Sábado. 18.05.2024
El tiempo

FSF: Ponteceso FSF e Amarelle Santa Comba quentan para o derbi de 1ª Galicia

FSF: Ponteceso FSF e Amarelle Santa Comba quentan para o derbi de 1ª Galicia
Ines Suarez ca Seleccion Galega sub21 Inés Suárez, segunda pola dereita na fila de abaixo, ca Selección Galega sub21 Descansaban as ligas de 2ª División Nacional e de 1ª Autonómica pola disputa ds campionatos de España seleccións. Alí estivo a camellá do Viaxes Amarelle Inés Suárez, participando coa Selección Galega Sub-21, que caía nas semifinais ante Cataluña por 5-2. Non puido xogar a xogadora costeira pero si que disfrutou dunha fantástica viaxe xunto co seu ex adestrador no Fisober, Fran Toba, xefe de expedición da man como representante da FGF. Si que se celebrou a 17ª xornada da 1ª Galicia, que deixou un interesante derbi entre Fisober B e Ponteceso, que rematou cunha demasiado abultada vitoria visitante, que deixa ás pondalianas na 4ª posición da táboa clasificatoria. As que seguen sen parada son as do Amarelle Santa Comba, que ratifican a súa 2ª praza aproveitando un partido que tiñan aprazado. A semana que vén, o sábado 3 as 20:00h, o Municipal de Ponteceso acolle un fantástico Vila de Pondal-Amarelle Santa Comba, que pode meter ás pontecesás na loita. Non tiveron tanta sorte as do Atletes, que volvían perder tras un empate e unha vitoria.  

1ª Galicia, 17ª xornada

  • Resultado: Fisober FSF B - Concello de Ponteceso FSF (1-6).
  • FISOBER FSF: Marta, Alba, María, Nuria e Laura - tamén xogaron - Sharay, Gisela, María e Uxía.
  • AD VILA DE PONDAL - CONCELLO DE PONTECESO FSF: Uxía, Ana, Martina, Alba e Saray - tamén xogaron - Verónica.
  • Goles: Uxía. Alba (2), Ana (2), Martina e Saray.
O Ponteceso segue facendo unha gran campaña Comezaba o encontro poñéndoselle de cara xa ó conxunto pontecesán, pois Ana adiantaba ó seu equipo cun disparo nunha xogada de banda con apenas 20segundos do tempo transcurrido. Pese á rapidez do gol, non se viñeron abaixo as locais, que respondían cun disparo que enviaba Uxía a córner. Nos primeiros minutos dispoñían de varias ocasións as pontecesanas, sendo todas desviadas pola porteira. Pero co paso do tempo, o encontro era de idas e voltas, con ambos conxuntos cometendo erros tanto en defensa como en ataque e sen ter un dominador claro do xogo. Probaban as visitantes Alba e Vero con tiros lonxanos que saían altos e Martina mandaba un remate de cabeza ó pau. Tamén dispoñerían de dúas boas ocasións as locais, cun balón que mandaban ó pau e outro que era despexado pola meta pondaliana. Pero chegarían ó descanso co 0-1 no luminoso. De volta dos vestiarios sairían a por todas as xogadoras locais, subindo as liñas da presión e tendo o control do xogo durante os primeiros 7 minutos. Nese tempo de dominio chegarían as ocasións, seguidas do gol do empate logrado tras un roubo do balón na frontal da área. Foi tras este tanto cando comezaron a espabilar as xogadoras de Curro, que pouco a pouco se foron asentando no partido, pasando duns minutos de idas e voltas a ter o control do mesmo ó igual que as máis claras ocasións. A primeira sería outro balón ó pau, desta vez por un tiro de Ana, e xa o seguiría o gol de Alba que volvía poñer por diante no marcador ás pondalianas, rematando dende a frontal con tanta forza que o balón batía no pau de atrás da portería e volvería rexeitado para o campo. A partir de aí chegou o asedio pontecesán. Martina faría o 3º rematando de cuchara un bo pase de Uxía desde a portería. Alba e Verónica probarían con tiros dende a frontal que serían desviados. Saray convertía o 4º tanto finalizando unha contra comezada por Martina. Non deixarían de intentalo as dumbriesas, que probaban sobre todo con tiros lonxanos, sen moita dificultade para Uxía. Seguirían as ocasións do Ponteceso e Alba sumaba o segundo na súa lista cunha xogada individual tras roubar o balón na liña de córner. Quedaban todavía 5 minutos para a finalización do partido e non deixaban de intentalo ambos conxuntos. As locais vían que xa apenas dispoñían de oportunidades de gol, polo que seguían probando con algún que outro disparo desde a frontal. Pola contra, as da vila de Pondal seguían chegando á portería contraria. Ana facía o 6º e último tanto rematando no segundo pau un rexeite da porteira. Non sería esta a última ocasión, pois poderían sumar un gol máis, pois Saray enviaba un bo balón ó segundo pau, pero non encontraba rematador ese balón, que se pasearía dun lado ó outro do campo.  

1ª Galicia, xornada 4

  • Resultado: Amarelle Concello Santa Comba - Melide FSF (7-3).
  • Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Ge, Tati, Nuria, Carla (cinco inicial), Lucía, Tania, Paula, Violeta, Leticia, Vanesa.
  • Goles: 1-0 Ge (min. 1); 2-0 Tati (min. 4); 3-0 Nuria (min. 9); 4-0 Nuria (min. 15); 4-1 María (min. 19); 5-1 Carla (min. 22); 6-1 Carla (min. 23); 6-2 Sandra (min. 33); 7-2 Violeta (min. 35); 7-3 María (min. 39).
Amarelle-Concello de Santa Comba O Amarelle Concello de Santa Comba mantén a 2ª praza Partido aprazado da xornada 4, que permite ás xalleiras afianzar a segunda posición. Na primeira parte, o conxunto local arrincaba coa mente e o corpo de cheo no partido conseguindo adiantarse no primeiro minuto de xogo grazas a un tanto de Ge. As xalleiras con vantaxe no marcador, non baixaron o ritmo, e conseguiron aumentar a vantaxe ao 2-0 grazas a un gol de Tati aos catro minutos de xogo. O Amarelle Concello de Santa Comba seguía dominando o encontro, mentres que as visitantes intentaban recortar distancias, pero Nuria transformaría o 3-0 aos nove minutos e deixaba o partido de face para as locais, e máis aínda cando a falta de cinco minutos para o tempo de asueto Nuria repetía para poñer o 4-0 no luminoso. O partido estaba encarrilado e os tres puntos víanse xa en en casillero, pero as visitantes deron un aviso recortando distancias a poucos segundos de irse ao descanso cun tanto de María, que poñía o 4-1. Na reanudación, as locais saíron enchufadas ao encontro e en menos dun minuto conseguiron Carla conseguiu anotar dous tantos para ampliar a renda ata o 6-1. Cunha vantaxe suficiente o partido foise relaxando e igualando por tramos, ata que a falta de sete minutos, o Melide FSF conseguía recortar de novo distancias cun gol de Sandra, pero o Amarelle Concello de Santa Comba reaccionaba cun novo tanto para manter as distancias por medio de Violeta e deixar o 7-2 no marcador a cinco minutos do final do encontro. O encontro estaba máis que finiquitado, pero o Melide FSF non se rendeu e seguiu buscando o gol, o que conseguiu no último minuto de xogo por medio de María, para deixar no luminoso o definitivo 7-3.  

1ª Galicia, 17ª xornada

  • Resultado: Ulla Oil Vedra - Atletes Esteiro (6-2)
  • Atletes FSF: Julia (P); Laura (1); Cris; María; Bárbara; Antía (1); Ana; Sara; Ainoa; Mariña (PS).
Non tivo sorte o conxunto esteirán que se deixou uns puntos fantásticos ante un rival ao que puido ter alcanzado na táboa pero que, tras esta vitoria, escapa.

Partido para esquecer para as costeiras. Para empezar, o partido púxose para as 11:00 do domingo, co cal as de Esteiro tuveron que salir do seu domicilio ás 8:30h da dunha extremadamente xélida mañá. Ademais, á chegada tiveron que agardar 45 minutos conxeladas a que abrisen as portas do pavillón.

O partido empeza co Atletes facendo presión en primeira liña, o que facía que as de Vedra lles costase chegar a porta das esteiranas. Despois de que Laura, a porteira de Vedra abortara varias ocasións do Atletes, en un tiro desde 15 metros, Ainoa, a goleadora do Vedra, aproveitaba un erro da meta do Atletes para abrir o marcador poñendo por diante as de Vedra.

Dous minutos máis tarde, nunha xogada sin aparente perigo, volve a marcar Ainoa, para o Vedra, poñendo o marcador nun dous a cero para as locais. O Atletes sigue presionando e no minuto 16 e medio marca Antía para o Atletes. Con este marcador de dous a un para o Vedra chégase o descanso do partido.

Na segunda metade cambia totalmente a situación do encontro, tanto para o Atletes coma para o Vedra. O Atletes descomponse totalmente e o Vedra pasa a controlar absolutamente o partido. As de Vedra, equipo máis veterano pero con máis clase, domina o Atletes, equipo máis novo pero carente de fondo físico e descontrolado totalmente na pista.

A pesare de que as esteiranas chegaban con facilidade a través de rápidos contraataques á portería do Vedra, Laura, a figura indiscutible do partido, non permite que a pelota entre na súa portería. Así van chegando os goles do Vedra, que sin aparente esforzo leva o partido o seu favor. Todo esto acompañado pola humillación que o árbitro do encontro aplicou sobre o equipo de Esteiro.

Máis información

 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios