FSF: O Villa de Cee escapa tralo derbi
O Fisober acadou unha importante vitoria na pista do equipo que comandaba a clasificación e onde aínda ninguén o lograra na presente tempada. Quedan así as soneirás a só 5 puntos do liderado da Liga Galega.
Ademais, na Liga Provincial, a atención centrábase no desnivelado derbi celebrado en Cee. Non fallou o líder, o Villa de Cee que venceron con solvencia ás Roxiñas de Lira, e sacan xa 6 puntos ao grupo perseguidor. Por aí anda o Concello de Ponteceso, que voltaba á senda da vitoria tras dúas derrotas consecutivas. Ademais, as pechacancelas de Esteiro seguen mellorando, e cada día compiten mellor.
Liga Autonomica, xornada 10
- Resultado: F.S. MOAÑA – FISOBER F.S.F. (2-3<).
- FISOBER: Leti, Ana, Tamara, Inés, Paula Fandiño; tamén xogaron: Mai, Noe, Laura, Ale.
- Goles: 1-0 Sonia, 1-1 Inés, 1-2 Paula Fandiño, (descanso), 2-2 Kiko, 2-3 Noe.
O partido que supuña a despedida do conxunto moañés unha das súas xogadoras máis sobranceiras como é Kiko que volta a máxima categoría desta vez da man do Ponte Ourense. O duelo arrancou con bastante ritmo e con ocasións. Se os catro minutos era Ana a que poñía a proba a Abi, nese mesmo minuto era Kiko a que facía o mesmo ca visitante Leti, saíndo gañadoras en ambas ocasións as porteiras. Pero aos cinco minutos unha boa combinación local rematou con gol de Sonia que poñía por diante no marcador ó Moaña. Con este gol as moañesas comezaron a controlar o partido e sentirse máis cómodas. Pasábano mal as visitantes ante o dominio local, non eran os mellores minutos para as costeiras. Unhas locais que a pesares do dominio tampouco chegaban con moita claridade e si o facían atopábanse con Leti na portería. As costeiras foron sacudíndose o dominio local e a catro para o fin da primeira metade sacaron unha contra letal que serviu para que Inés igualara o partido. O gol fixo moito dano as locais que vían como solo un minuto despois unha falta na frontal era convertida en gol por Paula Fandiño para darlle a volta o electrónico e poñer as costeiras por diante. Co resultado de 1 a 2 chegouse o tempo de lecer.
Ana a capi do FisoberA volta dos vestiarios o partido xa trocara, as visitantes saíron cun maior empuxe despois de darlle a volta o resultado e sentíronse máis cómodas sobre a pista. Xa non sufrían e controlaban o partido. Aos seis minutos da segunda metade cando mellor estaba a xogar o Fisober chegou unha xogada de Kiko, que non quería despedirse da súa parroquia con derrota, para igualar novamente o electrónico. O gol volveu a igualar o partido e o xogo nun enfrontamento que podía caer de calquera lado. E de novo se inclinaría cara o lado visitante cando a nove para o fin Noe nunha xogada por banda sacaba un zurdazo para poñer en vantaxe o cadro costeiro. Respondían as locais cun tiro o trabe de Kiko.
Os últimos minutos estiveron cheos de emoción xa que o Moaña non quería perder os primeiros puntos coma local e o Fisober quería levalos para terras costeiras. Empuxaban as locais e tiñan perigosas contras as visitantes. De feito eran as visitantes as que tiñan as ocasións máis claras para pechar definitivamente o partido a pes de Inés ou Ana pero o gol non quería entrar. Co axustado dous a tres chegouse o fin do partido que se levou o Fisober nesta difícil pista grazas o seu gran traballo.
Liga Provincial feminina, xornada 8
- Resultado: FSF Villa de Cee - Concello de Carnota Lira FSF (4-0).
- Villa de Cee: Carla, Adriana, Alba, María de Dumbría e Andrea. Tamén xogaron: Vanesa (porteira), María Lijó e Marta.
- Roxiñas: Lía, Terre, Alba, Uxía e María. Tamén xogaron: Eva, Isa, Martina e Laura.
- Goles: 1-0: María de Dumbría; 2-0: María de Dumbría; 3-0: en propia (descanso); 4-0: Andrea.
Nova e inexcusable derrota das Roxiñas esta semana no pavillón de Cee ante as líderes da categoría nun dos derbis costeiros. Ás 16.30 dábanse cita as de Cee cas de Lira na casa, ante unhas 80 persoas.
