FSF: O Viaxes non ten piedade do Fisober


Partido esperado o celebrado na Coruña entre o Viaxes Amarelle de Inés e Patri e seu ex equipo, o Fisober. Non deu opción o cadro herculino, dando conta da situación na táboa, e endosou unha goleada ás costeiras despois dun bo inicio de partido, pero unha serie de goles seguida entre o final da primeira metade e inicio da segunda foi suficiente para levar o partido.
Polo demais, na 1ª División Autonómica (antiga Liga Galega), as Centolas do Villa de Cee visitaban ao 2º clasificado, o Envialia Ourense. Fixeron un partidazo as Centolas, continuando a serie de decembro, no que gañaron 4 dos 5 partidos, e se metían cun 2-3 a favor ao descanso. Pero o choque se rompía deixando un 7-3 inxusto no marcador.
Os do Villa de Cee de 3ª, caían con rotundidade en casa por 1-5 ante o Academia Red Blue 5 Coruña FS, a pesar de facer unha gran primeira metade. Pero un gol no último minuto da primeira, e outro nos primeiros da segunda, fixeron que os costeiros baixasen os brazos.
En 1ª Galicia, o Concello de Ponteceso FSF vencía ao AD Atletes no derbi costeiro con resultado final de 3-0, cos goles de Ana (2) e Alba. Un resutlado que devolve ás pondalianas á 5ª posición.
Pola súa banda, o Amarelle Santa Comba seguen intratables tras sumar unha nova goleada ante oUlla Oil Vedra FSF (10-0), mantendo unha privilexiada segunda praza.
2ª División Nacional, xornada 16
- Resultado: VIAXES AMARELLE F.S.F. – FISOBER F.S.F. : 7-1.
- AMARELLE: Carmen, Patri, Inés, Martita, María Gómez ; tamén xogaron : Mónica, Dolo, Laura, Pau, Sheila, Sandra.
- FISOBER: Lía, Ana, Mai, Nuriña, Noe ; tamén xogaron : Andrea M., Ainho, Bárbara, Carla, Paula Fandiño, Taibo, Laura.
- Goles: 0-1 min 3 Noe, 1-1 min 15 Dolo, 2-1 min 18 Sheila, 3-1 min 19 Patri, (descanso), 4-1 min 21 Sheila, 5-1 min 22 Patri, 6-1 min 25 María Gómez, 7-1 min 28 Inés.

As costeiras afrontaban o derbi esperando as herculinas a media pista e buscando a contra, e así chegou aos tres minutos o gol de Noe que poñía por diante ao Fisober. Tocaba traballar para aguantar o resultado e seguir atopando ocos a contra. O bo traballo defensivo permitiu que foran pasando os minutos no electrónico e o resultado non cambiara. Pero cando quedaban cinco minutos para chegar ao tempo de lecer unha xogada individual de Dolo devolvía as táboas ao marcador. A pouco máis de dous minutos para o fin da primeira metade Sheila finalizaba unha xogada de saque de curruncho para poñer en vantaxe as herculinas e daba un forte golpe a moral das costeiras. Tan só un minuto despois a ex xogadora do Fisober, Patri, facía o terceiro e poñía moi costa arriba o partido para o Fisober. Con ese tres a un chegouse o tempo de lecer. Un gol de Sheila na primeira xogada da segunda metade matou definitivamente o partido e ao Fisober.
As costeiras xa non puideron con esa lousa. De novo Patri no minuto 22, María Gómez no minuto 25 deixaban imposible o partido. No 28 outra ex costeira coma Inés pechaba o electrónico.
Máis información
- Resultados e clasificacións en www.futgal.es.
Crónicas da tempada
- FSF: Solidariedade, premios e moitos goles na última xornada do 2017.
- Volvendo a casa para levar o premi.
- As Centolas do Semáforo collen o bo ritmo.
- O derbi provincial quedou en Santa Comba.
- Variedade de resultados.
- Ponteceso e Atletes afían a puntería.
- Confusión arbitral.
- O Fisober suma 3 cantos.
- Comezou a 1ª Galicia con derbi e debut.
- Cara e cruz na 2ª Nacional:
- Estirando un mal inicio de curso.
- Mal comezo.
- Só os homes do Villa de Cee comezan a temporada con sabor doce.
Novas relacionadas
- Tati, unha peza imprescindible na Selección Galega sub-18.
- As Miúd@s xa saben gañar.
- As Miúd@s e o Bergan comezaron a súa campaña na 2ª División Feminina.
- O Eleuterio Balayo acolleu a estra das Miúdas na Festa dao Fútbol Feminino da Costa da Morte;
- Comezou a tempada para o Fisober e para as Centolas:
- O Fisober volve sacar equipo B para dar máis cancha á canteira.
- FSF: Unha sabrosa Copa da Costa para pechar a temporada.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).