FSF: O Amarelle Santa Comba non permite que o Ponteceso FSF aprete a táboa


O choque da fin de semana era o derbi da 1ª Galicia entre Ponteceso FSF e Amarelle Santa Comba, no que o cadro pontecesán podería terse metido na loita pola segunda praza. Pero as xalleiras continúan intratables e sumaron unha vitoria moi apretada ante unhas pondalianas que venderon moi caras a derrota. As xalleias ten 42 puntos (6 menos que o lider, un Culleredo que non tivo piedade do Atletes) polos 33 do Ponteceso, e os 12 do Fisober B, que caía 4-1 ante o Troula.
Na 2ª División Nacional, Fisober acadou un punto facendo un bo encontro co que deixa de ser o pechacancelas da categoría e acadando sumar dúas xornadas seguidas, mantendo vivo o soño da permanencia.
Ademais o Hotel O Semáforo Villa de Cee facía sufrir ás líderes e se mantén con 3 puntos de vantaxe sobre a zona perigosa. Os mozos venceron no Carballiño e suman 3 importantísimos puntos para manter a categoría.
2ª División Nacional, xornada 19
- Resultado: FISOBER F.S.F. – C.D.E. MORA F.S. (1-1).
- FISOBER: Andrea M., Ana, Taibo, Paula Fandiño, Ainho; tamén xogaron: Mai, Carla, Nuriña.
- Goles: 0-1 min. 22 Cuervo, 1-1 min. 27 Carla.
- Resultado: Hotel Semáforo - FSF Villa de Cee - Leis Pontevedra (2-4)
- Resultado: GRI. Carballiño FS. - FS. Villa de Cee (6-8).
- Resultado: Concello de Ponteceso FSF - Amarelle Concello de Santa Comba (3-4).
- AD VILA DE PONDAL - CONCELLO DE PONTECESO FSF: Uxía, Ana, Martina, Saray e María - tamén xogaron - Vero.
- AMARELLE CONCELLO DE SANTA COMBA: Nerea, Tania, Ge, Nuria, Carla (cinco inicial), Lucía, Paula, Violeta, Vanesa, Leticia.
- Goles: 0-1 Leticia (min. 13); 1-1 María (min. 14); 2-1 Martina (min. 19); 2-2 Leticia (min. 25); 2-3 Nuria (min. 30); 3-3 María (min. 32); 3-4 Nuria (min. 34).
- Resultado: A.D. Atletes - Sport Sala Culleredo FS (1-17)
- A.D. Atletes FSF: Julia (P); Cris; Leti; Bárbara (1); Alba; Antía; Ana; Ainoa; Mariña PS).
- Resultado: Colmenarejo FSF - Viaxes Amarelle FSF (3-0)
- Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Martita, Patri, Dolo, María Gómez (cinco inicial), Mónica, Inés, Sheila, Paula.
- Goles: 1-0 Diana (min. 12); 2-0 Susana (min. 36); 3-0 Sandra (min. 38).
- Resultados e clasificacións en www.futgal.es.
- Ponteceso FSF e Amarelle Santa Comba quentan para o derbi de 1ª Galicia.
- Soñando ca permanencia>.
- O Viaxes non ten piedade do Fisober.
- FSF: Solidariedade, premios e moitos goles na última xornada do 2017.
- Volvendo a casa para levar o premi.
- As Centolas do Semáforo collen o bo ritmo.
- O derbi provincial quedou en Santa Comba.
- Variedade de resultados.
- Ponteceso e Atletes afían a puntería.
- Confusión arbitral.
- O Fisober suma 3 cantos.
- Comezou a 1ª Galicia con derbi e debut.
- Cara e cruz na 2ª Nacional:
- Estirando un mal inicio de curso.
- Mal comezo.
- Só os homes do Villa de Cee comezan a temporada con sabor doce.
- As Seleccións Coruñesas e Galegas, cheas de xogadoras costeiras.
- Tati, unha peza imprescindible na Selección Galega sub-18.
- As Miúd@s xa saben gañar.
- As Miúd@s e o Bergan comezaron a súa campaña na 2ª División Feminina.
- O Eleuterio Balayo acolleu a estra das Miúdas na Festa dao Fútbol Feminino da Costa da Morte;
- Comezou a tempada para o Fisober e para as Centolas:
- O Fisober volve sacar equipo B para dar máis cancha á canteira.
- FSF: Unha sabrosa Copa da Costa para pechar a temporada.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).


1ª Autonómica, xornada 19
3ª Nacional, xornada 19
1ª Galicia, xornada 18
Gran encontro o visto a tarde do sábado en Corme, un derbi tremendamente igualado, na que tardaría en chegar o primeiro tanto. Dispoñerían de varias ocasións ambos equipos para estrear o marcador da tarde, pero sería o conxunto visitante quen o conseguiría por medio de Leticia. Non se virían abaixo as pondalianas despois deste gol en contra e, apenas un minuto máis tarde, volvería igualar o resultado cun gol de María de tiro cruzado desde a frontal. Co tanto viríanse máis arriba as xogadoras locais que gozarían de varias ocasións boas, pero todas serían despexadas pola porteira visitante. A boa actuación das xogadoras de Curro en defensa faría que o Amarelle non conseguise achegarse á portería de Uxía, polo que probaría con tiros lonxanos sen perigo para a gardameta. A falta de 40 segundos para o descanso, Martina conseguía o balón nunha disputa na frontal da área e faría o tanto que poñería por diante ó Ponteceso, resultado co cal irían cara os vestiarios.
Na reanudación do encontro volverían saír con ganas ambos equipos, pero serían as pondalianas as primeiras en achegarse á portería rival. Saray e Vero probaban con tiros desde a frontal, pero serían despexados pola porteira. Si aproveitarían as súas oportunidades as xalleiras, que conseguían transformar a súa chegada máis clara, por medio de Leticia, volvendo a empatar o partido. Ana, Matina e Vero non podían superar á meta xalleira, mentres que Nuria si que colocaba por diante ás xalleiras por primeira vez no partido. Pero volvían reaccionar rápido as pontecesanas e María poñía o 3-3 cun bo gol de “cuchara”.
Quedaban aínda 7 minutos por diante e moito xogo e ocasións por parte de ambos conxuntos, pero sería o Amarelle quen se volvería adiantar cun gol de Nuria, que recollía o rexeite de Uxía ó seu propio tiro de castigo, facendo así o 4º tanto. Todavía quedaban minutos por diante, pero a pesar de que os dous equipos terían oportunidade de cambiar o marcador, non se movería o resultado, rematando o encontro co 3-4 a favor das visitantes nun bo partido de fútbol sala.
1ª Galicia, xornada 18
Fría tarde no pavillón de Esteiro, que viviu un partido para esquecer das do Atletes. Menos mal que apenas había unha escasa presencia de espectadoras nas bancadas, algo realmente inusual nos choques das de Paco. Situación premonitoria do que lle aconteceu o Atletes no partido.
O resultado reflicte a diferencia entre s dous equipo. O Culleredo, líder destacado, con 135 goles a favor e 16 en contra, arrasou en Esteiro. Ao Atletes chovíalle por todas as partes e parecía talmente una marioneta o son do que lle entonaba o Culleredo. Os goles iban chegando o ritmo que marcaban as foráneas, sin darlle tregua as esteiranas en ningún momento. O Culleredo en ningún momento do partido baixou o ritmo, xogando con intensidade e dando un espectáculo satisfactorio para os pucos observadores que acudiron o partido.
A verdade é que as de Esteiro, faltas de entrenamento, de ganas, e absolutamente sumisas, ultimamente están perdendo a ilusión por competir.
2ª División Nacional, Gr.4, xornada 19
O Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Pili Costa, enfrontábase a un dos partidos máis complicados da tempada contra un rival directo e non se amedrentou, pero o Colmenarejo FSF aproveitou todas as súas ocasións mentres que as herculinas con moita ocasión sobre a portería das locais, non conseguiu meter ningún gol e acabou cedendo a primeira derrota do 2018 ao caer por un marcador de 3-0.
Tras esta derrota, as herculinas caen á 3ª praza con 41 puntos, aínda que cun partido menos que líder e segundo clasificado, a 5 e 3 puntos de diferenza respectivamente; e o próximo fin de semana toca visitar ao líder do grupo, AD Alcorcón FSF B.