Se ben o partido comezaba con dúas accións lirachas, a partir de aí, as Roxiñas desapareceron do partido. Antes, unha combinación de Uxía e María que rematou en falta ó borde da área, mentres que Alba na puido aproveitar e acabou nas mans de Carla.
Tomou o mando o cadro local que que ante o seu público quixo demostrar por que e o Líder da Liga, dominaba o xogo, creaba ocasións de gol e non sufría en defensa, con este guión non tardaron en chegar os goles dous de María de Dumbría e un na propia meta da rapazas do Carnota Lira, rematando a primeira parte cun 0-3 para as ceenses. O primeiro gol foi un saque de banda no que María de Dumbría esperaba en boca de gol para rematala. Seguía o partido e as Roxiñas seguían con un ataque nulo, e unha defensa frouxa. E así, unha vez máis María de Dumbría conseguía anotar o 2-0 para o Cee. Mais para as rapazas de Cee non era suficiente, pois marcaron o terceiro gol, que desafortunadamente lle tocou a Martina antes de entrar na portería de Lía.
Na segunda parte tentaron presionar máis arriba as Roxiñas, pero o Cee abría campo e tocaba con calma. Anotaban o definitivo 4-0 por medio de Andrea. As Roxiñas seguían cas ideas turbias en ataque e un pouco mellor en defensa, mais non valeu de nada.
Cabe destacar a deportividade no campo por ámbolos dous equipos, xa que non foi un partido bronco, a pesar de ser un derbi. As rapazas de Cee levaron un partido que non xogaron brillante, pero si mellor que as Roxiñas, xa que tiveron o control do balón en todo o partido e foron as únicas que atacaron con claridade.
Liga Provincial feminina, xornada 8
- Resultado: Cruces FSF - Concello de Ponteceso FSF (0-3)
- A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Aniña, Carmen, Zeltia e Sandra - tamén xogaron – Carla, Martina, Elsa e Cintia.
- Goles: 0-1.- Carmen (min.7); 0-2: Carmen (min.17); 0-3: Cintia (min.18).
Comezou o Ponteceso intentando saír co balón xogado dende o primeiro momento e presionando arriba cando as locais tiñan o balón. Sandra faría o primeiro disparo a porta, pero despexou a porteira. Pese a ter o control as visitantes, terían unha boa oportunidade para adiantarse no marcador as de Cruces, cun tiro a portería dun saque de banda que vai ó longueiro.
A boa presión das pontecesanas surxiría efecto e, no minuto 7 do encontro, nunha boa presión de Carmen, esta rouba o balón e consigue o primeiro tanto para o Ponteceso.
Mandaban ó balón arriba seguido as locais intentando sorprender ás costas das pondalianas, pero estarían atentas as visitantes e non conseguirían sorprender. Intentaba Cintia ampliar a vantaxe para as de Ponteceso, pero desviaría a porteira. Sandra tamén tería ocasión tras unha xogada individual pero o balón iría fóra. Seguía presionando arriba e saíndo co balón xogado cando tiñan a posesión as da vila de Pondal. A porteira desvía a córner un tiro de Carmen e no saque de mesmo, era Carmen quen sacaba facendo que o balón batese na porteira e entrase, facendo o segundo para o seu equipo.
Cintia poñía o terceiro no luminoso cun bonito tiro despois dun roubo de balón no saque de meta. Ana probaba cun disparo lonxano, pero despexaba a defensa. Probarían cun tiro de falta as de Cruces no último segundo, pero Melani despexaba no momento en que soaba a bocina, indo cara os vestiarios co 0-3.
No segundo período sairon intentando xerar ocasións as locais, pero chegaban sen perigo. Probaban con tiros lonxanos, pero todos ían lonxe da portería. Seguían saíndo co balón xogado as xogadoras de Barca e Curro e probando tamén con disparos lonxanos. Carla tería unha ocasión tras unha xogada combinativa, pero sería rexeitado pola meta local. Pero non se daban por vencidas as de Cruces, que o seguían intentando con balóns largos e tiros de lonxe e incluso mandarían outro balón ó longueiro. Subiron a presión as locais chegando con máis perigo, pero sen conseguir acortar distancias. Carmen tamén tería unha ocasión clara que desviarían a córner. As ocasións máis claras do Cruces serían de dous tiros de castigo, pero Melani pararía os dous disparos. Remataría o encontro cunha última xogada a favor do Ponteceso e co 0-3 no luminoso.
Vitoria para o Concello de Ponteceso despois de dúas derrotas consecutivas, e puntos importantes para non descolgarse na clasificación.
Liga Provincial feminina, xornada 8
- Resultado: A.D. Atletes FSF – Academia RedBlue 5 Coruña FS (0-3).
- A.D. Atletes FSF: Alba; Cris; Sara; Marta; Bárbara; Antía; Ana; Mariña (PS).
Empezou o partido no Pavillón Municipal de Esteiro entre o Atletes e o 5 Coruña, gardando un minuto de silencio polo falecemento, o xoves 19, de José Creo (Cachiño). Antiguo gardameta do Esteiro e Presidente de Honor da Sociedade Deportiva Esteirana.
O Atletes presentábase a este partido cas lesións de Sandra, por enfermidade, e a porteira titular Mariña, por lesión. Actuou de gardameta a xogadora Alba. Excelente actuación de Alba.
Empezou con control do partido o 5 Coruña, sobre todo pola veteranía, experiencia e clase das súas xogadoras. O Atletes tiña que facer gran esforzo en tratar de conter os ataques ben trenzados das coruñesas. Entre a boa atuación da porteira Alba, e as axudas permanentes de Bárbara en Antía en defensa, as esteiranas lograban sacudir o dominio do 5 Coruña.
Unha vez pasado o ecuador da primeira parte, e xa con 2 goles a favor das de Coruña, o Atletes, pouco a pouco, foise asentando no partido, e lograba seguridade en defensa e iniciar algún contraataque a portería das coruñesas. Casi todos os ataques das esteiranas eran desbaratados ou frenados pola magnífica actuación da cierre Leny.
Durante a segunda metade deste partido, o Atletes fixo a súa mellor atuación dende o inicio da competición. Muy disciplinado en defensa e muy sacrificado no marcaxe das xogadoras coruñesas, a pesares de que, pola maior clase e veteranía destas, non conseguía chegar con facilidade e perigo a portería do 5 Coruña. A pesar de que o Atletes recibiu un gol mais, nesta segunda parte, saiu satisfeito e ca ilusión de que a medida que transcurra a competición vaian mellorando as súas actuacións.
Segunda División Estatal feminina, xornada 8
- Resultado: ADAE Simancas Codesu - Viaxes Amarelle FSF (1-5)
- Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Laura Tesouro, Patri, María Gómez, Dolo (cinco inicial), Lago, María Romero, Ana, Xiana, Oli, Sandra (portera suplente).
- Goles: 0-1 Laura Tesouro (min. 2); 0-2 Laura Tesouro (min. 3); 0-3 Laura Tesouro (min. 6); 0-4 María Romero (min. 16); 0-5 Carmen (min. 33); 1-5 Mónica (min. 35).
O Viaxes Amarelle FSF non deu concesións ao seu rival no que era un duelo entre os dous únicos equipos invictos da categoría ata a data. As herculinas empezaron forte e aos seis minutos de xogo xa levaban unha vantaxe de 3 goles sobre o ADAE Simancas Codesu. Tralos corenta minutos, as herculinas conseguiron os tres puntos ao impoñerse por un claro marcador de 1-5.
A costeira Patri formou no 5 titular e segue sendo peza clave no equipo herculino.
Máis información
- Resultados da Liga Galega Feminina.
- Clasificación da Liga Galega Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Feminina.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Masculina.
Crónicas da temporada
- FSF: Só o Vila de Cee responde e mantén o liderado.
- .
- FSF: Cee disfruta do Fútbol Sala.
- O Vila de Cee aséntase no liderato a costa do Ponteceso FSF.
- FSF: Cee volveu vibrar coa familia do fútbol sala ao completo.
- Líderes costeiras.
- FSF: Os mozos de Cee comezan gañando.
- O FSF xa arrincou ao completo.
- FSF: O Fisober gaña por fin na casa tras dous anos de maldición.
- FSF: O Fisober arrincou na Liga Galega mentres Ponteceso, Atletes, Lira e Vila de Cee póñense a punto.
- A Xente do San Cristobal asume o mando da Liga de FS de Cee.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Fútbol Sala costeiro volve ter equipo masculino.
Outras novas do FSF
- A muxiá Eva, campiona da Supercopa de España de FSF.
- Patri fixo de verguda do Fisober na final da Copa Deputación.
- FSF: O Fisober di adeus á categoría estatal a pesar da gran Marea Nejra.
- O Ponteceso FSF pecha unha grandísima temporada co subcampionato da Copa Provincial.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Ponteceso xa é novo equipo da Liga Autonómica.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).