Sábado. 18.05.2024
El tiempo

FSF: O Fisober complícase, e moito, a permanencia

FSF: O Fisober complícase, e moito, a permanencia
Lau e Barbara no derbi Fisober B-Atletes Lau e Bárbara no derbi Fisober B-Atletes

A derrota do Fisober esta pasada xornada en La Granadilla deixa ás costeiras nunha situación bastante complicada de cara a salvación. Xogaba un partido chave ante o equipo que marca a salvación e que estaba a 6 puntos antes de empezar a xornada. Pero a derrota deixa ao Majadahonda a 9 puntos (máis golaverage) a falta de 8 xornadas. O equipo dumbriés intentará alomenos quedar por encima de Cidade de Pontevedra e Escuela Guadalajara (ostres están nun pano de 1 só punto), pois o ano pasado repescaron ao mellor dos 3 descendidos e pode ser a última opción de salvar a categoría.

Pola contra, os que deron un gran paso cara a salvación foron os do FSF Villa de Cee, que colleitaban unha vitoria fantástica ante un dos 3 de abaixo, deixándo o descenso a 4-5 puntos de distancia.

Na 1ª Galicia, antiga Liga Provincial, a falta de unha xornada o Amarelle Concello Santa Comba, dirixido por Suso Yanes, afianzou a segunda praza tras unhaserie impresionante de resultados e xogo. Ademais, vitoria importante para o Concello de Ponteceso FSF, que se pon a 1 punto do 3º posto a falta de unha xornada para o fin da competición.
Ademais, o derbi da semana protagonizárono Atletes e Fisober B, que pecharon cun empate que as deixa empatadas con 17 puntos.

 

2ª División Nacional, xornada 22

  • Resultado: Majadahonda FS - Fisober (4-2)
  • FISOBER: Andrea M. , Mai, Ainho, Paula Fandiño, Ana ; tamén xogaron : Carre, Nuriña, Carla, Noe.
  • Goles: 1-0, (descanso) 2-0, 2-1 Mai, 3-1, 4-1, 4-2 Mai. Os goles locais foron de Raquel, Alba, Ana, Eva.

Nun partido moi igualado con moitas ocasións para ambos equipos e que se foi o descanso con un a cero a prol das madrileñas. O terceiro e cuarto gol local na segunda metade mataron o partido. Un polémico segundo gol na segunda metade no que as visitantes reclamaron man e os colexiados apreciaron que non foi voluntaria marcou o partido a pesares de que Mai recortou diferencias pouco despois. Dous novos goles das madrileñas mataron o partido. Mai volveu a marcar para apretar o marcador pero as costeiras xa non foron quen de igualar.

 

3ª División Nacional, xornada 24

  • Resultado: C. P. Casás - FS. Villa de Cee (4-5).

Importantísima vitoria dos ceeses nunha pista complicada.

 

1ª Autonómica, xornada 22

  • Resultado: Estrada Futsal - Fsf. Villa de Cee (6-0)

Non foi o día das Centolas ante un dos de arriba pero mantense cunha boa distancia ca zona de perigo.

 

1ª Galicia, xornada 21

  • Resultado: Fisober B - Atletes (4-4)
  • Fisober, FSF: Naira; Alba; María; Nuria (1); Serena; Sharay (3); Gisela; Laura.
  • A.D. Atletes FSF: Julia (P); Laura; Cris; María; Martina; Bárbara (2); Alba; Antía; Ana; Sara; Ainoa (2); Mariña (ps).
Fisober B-Atletes Fisober B-Atletes

Saía o Atletes con ganas e intentando presionar na súa pista ao Fisober. Éste trata de defenderse e, sen darlle tempo a reaccionar, as visitantes inauguran o marcador con un forte tiro de Ainoa desde a banda que se cola na porta de Naira. As locais, con paciencia e sin descompoñerse van controlando o partido e consiguen atacar a porta das esteiranas, que non son capaces de asentarse na pista. Despois de perder tres ocasións claras de gol, as locais conseguen empatar por medio de Nuria. A partir deste gol o partido e totalmente do Fisober. Xogando con criterio e sentido común desbordan ás esteiranas que, a pesares de contínuos cambios, aproveitando o numero banquillo, pero falto de calidade, non logran conter as rapazas do Fisober. As locais xogando continuamente polas bandas, desbordan sin cesar as Atletenses. Porén, en un golpe de sorte, Bárbara consegue, de novo, adiantar ás visitantes. Co resultado de 2 a 1 chégase o descanso. Nesta segunda parte, o xogo das visitantes vólvese moito máis deslavazado que o da primeira metade. As do Fisober volven a xogar ordenadamente, con criterio e non olvidan de atacar polas bandas as visitantes. Dirixidas por Nuria e Laura controlan totalmente as esteiranas. Pero en outro golpe de sorte, volve a marcar para o Atletes no minuto 28, Bárbara, poñendo o 3 a 1 no marcador. Tres minutos e medio máis tarde, marca o segundo gol para o Fisober, Sharay, iniciando o festival que se dou a partires deste momento. O Fisober sigue xogando ordenadamente e, con saída constante polas bandas, pon en apretos o Atletes, que a cada minuto que pasa mais desordenado se mostra. Pero chega o minuto 34 e medio, en un contraataque veloz, Ainoa, marca para as visitantes, poñendo o catro a dous no luminoso. A partir de aquí, o Fisober dá un verdadeiro recital. As visitantes non se encontran na pista, ata o punto de que se dá a curiosidade, de que pensan que están xogando contra una xogadora máis do Fisober, cando estas saen a xogar ca porteira xogadora. Un erro de marcaxe de Ana, permite a Sharay, de novo, poner o catro a tres no marcador, que sirve para envalentonar as do Fisober. O dominio e persistente, e no minuto 38 e medio volve Sharay a marcar o cuarto das locales e o terceiro na súa conta particular. As visitantes vense totalmente perdidas e, por sorte para elas, terminou o partido con empate, pero durase un minuto máis o partido tiveran logrado unha vitoria as locais. Sharay marcando un dos tantos do Fisober B ao Atletes Sharay marcando un dos tantos do Fisober B ao Atletes  

1ª Galicia, xornada 21

  • Resultado: Amarelle Concello Santa Comba - Cruces FSF (7-0)
  • Amarelle Concello Santa Comba: Vanesa, Lucía, Tania, Ge, Nuria (cinco inicial), Paula, Violeta, Tati, Leticia, Carla.
  • Goles: 1-0 Nuria (min. 1); 2-0 Nuria (min. 8); 3-0 Carla (min. 11); 4-0 Tati (min. 14); 5-0 Nuria (min. 22); 6-0 Nuria (min. 27); 7-0 Violeta (min. 39).

Na primeira parte, o partido comezaba co conxunto xalleiro enchufado e no primeiro minuto de xogo adiantábanse no marcador cun gol de Nuria. Xa coa vantaxe no luminoso, seguirían chegando as ocasións do Amarelle Concello de Santa Comba, pero o segundo gol non chegaría ata pouco antes da medianía do primeiro periodo cun novo tanto de Nuria. Co 2-0 no marcador, o partido seguía cun dominador claro e Carla poñía o terceiro no marcador pouco logo da medianía do periodo. O partido xa estaba encarrilado para as xalleiras, pero seguían buscando ampliar distancias e deste xeito chegaría o 4-0 por medio de Tati. Xa coa vantaxe de catro goles o partido iríase ao tempo de asueto.

Na reanudación, as locais volveron poñerse as pilas e en apenas dous minutos conseguiron volver ampliar a distancia co terceiro na conta particular de Nuria, que elevaba o marcador ata un 5-0. Pero a xogadora muxiana non se conformaría co hat-trick e pouco antes da medianía do segundo periodo poñería o cuarto na súa conta particular e subiría no luminoso o 6-0. Xa cunha vantaxe suficiente as xalleiras empezaron a relaxar o xogo ata que a falta de poucos segundos para a conclusión do partido chegaría o 7-0 definitivo, grazas a un tanto anotado por Violeta.

 

1ª Galicia, xornada 21

  • Resultado: Vila de Pondal - Meigas (10-1)
  • AD VILA DE PONDAL - CONCELLO DE PONTECESO FSF: Uxía, Ana, Martina, Alba e Nuria. Tamén xogaron: Saray e Vero.
  • Goles: Alba (4), Vero (2), Ana (2), Martina e Saray. Nerea paa as visitantes.

Contundente vitoria a do Concello de Ponteceso o pasado sábado, no que sentenciaron o encontro na primeira metade.
Saían moi enchufadas as pontecesanas, creando bo xogo e con xogadas de perigo dende o inicio. Os goles foron chegando moi cedo, e cuns 5 minutos de marea goleadora o marcador sinalaba 9-1 ao descanso.

 

2ª División Nacional, xornada 21

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - ADAE Simancas Onetec (1-0)
  • Viaxes Amarelle FSF: Pau, María Gómez, Mónica, Dolo, Patri (cinco inicial), Marta Hermo, Carmen, Martita, Inés, María Romeu.
  • Goles: 1-0 Dolo (min. 37).
Patri de cara celebrando o gol de Dolo co Viaxes Patri de cara celebrando o gol de Dolo co Viaxes

O Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Pili Costa, conseguiu regresar á senda da vitoria tras un intenso partido contra o ADAE Simancas Onetec e que se acabou resolvendo a tres minutos do final grazas a un gol de cabeza de Dolo, tras un pase de 30 metros de Carmen, e deixar o marcador nun 1-0 que volve dar tres puntos ás herculinas.

 

Máis información

 

Novas relacionadas

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios