Sábado. 18.05.2024
El tiempo

FSF: O Amarelle Santa Comba deixa case sentenciada a 2ª praza

FSF: O Amarelle Santa Comba deixa case sentenciada a 2ª praza
Amarelle Santa Comba Ba xornada para o Amarelle Santa Comba

A mellor nova da semana para o fútbol sala feminino costeiro chegou na 1ª Galicia (antiga Provincial), na que o Amarelle Concello Santa Comba, deixa prácticamente asegurada a segunda praza na Primeira Galicia Feminina do Grupo da Coruña logo de impoñerse na tarde de hoxe ante o Troula Betanzos FSF por un marcador claro de 8-4, que deixa ás xalleiras con seis puntos de vantaxe sobre o terceiro cando só restan tres xornadas para a conclusión da presente tempada. Ademais o Atletes sumaban unha vitoria que serve de bálsamo.

Polo demais, o Fisober viviu o seu particular temporal en Navalcarnero, mentres o Vila de Cee viu como o Amarelle B lle rouba un punto.

 

2ª División Nacional, xornada 20

  • Resultado: FUTSI ATLÉTICO B – FISOBER F.S.F. (9-0).
  • Fisober: Andrea M., Paula Fandiño, Taibo, Ana, Ainho. Tamén xogaron: Carla, Mai, Nuriña, Carre.

Ata Navalcarnero escaparon as dumbriesas para evitar a Félix. Pero sufriron un temporal atlético… As costeiras enfrontáronse a un potente rival que ademais chegaba con habituais do primeiro equipo o actual campión de liga como é o Atleti, xogadoras como María Sanz ou a galega Nerea Moldes que o sábado foran bigoleadoras no partido da máxima categoría.

A única boa nova do partido, o debut de Carre na Segunda División Nacional despois da súa longa lesión e de ir xogando minutos co filial no último mes.

 

1ª Autonómica, xornada 20

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF B - Hotel Semáforo FSF Villa de Cee (2-2)
  • Viaxes Amarelle FSF B: Aida, Laura Rivas, Sofía, Marta Hermo, Mónica (cinco inicial), Laura Mosquera, Zaida, Ana Carreras, Nuria, Sara.
  • Hotel Semáforo FSF Villa de Cee: Adriana, María, Andrea, Alba, Goretti (cinco inicial), Paula, Marta, Alejandra.
  • Goles: 0-1 María (min. 19); 0-2 Andrea (min. 24); 1-2 Marta Hermo (min. 29); 2-2 Zaida (min. 31).

Non puido endosar o Semáforo a 6ª derrota consecutiva ao Viaxes Amarelle FSF B, que conseguía puntuar. Na primeira parte, o partido comezaba moi igualado con dous equipos metidos no partido pero sen que conseguisen fluír as ocasións e chegase o primeiro gol. O partido parecía que se ía a ir ao tempo de descanso co marcador inicial, pero a un minuto de chegar ao descanso, María Lijo poñía por diante ao Hotel Semáforo FSF Vila de Cee co 0-1.

Na reanudación, as locais intentaban a igualada, pero o gol non chegaba e pola contra as visitantes conseguían ampliar a súa renda aos catro minutos de xogo tras un tanto de Andrea, que deixaba o luminoso no 0-2. O cadro herculino necesitaba os puntos e así se puxo o traxe de traballo e seguiu pelexando para conseguir recortar distancias, e deste xeito Marta Hermo poñía o 1-2 no marcador pouco antes da medianía do segundo periodo. Pero o gol era insuficiente para puntuar, así que no minuto 31 Zaida conseguía poñer as táboas no marcador. Aínda quedaban nove minutos por diante, e ambas escuadras pelexaban con ansias o gol dos tres puntos, pero este non chegou e tivéronse que conformar co reparto de puntos, tras un marcador de 2-2.

 

1ª Galicia, xornada 19

  • Resultado: Amarelle Santa Comba - Troula Betanzos (8-4)
  • Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Lucía, Ge, Tati, Nuria (cinco inicial), Rita, Tania, Carla, Paula, Violeta, Leticia, Vanesa.
  • Goles: 1-0 Ge (min. 4); 2-0 Tati (min. 8); 3-0 Carla (min. 9); 4-0 Nuria (min. 19); 4-1 Andrea (min. 21); 4-2 Andrea (min. 27); 4-3 Silvia (min. 30); 5-3 Nuria (min. 32); 6-3 Carla (min. 32); 7-3 Tati (min. 33); 8-3 Carla (min. 34); 8-4 Silvia (min. 39).

O encontro empezaba cun conxunto local moi metido, que abría o marcador xa aos 4 minutos. Non se chegara ao m.10 e xa subía o 3-0 ao marcador. As locais empezaban a acomodarse coa vantaxe conseguida, e pouco antes de ir ao tempo de asueto Nuria poñía o 4-0 no marcador para irse cómodamente e cunha vantaxe clara ao descanso.

Na reanudación, as locais relaxáronse coa vantaxe obtida na primeira metade e o Troula Betanzos FSF abría as súas opcións cun rápido gol chegándose a poñer 4-3 no marcado. Pero chegou a rápida reacción das xalleiras que marcaron 3 goles nun só minuto para acabar coas dúbidas-

 

1ª Galicia, xornada 19

  • Resultado: TCA Instalaciones F. S. Pontedeume - A.D. Atletes (0-9)
  • A.D. Atletes FSF: Julia (P); Laura (3); Cris; María; Bárbara (5); Antía; Ana; Martina; Ainoa.

Facíalle falta esta vitoria ao Atletes para recuperar a moral despois de varias duras derrotas. Pero tardou en chegar, pois a primeira metade foi soporífera por ambos bandos. Algunha tímida ocasión que creaba, era fácilmente desbaratada pola porteira do Pontedeume. Con xogadas embarulladas, as de Esteiro lanzaron dos tiros a madeira da porta do Pontedeume. As de Pontedeume conseguían, mediante algún contraataque chegar a porta do Atletes pero sin maior perigo. Soamente María Allegue, a mellor do Pontedeume, conseguía levar a pelota as cercanías da porta de Julia, pero sen perigo./p>

Na segunda metade o Atletes asentouse debidamente na pista, e facendo una presión moi arriba puido axfisiar ás pontedeumesas. Abreu o marcador Martina, que volvía dunha lesión despous de fai moito tempo, cerca dos tres minutos de comenzar a segunda metade. Logo, tendo como figuras do partido a Laura, que sobresaleu sobre as demais esteiranas, marcando tres goles, e Bárbara, que se fixo imparable para as de Pontedeume, marcando a postre cinco goles. Na parte de atrás as esteiranas, comandadas por María, moi firme e activa.

 

2ª Nacional

  • Resultado: Viaxes Amarelle - D Alcorcón FSF B (0-2)
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Martita, Patri, Dolo, María Gómez (cinco inicial), Inés, Mónica, Sheila.
Patri capi do Viaxes Amarellefsf-adalcorconB_04 copia Patri capi do Viaxes Amarelle FSF ante o AdalcorconB

O Viaxes Amarelle FSF das costeiras Patri (xa capi) e Inés, medíase ao líder da competición e disputou un partido moi serio e moitísimo traballo e onde as visitantes foron capaces de aproveitar mellor as súas ocasións, ante un conxunto herculino con falta de definición, e deste xeito o AD Alcorcón FSF B levouse os tres puntos por un marcador de 0-2, provocando así a primeira derrota da tempada das herculinas como locais.

Malia a derrota, o equipo herculino mantén a terceira posición e á mesma distancia do segundo clasificado, o Colmenarejo FSF, posto que estes tamén cederon unha derrota nesta xornada, e o Viaxes Amarelle FSF segue cun partido menos disputado que as madrileñas.

Ines no Viaxes Amarelle Alcorcon B Ines no Viaxes Amarelle ante o Alcorcon  

Máis información

 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios