía no partido de novo. Viñéronse arriba os ceenses e os poucos minutos Mario conseguiu marcar de penalti o 2-2. Os Ceenses seguian a xogar co corazón e descoidando a defensa, e sufrindo perigosas contras que Josiño estaba a resolver de forma sobresaliente, pero faltando 3 minutos o U.D. Libertad consegue marcar de novo o 2-3. Xa a desesperada o Fsf Villa de Cee saíu con todo perdido de 5, co porteiro xogador e nunha boa combinación Aitor conseguía o 3-3 definitivo. Bo resultado para os Ceenses nun partido cheo de erros sobre todo en defensa , e tal coma aconteceu un bo punto premio as ganas e o corazón posto ante un gran afición a cal non fixo mais que empuxar todo o partido os seus.
As Estrelas nesta ocasión, 3* Josiño, que con moito traballo resolveu moitas contras e no final do mesmo podemos que salvou o empate grazas a dúas xeniais intervencións, 2* Mario, todo corazón e motor dos seus compañeiros e 1* Aitor, cun precioso gol nos últimos minutos.A vindeira sema toca visitar o Noia.
Liga Provincial, xornada 4
- Resultado:Troula Betanzos FS - A.D. Atletes FSF (12-1).
- A.D. Atletes FSF: Mariña; Cris; Sara; Marta; Bárbara; Alba; Antía (1); Ana, Sandra.
Demasiado engañoso o resultado, desde o punto de vista do nivel actual dos dous equipos enfrentados. Apenas ían transcurridos dous minutos e medio do comenzo do partido e o Betanzos xa gañaba por dos goles a cero. Era tal o descontrol do Atletes, que nin se enteraban por donde lles chegaban a portería as xogadoras do Troula. Éstas basadas na súa veteranía, mezclada con algunas xóvenes xogadoras, coma por exemplo, a ala Noelia Regueiro, que maravillaba ca súa clase e, sobre todo, ca gran movilidade que desplegaba, que chegaban constantemente a portería do Atletes, e marcaban goles de todas as facturas, a cal mais millor.
O Atletes, facía cambios constantemente, probaba a facer cambios de colocación no campo, pero hasta que faltaban 5 minutos para o descanso, non foi posible conter o Troula. Chegouse o descanso co resultado parcial de 9 a 0. Unha vez comenzada a segunda parte, a situación cambiou rotundamente. Algo tarde para o Atletes. De calquer maneira, debido a este cambio que sufreu o xogo do Atletes, fixo que unha vez finalizado o partido, o equipo do Atletes síntase con mais optimismo e ganas que antes do partido.
Esta segunda parte, o Atletes, ben asentado no campo, con una defensa mais seria, destacando a súa ala Ana. Demostrou esta xogadora temple, calidade, bo toque, e inteligencia para contactar cas demáis xogadoras do seu equipo no inicio do seu ataque, que levaron moito peligro a portería do Troula. A súa porteira, foi a mellor xogadora deste equipo na segunda parte.
O final, o resultado parcial en esta segunda parte foi de 3 a 1, marcando o gol do Atletes, Antía, xogadora esta que se mostrou moi batalladora durante todo o partido.
Liga Provincial, xornada 4

- Resultado: Santiago Futsal A Gaiola - Ponteceso FSF (1-5)
- Goles: Sandra, Chus, Cintia, Zeltia e Carla.
Non cede este bo Ponteceso Vila de Pondal, e non tivo piedade de todo un Santiago Futal ao que pasou por riba, pese a non facer un gran partido e ter chegado con moitas baixas. As camisolas novas deron boa sorte e o equipo segue no alto da táboa, esperando o derbi da vindeira semana.
&nsbp;2ª División Estatal, xornada 4

- Resultado: 4ª Jornada. Viaxes Amarelle FSF - CB Humanes Lambea (5-0)
- Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Dolo, Patri, María Gómez, Lago (cinco inicial), Ana, Laura Tesouro, Xiana, Sheila, Uxía, Oli, Aida (segunda portera).
- Goles: 1-0 Patri (min. 3); 2-0 Lago (min. 29); 3-0 María Gómez (min. 36); 4-0 Lago (min. 38); 5-0 Lago (min. 39).
Abríu a lata Patri para a nova vitoria do Viaxes Amarelle na 2ª División estatal, mantendo así a imbatibilidade do equipo herculino e colocándose de líder, gracias ao tropezo do Leganés.
&nsbp;Máis información
- Resultados da Liga Galega Feminina.
- Clasificación da Liga Galega Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Feminina.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Masculina.
Novas relacionadas
- Líderes costeiras.
- FSF: Os mozos de Cee comezan gañando.
- O FSF xa arrincou ao completo.
- FSF: O Fisober gaña por fin na casa tras dous anos de maldición.
- FSF: O Fisober arrincou na Liga Galega mentres Ponteceso, Atletes, Lira e Vila de Cee póñense a punto.
- A Xente do San Cristobal asume o mando da Liga de FS de Cee.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Fútbol Sala costeiro volve ter equipo masculino.
Outras novas do FSF
- A muxiá Eva, campiona da Supercopa de España de FSF.
- Patri fixo de verguda do Fisober na final da Copa Deputación.
- FSF: O Fisober di adeus á categoría estatal a pesar da gran Marea Nejra.
- O Ponteceso FSF pecha unha grandísima temporada co subcampionato da Copa Provincial.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Ponteceso xa é novo equipo da Liga Autonómica.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).