FSF: O ano que vén, derbi na 1ª Autonómica


Nova derrota do Fisober, que descenden ata a última praza da 2ª División Nacional tralo derbi ante o Pontevedra. As dumbriesas teñen cada vez máis complicada a permanencia (algo así como o Málaga na 1ª División), polo que o ano que vén parece moi probable que teñamos un derbi na 1ª Autonómica, unha vez que as Centolas do Semáforo Villa de Cee confirmaron a súa permancia.
Os chicos do Villa descansaban e os equipos da 1ª Galicia comezan a Copa.
2ª División Nacional, xornada 24
- Resultado: FISOBER F.S.F. – CIDADE DE PONTEVEDRA (2-5).
- FISOBER : Andrea M. , Nuriña, Mai, Ana, Paula Fandiño; tamén xogaron: Carre, María Dumbría, Ainho, Noe, Carla.
- Goles: 0-1,0-2, (descanso), 0-3,0-4,1-4 Ainho, 2-4 Noe, 2-5.


Nun partido que chegou con cero a dous o tempo de lecer e que chegou a ir cero a catro. Dous goles locais un de Ainho e outro de Noe apretaron o partido na segunda metade. Incluso as locais tiveron un lanzamento ao pau para facer o tres a catro, con anterioridade tiveran dous paus as visitantes. Arriscaron co xogo de cinco as locais para intentar igualar o partido pero non obtiveron resultado e incluso as pontevedresas fixeron o quinto.
A mellor noticia do partido foi o que María de Dumbría podía xogar o seu segundo partido na categoría.
1ª División Autonómica, xornada 24
- Resultado: Salceda - O Semáforo (5-2)
Derrota dunhas Centolas que xa teñen a praza asegurada na categoría para o ano que vén.
Partido moi complicado tiñan as Centoliñas, as que acudían a fronteira con Portugal baixo mínimos en canto a xogadoras, entre lesións, traballo, etc tan so puideron acudir 6 xogadoras, que aínda así foron capaces de plantarlle cara o rival, pero a falta de cambios foi a chave da derrota. Comenzaron moi ben as de Santi, e no primeiro minuto Paula rouba o balón e no contraataque acompaña Maria que recibe o pase e marca. As ceesas conscientes de ter que dosificar as forzas para todo o partido esperaban atrás o rival, e trataban de saír a contra, o dominio era das do Salceda, e no minuto 4 conseguen marcar e empatar o partido, pero seguindo o seu plan inicial de novo outra contra onde rouba Alba que e acompañada por Paula a cal mete un bo pase e consegue marcar o 2-1. Pouco durou a alegría , no seguinte minuto o Salceda marcaría en dúas ocasións poñéndose cun 3-2, resultado co cal se iría o descanso. Na segunda parte xa as forzas das Centoliñas estaban moi mermadas e o rival consciente diso fui a polo partido e subindo o ritmo de xogo, conseguindo poñerse nos 5 minutos cun 5-2 que case sentenciaba o partido, pero as Ceenses non se renderon, e non deixaron de intentalo, chegando a dispoñer de ocasións para empatalo, mais a fortuna non estivo con elas. Nesta ocasión as estrelas 3*+2*+1* repártense entre as seis que acudiron o partido porque case sen cambios foi un mérito enorme o bo papel mostrado na pista. O vindeiro sábado as 17:00h xogaran o seu último partido na casa desta temporada contra un rival directo o POIO, tratarán as Centolas ofrecer un bonito encontro a os seus afeccionados que tanto as levan animando e arroupado durante todo a tempada .Copa Primeira Galicia
Mentres o Atletes e o Ponteceso comezan a Copa Primeira encadradas no Grupo A. As esteiranas comezaban caendo po 10-2 ante o Melide e as pondalianas descansaron porque o Cruces se retirou a destempo.
Amarelle Santa Comba e Fisober B, encadradas no Grupo B, arrincan a Copa a semana que vén.
2ª División Nacional Fem. - G.IV. xornada 24
- Resultado: Unami CP - Viaxes Amarelle FSF (1-3)
- Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Martita, Patri, Dolo, María Gómez (cinco inicial), Inés, Mónica, María Romeu.
- Goles: 0-1 Patri (min. 5); 0-2 Dolo (min. 17); 1-2 Ro (min. 30); 1-3 María Gómez (min. 34).

O Viaxes Amarelle FSF, das costeiras Patri e Inés, rompeu a súa mala racha como visitante na cancha do Unami CP e conseguiu sacar unha valiosa vitoria, que conseguiron tras loitar contra un rival complicado no Municipal Pedro Delgado de Segovia, para terminar no luminoso cun marcador favorable de 1-3.

Máis información
- Resultados e clasificacións en www.futgal.es.
Crónicas da tempada
- As Centolas do Semáforo aseguraron a permanencia>.
- O Fisober complícase, e moito, a permanencia.
- As Centolas non queren baixa.
- O Amarelle Santa Comba deixa case sentenciada a 2ª praza.
- O Amarelle Santa Comba non permite que o Ponteceso FSF aprete a táboa:
- Ponteceso FSF e Amarelle Santa Comba quentan para o derbi de 1ª Galicia.
- Soñando ca permanencia>.
- O Viaxes non ten piedade do Fisober.
- FSF: Solidariedade, premios e moitos goles na última xornada do 2017.
- Volvendo a casa para levar o premi.
- As Centolas do Semáforo collen o bo ritmo.
- O derbi provincial quedou en Santa Comba.
- Variedade de resultados.
- Ponteceso e Atletes afían a puntería.
- Confusión arbitral.
- O Fisober suma 3 cantos.
- Comezou a 1ª Galicia con derbi e debut.
- Cara e cruz na 2ª Nacional:
- Estirando un mal inicio de curso.
- Mal comezo.
- Só os homes do Villa de Cee comezan a temporada con sabor doce.
Novas relacionadas
- As Seleccións Coruñesas e Galegas, cheas de xogadoras costeiras.
- Tati, unha peza imprescindible na Selección Galega sub-18.
- As Miúd@s xa saben gañar.
- As Miúd@s e o Bergan comezaron a súa campaña na 2ª División Feminina.
- O Eleuterio Balayo acolleu a estra das Miúdas na Festa dao Fútbol Feminino da Costa da Morte;
- Comezou a tempada para o Fisober e para as Centolas:
- O Fisober volve sacar equipo B para dar máis cancha á canteira.
- FSF: Unha sabrosa Copa da Costa para pechar a temporada.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).