Sábado. 18.05.2024
El tiempo

FSF: Solidariedade, premios e moitos goles na última xornada do 2017

FSF: Solidariedade, premios e moitos goles na última xornada do 2017
O Fisober colaborou coa Pergoliña para axudar a unha familia de Camelle Cun ollo posto na participación coa Selección Galega Sub18 da mazaricá do Amarelle Santa Comba Tati, o Fútbol Sala Feminino tivo unha activa, premiada e solidaria fin de semana. Fisober e Villa de Cee recolleron os premios de Piratas de Honra da Peña Deportivista Piratas de Muxía. Ademais, o club dumbriés celebraba unha xornada solidaria recollendo alimentos para a Asociación A Pergoliña de Camelle, que vai mercar unha casa para unha familia. No deportivo, mala xornada, a 13, para o Fisober ante o líder da 2ª Nacional. As que non fallaron foron as Centolas ante o pechacancelas e suman xa 11 puntos no remate da primeira volta conseguindo escapar xa case definitivamente dos postos de descenso. Non tiveron tanta sorte os seus compañeiros do Villa volveron caer pola mínima. Na 1ª Galicia (antiga Provincial), houbo derbi, e o Atletes non tivo piedade do Fisober B. Ademais, o Amarelle Santa Comba, sen Tati, segue a súa serie de 6 vitorias seguidas, e alcanza no segundo posto a un Troula que descansaba e que ademais conta cun partido máis. Venceu tamén o Ponteceso, cun fermoso gol de Saray no último suspiro, e ascende á 5ª posición.  

2ª División Nacional, xornada 13

  • Resultado: A.D. ALCORCÓN “B” F.S.F. – FISOBER F.S.F. (10-0).
  • FISOBER: Andrea M., Ana, Paula Fandiño, Noe, Ainho; tamén xogaron: Taibo, Carla, Bárbara, Mai, Lía.
A xornada 13 non foi boa para o Fisober e o resultado deixa clara a superioridade do equipo madrileño que amosou ser con creces o mellor equipo da competición a día de hoxe. Aguantou 10 minutos o Fisober sen recibir, pero pronto se rompería o partido chegando con 3-0 ao descanso e completando a goleada na segunda.  

1ª División Autonómica, xornada 13

  • Resultado: Hotel O Semáforo - Villa de Cee FSF - Red Blue 5 Coruña (3-1)
  • O Semáforo: Adriana, Alba Cambeiro, María Lijó, Andrea e Goretti; Tamén: Paula, María, Marta, Alba Trillo e Alejandra.
Xogaban como locais as Centoliñas, aínda que por ocupación do pavillón de Cee tiveron que xogar en Fisterra ante uns 80 seguidores. Dende o primeiro minuto de xogo foron a polo partido, dominaban o xogo e non sufrían en defensa. Moi ben as rapazas de Santi, as cales recibirían premio no minuto 6 cun golazo de Goreti que sorprendeu dende lonxe a porteira do 5 Coruña cun trallazo que entrou pola escuadra. Seguiron dominando aínda sen conseguir marcar de novo daba a sensación de que tiñan o partido totalmente dominado, índose o descanso co 1-0 a favor. Xa no comenzo da 2ª parte de novo marca Goretti, o 2-0 que daba tranquilidade ao equipo, que seguía a facer ben o seu traballo. Intentouno o 5 Coruña, poñendo algo mais de intensidade, as ceesas ben cerradas en defensa conseguían saír a contra e no minuto 34 unha boa presión de Alba Cambeiro consegue roubar o balón e poñer un moi bo pase para que a Infantil Alejandra conseguise marcar o seu primeiro gol co equipo. Co 3-0 todo parecía sentenciado e as do 5 Coruña intentárono saíndo de 5, e conseguindo xa cara o final o gol para quedar xa definitivamente o resultado de 3-1. As estrelas desta xornada son: 3* Goreti, dous goles, marca da casa ca xua espectacular zurda. 2* Alejandra, o seu primeiro gol en Autonómica unha infantil que esta a dar un paso adiante neste equipo. 1* María Lijó, moi bo partido da de Sardiñeiro, a cal en todo momento estivo tirando do carro en pro das súas compañeiras.  

3ª División Nacional, xornada 14

  • Resultado: Santiago Futsal B - Vila de Cee FSF (3-2)
  • Villa de Cee: Bruno, Ángel, Aitor, Javi e Cristian; Tamén: Santi, Pablo Edu, Miguel e Jose.
Xornada complicada para os ceeses cun partido moi igualado e onde de novo os protagonistas foron o trío arbitral que volveron complicarse a vida nun partido tranquilo. Un choque igualado, sempre con resultado axustado e no mellor momento que estaban os ceeses, aínda perdendo co resultado de 3-2, Marroco recibe unha 2ª tarxeta amarela moi rigorosa e que supuxo a expulsión e obrigaba o equipo a sufrir 2 minutos con tres xogadores na pista. Defenderon moi ben esta situación os homes de Llopis, e xa cando faltaba 1 segundo para rematar o tempo de 2 minutos con tres, pitan un penalti inexistente. A partir de aí houbo lío, e as protestas dos costeiros provocoulles dúas novas expulsións para rematar o partido.  

1ª Galicia, xornada 10

  • Resultado: Atletes Esteiro - Fisober B (12-2)
  • Fisober, FSF.:María Pérez; Nuria; Lucía; María; Serena (2); Andrea; Gisela.

  • A.D. Atletes FSF: Mariña (P); Laura (3); Cris (1); María (1); Leti (1); Marta; Martina (2); Antía (3); Ana; Ainoa (1).

Quedou o derbi en Esteiro ante un Fisober B que se mantén moi abaixo na táboa. O equipo de Fisober presentouse en Esteiro cunh plantilla noviña e moi xusta, pero con ganas e ilusión de sacar algo positivo de Esteiro. Saía o Atletes presionando as de Dumbría, e sen ter dominio claro, xa aos 30 segundos do partido, nunha xogada embarullada na área do Fisober, o balón entra mansamente na portería impulsado por Martina. Este gol non fai mella nas rapazas do Fisober, que sorprenden as de Esteiro, o atacar con cinco xogadoras, facendo uso de porteira xogadora. As esteiranas descompóñense, e vense sorprendidas pola táctica das de Dumbría, que con xogo de cinco, e moi abertas nas bandas, descontrolan as de Esteiro, e no minuto 4, Serena, en un fallo da defensa do Atletes, iguala o marcador. Este gol anima as de Dumbría, e éstas siguen usando a mesma táctica. Cóstalles as de Esteiro asimilar este sistema de xogo, e pasados 2 minutos volve a marcar o Fisober, adiantándose no marcador. Gol marcado de novo por Serena. O Atletes tira de pacencia, e pouco a pouco vaise asentando no partido. Saiu a debutante María, xunto con Ainoa a pista, e o xogo das esteiranas cambia por completo. María, con clase e velocidade, e Ainoa con derroche físico e tamén velocidade, consiguen que as visitantes, non sexan capaces de controlar o vendaval que sufren con acoso constante e perigo que estas dúas xogadoras levan a porta de María, porteira do Fisober. Chegado o minuto dez, unha gran xogada de María na área do Fisober consigue empatar o partido: 2 a 2. Dous minutos máis tarde, a capitana das esteiranas, Cris, o saque magistral dunha falta o borde área, marca o terceiro gol para o Atletes. O dominio xa se fai abrumador para o Atletes, e o Fisober, con algunas xogadoras de calidade, pero con corto banquillo, xa se ve impotente para conter as de Esteiro, que dispuxeron neste partido con amplio banquillo que lles fixo facer cambios constantes, salindo sempre xogadoras de refresco que se notou no xogo do partido. Nesta primeira metade, volveu a marcar Laura, unha das destacadas do Atletes, nos minutos 17 e 18, marcando Antía no 17,30, chegando o descanso con marcador de 6 a 2 para as locales. Na segunda metade o dominio foi das de Esteiro, marcando Antía 2 goles, o segundo dela desta parte, dunha beleza extraordinaria, que delata una clase e visión de xogo non frecuente en xogadoras deste nivel. Gol fantástico. Laura volveu a marcar o seu terceiro; e Ainoa, Leti e Martina deixaron o marcador en 12 a 2 para as locales.  

1ª Galicia, xornada 10

  • Resultado: FC Meigas - Concello de Ponteceso FSF (3-4).
  • AD VILA DE PONDAL - CONCELLO DE PONTECESO FSF: Uxía, Ana, Martina, Alba e Saray - tamén xogaron - María, Nuria e Verónica.
  • Goles: 1-0 Teresa; 1-1 María; 1-2 Nuria; 1-3 Alba; 2-3 Sara; 3-3 Sara; 3-4 Saray.
Comezaban con intensidade en ataque ambos equipos, pero era as locais as que se adiantaban e obrigaban ás pondalianas a poñer o mono de traballo en defensa. Seguían tendo ocasións, pero errando sempre no remate. Pero en 2 minutos conseguían darlle á volta ó marcador, cun tanto de María e outro de Nuria, que remata soa tras roubar o balón na frontal da área. Chegaban os minutos de mellor xogo das visitantes, con varias oportunidades para ampliar a vantaxe. Ana e Alba probaban con tiros lonxanos, mandando incluso un balón ó longueiro. E Martina non lograba chegar a un centro ó segundo pau. Alba tranformaba en gol unha xogada de saque de banda, co que irían cara os vestiarios co 1-3 no luminoso. De volta do descanso parecía que saían coas mesmas ganas as xogadoras de Curro, que nos primeiros minutos xa dispoñían dun par de ocasións, pero a relaxación foi chegando e, con ela, as ocasións e os goles do Meigas. Foi nos últimos 10 minutos cando as locais colleron forzas para intentar remontar o partido. Comezaban avisando cun disparo ó longueiro, pero non tardaban en chegar os goles. Sara, por partida doble, poñía outra vez as táboas no marcador tras dous erros da defensa visitante. Quedaban aínda 3 minutos de infarto e de idas e volta cheos de ocasións. Ana mandaba outro balón ó longueiro, ó que respondían as de Bertamiráns cunha boa ocasión que acaba sacando Uxía. No último minuto e tras un bo pase en largo de Alba, Saray conseguía o 4º gol, tanto que daría a vitoria ó seu equipo, pero non sen antes dispoñer ela mesma dunha última ocasión nos últimos segundos de partido.  

1ª Galicia, xornada 10

  • Resultado: Cruces FS - Amarelle Santa Comba (1-8)
  • Amarelle Concello Santa Comba: Vanesa, Tania, Ge, Nuria, Carla (cinco inicial), Lucía, Paula, Violeta, Gemma, Leticia, Nerea.
  • Goles: 0-1 Tania (min. 1); 0-2 Tania (min. 1); 0-3 Carla (min. 1); 0-4 Nuria (min. 2); 0-5 Carla (min. 12); 1-5 Sara (min. 15); 1-6 Sandra (propia puerta) (min. 18); 1-7 Paula (min. 34); 1-8 Nuria (min. 36).
Na primeira parte, as xalleiras do Amarelle Concello de Santa Comba empezaron fortes no partido contra as colistas para aproveitar a súa ocasión de meterse na segunda posición da táboa, e así foi como aos trinta segundos de xogo xa se adiantaban cun gol de Tania para poñer o 0-1. Pero non quedarían aí as ganas do Amarelle Concello de Santa Comba que no seguinte minuto de xogo conseguiu anotar dous tantos prácticamente seguidos obra de Tania e Carla, para poñerse co 0-3 no marcador. Co partido prácticamente encarrilado o cadro dirixido por Suso Yanes empezou a dar minutos ás xogadoras menos habituais.  

Máis información

 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios