Sábado. 05.10.2024
El tiempo

FSF: Unha xornada de paella colectiva

FSF: Unha xornada de paella colectiva
Ines co Fisober Inés co Fisober Andrea do Villa de Cee a Seleccion Galega Andrea do Villa de Cee á Seleccion Galega

Un empate colleitou na casa o Fisober, pero o máis importante era a paellada que artellaba a Marea Nejra ao remate do partido. Fundamentais estas sesións de irmandamento entre afección e equipo, que lles permite ás vimiancesas manterse con todas as opcións intactas.

Na Liga provincial, o protagonismo segue a ser das do Vila de Cee, que acadaron unha nova, pero apurada, vitoria ante un dos equipos revelación desta temporada e amplían a vantaxe sobre as perseguidoras. Ademais, as ceenses, celebraron a convocatoria de Andrea coa Selección Galega sub.21.

Polo resto, seguen as pontecesás preto da cabeza tras vencer con claridade a unhas Atletes aínda con moito por percorrer, mentres as Roxiñas de Lira non levantan cabeza.

Destacable o empate dos senior do FSF Vila de Cee na mañá sabatina en Caión, ante un bo equipo, que mantén aos do Nejro sen coñecer a derrota nestas 9 primeiras xornadas de competición.

Liga Autonomica, xornada 11

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – RIBADEO F.S. (4-4).
  • FISOBER: Leti, Ana, Tamara, Inés, Noe; tamén xogaron: Laura, Nuriña.
  • Goles: 1-0 Noe, 1-1 Sofía, 2-1 Tamara, 3-1 Inés, (descanso) , 3-2 María, 3-3 Andrea, 3-4 Sofía, 4-4 Inés.
Noe marca co Fisober Noe marca co Fisober

Acollía o Municipal de Vimianzo este igualado partido que serviu de previa para a segunda edición da Paellada organizada pola Peña Marea Nejra.

No deportivo, o Fisober viviu un deses días no que non saen as cousas, nin na pista, xa que estivo moi lonxe do seu mellor nivel, nin fora dela, na que un virus deixou curta unha rotación que xa contaba con varias baixas, e tivo que rescatar un punto o final ante un difícil Ribadeo que fixo moi ben o seu traballo.

Arrincou moi ben o Fisober e xa no primeiro minuto Noe enviaba un balón ó pau. Unha Noe que os catro minutos adiantaba as súas e poñía o un a cero no electrónico. E un minuto despois a piques estiveron entre Ana e a mesma Noe de facer o segundo para as locais. Pero co paso dos minutos o Fisober foise contaxiando do frío que facía no pavillón e deixando que o Ribadeo se fose facendo co ritmo do partido. As visitantes estaban a crear perigo no balón parado e froito dun saque de esquina igualaban o partido por mediación de Sofía. As locais non se sentían nada cómodas e as visitantes dominaban pero non creaban excesivo perigo.
A pouco máis de un minuto para o fin da primeira metade un tempo morto visitante tivo o efecto contrario. Xa que logo del chegaron dous goles locais case seguidos. Primeiro cunha contra que finalizaba Tamara a pase de Inés . E pouco despois a propia Inés poñían o sorprendente tres a un co que se chegou o tempo de lecer.

Co arranque da segunda metade non aproveitou o Fisober a renda colleitada. Aínda que parecía que non pasaban excesivo perigo seguían a ser dominadas polas visitantes. Os minutos ían pasando e as forzas locais minguaban paso a paso. A once para o fin María facía o segundo gol visitante. O Fisober agora tamén tiña a presión do resultado encima. Máis aínda cando a seis para o fin Andrea igualaba a tres o electrónico. As visitantes aínda tiveron tempo de darlle a volta o electrónico cun novo tanto de Sofía que poñía o tres a catro no marcador a tres para o remate.
Parecía todo perdido para o Fisober que a dous para o fin decidiuse polo xogo de cinco adiantando a Leti. E funcionou xa que a pouco máis de un minuto para o fin a propia Leti atopou a Inés para que fixera o catro a catro co que rematou o partido.

 

Liga Provincial feminina, xornada 9

  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF - AD Atletes (12-3)
  • A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Carmen, Zeltia e Sandra - tamén xogaron –Martina, Carla, Elsa, Cintia, Noa e Isabel.
  • AD ATLETES: Alba, Cris, Sara, Marta e Bárbara (2); Tamén xogaron: Antía, Ana, Sandra (1) e Mariña (PS).
  • Goles: Por bando local: Carmen (1-0, 3-0, 4-0, 8-3, 5-3), Sandra (2-0), Martina (5-1), Elsa (6-1), Carla (7-2, 9-3), Cintia (11-3), Zeltia (12-3). E por bando visitante: Bárbara (4-1), Sandra (6-2), Bárbara (7-3).

Pouca historia (por non decir ningunha) tivo o derbi costeiro celebrado en Ponteceso, pois as Atletes non fixeron o seu mellor partido. A pesar que que as esteiranas, nos últimos partidos, empezaran a collerlle o gusto a competición, este partido deixolles un mal sabor de boca.

O Ponteceso empezou volcándose sobre a portería do Atletes, sin que este supera como reaccionar ás entradas constantes do equipo contrario, ao que opoñían pouca resistencia. A presión en toda a pista das locais permitía que Sandra, Ana e Zeltia avisasen xa nos primeiros minutos. Pero non tardarían en adiantarse e Carmen (que anotou 5 tantos), nunha xogada de falta, fai o primeiro para as pontecesanas, rematando 4-1 o primeiro tempo.

Saíron dos vestiarios centradas as xogadoras de Barca e Curro, que coa presión arriba e con bo xogo, en menos de 2 minutos xa sumaron dous goles máis ó marcador por medio de Martina e Elsa. Volverían recortar distancias as visitantes cun tiro de Sandra dende a frontal que entra pegado ó pau. Pero pronto reaccionaba o Ponteceso saíndo de atrás co balón xogado, Sandra metía un pase en profundidade a Carla e esta,en dous tempos poñía o sétimo tanto no marcador. 

Seguen as pondalianas metidas na parte alta, na 4ª praza a só 3 puntos das 2ª; mentres o Atletes aínda non estreou o taboleiro dos puntos e quere esquecer este partido.

 

Liga Provincial feminina, xornada 9

  • Resultado: S.D. A BAÑA FSF- FSF VILLA DE CEE (1-2).
  • VILA DE CEE: Carla, Adriana, Alba, Andrea e María de Dumbría. Tamén: a porteira Vanesa, María Lijo, Marta e Paula Trinidad.
  • Goles: 1-0, m.16; 1-1, m.26: Adriana; 1-2, m.39: Alba a pase de Adriana.

Tocoulles ás ceenses visitar un dos equipos revelación desta temporada. Na primeira parte saíron as ceenses esperando ao equipo contrario en media pista, o dominio da pelota esta repartido entre os dous equipos, As rapazas do FSF Villa de Cee ben plantadas defendían perfectamente e conseguían a contra crear varias ocasións, pero sen fortuna de cara a gol. O equipo local movía ben o balón pero case sen crear perigo para as ceenses. Sobre o minuto 16 nunha bonita xogada as locais conseguen marcar o 1-0, a partir de aí as rapazas do Villa de Cee continuaron intentando, pero a pelota non quería entrar marchando o descanso perdendo 1-0.

Xa na 2ª parte as rapazas do Villa de Cee, non conformes co resultado fóronse arriba, presionaba o rival o cal non era capaz de saír co balón controlado e conseguía crear numerosas ocasións de gol. Sobre os minuto 6 da 2ª parte despois de sacar unha falta nun rechace Adriana consegue marcar o 1-1. Ningún dos equipos estaba conforme co resultado, e o partido gañou en intensidade con ocasións para ambos equipos. As Ceenses loitaron ata o final en busca da vitoria a cal parecía non querer chegar pero no último segundo do partido Alba recibe un pase de Adriana e consegue marcar o definitivo 1-2.

As Estrelas nesta ocasión fanse moi complicadas de dar, pois podemos dicir que todas as merecían, mais así toca distribuír, 3* Andrea, un partidazo tanto en defensa coma en ataque, demostrando a súa convocatoria na Sub-21, 2* Alba, corre e corre e segue correndo e por riba gol no último segundo, e por último 1* María de Dumbría, traballo e traballo en pro do equipo.

 

Liga Provincial feminina, xornada 9

  • Resultado: Concello de Carnota Lira FSF – Troula FSF. (1-5).
  • Lira FSF: Lía, Inés, Terre, Martina e Alba. Tamén xogaron: Eva, Isa, María e Laura.

Nova derrota das Roxiñas que non conseguen levantar cabeza. Comezan as rapazas do Troula creando perigo rapidamente de cara a portería de Lía a cal evitou que se adiantasen tan rápido cun par de paradas boas e algún fallo desacertado das rapazas visitantes.
Pasados dez minutos de partido as rapazas do troula adiántanse cun gol dentro da área pero as Roxiñas non se viñeron abaixo e por medio dunha boa xogada, Alba consegue facer o empate para as locais.

 

Liga Provincial Masculina, xornada 9

FSF Vila de Cee en Caion FSF Vila de Cee en Caion
  • Resultado: Club del Mar - FSF Vila de Cee (0-0).
  • Vila de Cee: Rafa, Mario, Hidalgo, Tomas e Aitor. Tamén: Pablo, Marroco, Champi, Miguelon, Jose Antonio, Fresita e Purti.

Tocoulle madrugar ao Cee para desprazarse ata Caión e comezar o partido ás 10:30h. Pero continúa invicto o equipo senior da familia ceense, e aínda non cooñece a derrota neste primeiro ano de competición.
Saíron enchufadísimos os do Nejro, e a primeira parte foi un dominio total dos Ceenses , os que saíron enchufadisimos buscando o gol dende o primeiro minuto, con tres ocasións de Aitor 2 para Mario, Pablo, Miguelón e José Antonio, podendo deixar o partido sentenciado na primeira parte, pero entre o bo facer do porteiro contrario e a falta de fortuna chegouse o descanso co empate 0-0.

Xa na segunda parte o partido converteuse nun "correcalles", onde os rapaces do Fsf Villa de Cee, empezoulles a pesar a ansia de gañar e durante moitos minutos calquera do dous equipos puido marcar, aínda que o balón non quería entrar . Os Ceenses non deixaron de intentalo e faltando 5 minutos saíron de 5 con porteiro xogador, pero non houbo forma de perforala portería, rematando o partido cun 0-0. Partido estraño para o FsF Villa de Cee a unha hora pouco habitual.

Cómpre lamentar a lesión de Hidalgo o cal tivo que retirarse do campo cun forte esguice de nocello.
As Estrelas son : 3* Mario, a alma do equipo, 2 * Aitor , 1* Miguelón.

A vindeira sema sábado día 5/12/2015 xogarán as 18 horas no Pavillón Municipal de Cee a xornada atrasada contra o CD Lodairo .

 

Máis información

Crónicas da temporada

Outras novas do FSF

Fonte

Comentarios