FSF: Os homes do Vila de Cee apuntan alto
11:15 22/11/16
Os homes do Vila de Cee seguen moi fortes na Liga Galega
Na 2ª División, chegaba a Dumbría un recén descendido dende a División de Honra e un dos favoritos ao ascenso o Orvina de Pamplona, que se atopou cunha gran versión do Fisober que quizais mereceu puntuar, nun partido moi igualado e disputado.
No Grupo IV o Viaxes Amarelle de Patri sufría a primeira derrota do curso.
Pola Liga Galega, se as mozas do Semáforo lle tocaba descansa, os homes de Mira Llopis trouxeron de Arzúa tres puntos moi importantes que dan confianza e gañas para a vindeira semana recibir o Culleredo, líder e aspirante ó título, que está 5 puntos por diante.
Xa na Provincial, O Ponteceso endosaba a primeira derrota para A Fervenza, e sumaba 3 puntos que o deixa como único equipo invito ata o momento da categoría, na 5ª praza a 2 puntos do líder pero con 2 partidos menos.
Pola súa banda, o Atletes non puido estrear o taboleiro de puntos nun choque que, a priori, podería ter sido factible, pois o Meigas conseguía sumar a súa primeira vitoria do curso en Esteiro.
2ª División Femenina – Grupo I, xornada 9
Leti e Noe
- Resultado: FISOBER F.S.F. – LACTURALE GURPEA ORVINA (1-2).
- FISOBER: Leti, Ana, Paula Fandiño, Inés, Noe; tamén xogaron: Mai, Bárbara, Tamara.
- Goles: Chegouse con igualada a cero o descanso. 0-1 min. 21 Iraia, 1-1 min 26 Noe, 1-2 min 33 Yarima.
Noe foi a autora do gol do Fisober
Arrancou o partido sen un dominador claro con dous equipos tanteandose e buscando o seu sitio sobre a pista. Non había moitas ocasións e si as había aparecían as porteiras para desbaratalas. De feito a ocasión máis clara da primeira metade foi para o Fisober cun lanzamento de Paula Fandiño que se foi o pau. Seguiron pasando os minutos dun partido emocionante e vibrante pero o electrónico non se movía. Coa igualada a cero inicial chegouse o tempo de lecer.
Á volta de vestiarios todo cambiou xa que no primeiro minuto da segunda metade era a visitante Iraia a que poñía en vantaxe as navarras. Un gol a saída de vestiarios desfacía o gran traballo local da primeira metade. Pero non se renderon as costeiras. E de feito no minuto seis desta segunda metade era a local Noe quen de lanzamento cruzado poñía de novo as táboas no marcador. Volvía a igualar o partido o Fisober e chegaban as esperanzas de puntuar ante un rival tan difícil. Os minutos foron pasando. Ata que a falla de menos de sete para o fin puido cambiar o rumbo do partido pasouse dunha clara ocasión local por medio de Inés que Irati conseguía salvar a unha contra que rematou cun lanzamento de Yarima poñía o un a dous a prol das navarras. O gol xeaba as ilusións do Fisober, que pasou polos peores momentos do partido. Pero foi quen de aguantar o temporal e que non chegase outro gol que pechase definitivamente o partido.
Nos últimos minutos tentou de novo a igualada e deixar algún punto na casa. Incluso con saída de xogo de cinco pero non foron quen xa as costeiras de igualar un partido no que deixaron unha gran imaxe.
Liga Gallega Masculina Norte, x.10
- Resultado: Chacala Arzúa F.S. - FSF Villa de Cee (Clínica A Xunqueira) (3-7).
- Villa de Cee: Bruno, Marroco, Perce, Hidalgo e Miguelón. Xogando tamén Aitor, Jose Antonio, Mario , Rober, Santi, e Gaby.
Tocou viaxar esta xornada os homes de Mira Lloplis, a terra do queixo, Arzúa. Complicado partido para os ceense ante un conxunto rocoso e que non se dou por vencido ata os intres finais do encontro. Adiantábase o Villa por medio de Marroco que encarou o porteiro e cun sutil toque superábao. Os poucos minutos empataría o rival, pero nos finais da primeira parte Mario, marcaría o 1-2 de dobre-penalti.
A 2ª parte seria de dominio alterno entre os dous equipos e intercambiábanse os goles por parte do Villa Marroco de novo e Rober e mantendo a vantaxe o Villa e mesmo o Arzua fallou un penalti para empatar, e xa faltando dous minutos os Ceenses sentenciaron o partido, gol de Miguelón de penalti e o contrario a desesperada saíndo de 5 recibiu goles de Mario e do porteiro Bruno quedando definitivamente o resultado de 3-7.
As estrelas son 3* para Perce, traballo e lectura de partido impresionante, 2* Marroco, collendo confianza e vendo portería con facilidade, 1* Mario, dóbrete e dando pausa nos momentos necesarios.
Os ceenses perderon ocasión para facer un #ManequiChallenge:
[fbvideo link="https://www.facebook.com/226756067478652/videos/708599142627673/ " width="660" height="660" onlyvideo="1"]
Liga Provincial Feminina, x.8
- Resultado: Concello de Ponteceso FSF - Comarcal A Fervenza FSF "B" (1-0)
- A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Ana, Carmen, Verónica e Nuria - tamén xogaron - Sandra, Chus e Martina.
- Goles: 1-0 Martina (min.17)
Liga Provincial Feminina, x.8
- Resultado: A.D. Atletes - F. C. Meigas (2-6)
- A.D. Atletes FSF: Mariña (P); Julia; Sara C (1); Marta (1P); Martina; Alba (1); Antía; Ana; Sara; Ainoa.
Partido presenciado por bastantes espectadores, que aproveitaron a tarde invernal para presenciar o encontro entre as Meigas e o Atletes. Tres cuartos de entrada, que supón bastante público para un encontro desta categoría. Comenzaba o encontro co Atletes tratando de conter as Meigas que mediante combinacións frecuentes tratan de desbordar as de Esteiro. Defendíanse con apuros as de Esteiro, e cando ía tres minutos, nun saque de esquina, Ana cede atrás a Sara C, que desde fora da área, por alto, logra o primeiro tanto do partido. As Meigas reaccionan, e ós sete minutos, nun barullo na portería do Atletes, Teresa logra o empate para as Meigas. As de Bertamiráns apretan, e dous minutos máis tarde, póñense por diante, o marcar o segundo gol, Sara, con un tiro desde fora da área que colle desprevenida a porteira das de Esteiro. As de Esteiro piden tempo morto para conter o vendaval, pero non son capaces de frenar as Meigas, que mediante combinacións masivas, e constantes desdoblamentos asfixian as esteirás.
Ós vinte minutos, Iria, marca o terceiro gol para o seu equipo, e ós dezaoito e medio, volve a marcar para as Meigas, Nerea, dando o final a ésta primeira parte. As de Esteiro neste primeiro tempo conseguiron chegar en algunas ocasións a portería das Meigas con contraataques, pero sempre individuais, por medio de Alba, que hoxe non tuvo o seu día, e Ainoa, que debutou por primeira vez cas de Esteiro.
O comenzo da segunda metade repetiuse, como non podía ser menos, o que sempre lles ocurre, en todos os partidos, sen excepción, ás esteirás. Cando só ían 49 segundos, Marta, nunha xogada desgraciada, marca o quinto gol na súa propia meta. A partir de aquí, o Atletes transfórmase, e facendo alarde de garra e gañas, así como condición física, logra conter as Meigas. Sufrindo, pero con orde e gañas, igualan en xogo ás de Bertamiráns, ata que no minuto catorce logra marcar Alba o segundo gol para o seu equipo. Porén, cando faltaban dous minutos, marca o definitivo 6 a 2, Nerea.
En resumen, as Meigas foi superior, xogadoras con bo sentido do fútbol sala, con combinacións contantes, con xuventude e, sobre todo con intensidade e gañas, algo do que carecen as de Esteiro durante moitos minutos. Só se poderían salvar destas condicións dúas xogadoras, pero no sería xusto salvar a ninguna xogadora do virus da desidia do que están infectadas as de Esteiro.
2ª División Femenina – Grupo IV. Xornada 9
- Resultado: ADAE Simancas FSF - Viaxes Amarelle FSF (3-1)
- Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Patri, Dolo, Lago, Alba (cinco inicial), Martita, Sheila, María Gómez, Xiana.
- Goles: 1-0 Ana (min. 2); 2-0 Nerea (min. 29); 2-1 Alba (min. 29); 3-1 Rocío (min. 32).
Patri co Viaxes
O Viaxes Amarelle FSF non tivo o seu día na finalización e acabouno pagando moi caro, cedendo a primeira derrota da tempada ante un ADAE Simancas FSF que sorprendeu por completo ás herculinas e acabou quedándose cos tres puntos en casa ao impoñerse no marcador por un 3-1.
En conclusión, partido onde as herculinas mandaron co balón, pero non acertaron co gol, mentres que as locais cunha maior definición de face a porta acabaron conseguindo os tres puntos, e infrinxindo a primeira derrota da tempada ao Viaxes Amarelle FSF.
Máis información
- Resultados da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Clasificación da da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Resultados da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
- Clasificación da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
Novas relacionadas
- O Futbol Sala Feminino tamén está comprometido ca bisbarra.
- Fisober, Vila de Cee e Ponteceso protagonizan unha gran xornada costeir.
- Xornada para esquecer.
- As mozas do Semáforo xa saben gañar na Autonómica.
- O pavillón de Fisterra volveu gozar do fútbol sala.
- Xornada de grandes vitorias a domicilio.
- Arrincou a tempada con malos resultados pero moita ilusión.
- Unha furgo chea de ilusión… e de goles.
- O Fisober ponse a punto en Moaña.
- O Vila de Cee non puido con todo un Viaxes Amarelle.
- O Fisober arranca a tempada 2016/2017.
- Un Vila de Cee de Ferro.
- O Fisober volve á 2ª División Nacional.
- FSF: Triplete ceense, con suspense, para pechar un ano inmellorable.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).