Xoves. 10.10.2024
El tiempo

FSF: Xornada de avións e partidos apretados

FSF: Xornada de avións e partidos apretados
As Mozas do Fisober camino de Madrid na primeira viaxe de avión do club

Nova xornada completa do Fútbol Sala Feminino, se ben o Concello de Ponteceso FSF descansaba na Liga Provincial. Unha Liga na que Vila de Cee e as roxiñas do Lira FSF colleitaban a súa segunda vitoria, quedando ambas na zona alta. Non así o Fisober B que sumaba a súa segunda derrota.

Novedosa foi a fin de semana para as maiores do Fisober, que fixeorn a primeira viaxe oficial en avión do club vimiancés. Foi a Madrid, para despois desprazarse ata Guadalaxara para enfrontarse ao Chiloeches. A derrota foi o de menos.

2ª División Nacional, xornada 2

Fran Toba co Fisober
  • Resultado: CHILOECHES – FISOBER F.S.F. (8-4).
  • FISOBER: Leti, Ana, Mai, Inés e Noelia; tamén xogaron: Myrella e Raquel.
  • Goles: 0-1 Noelia, 1-1 Cris, 2-1 Ana, 3-1 Cristina, 4-1 Ana, 5-1 Cris ; (descanso), 6-1 Cris, 6-2 Inés, 6-3 Inés, 7-3 Ana, 7-4 Raquel, 8-4 Laura.
O Fisober pagou moi caro os erros da primeira metade e que non se adaptou a pista. Non podían comezar mellor as cousas para o Fisober xa que os dous minutos Noelia adiantaba as da Costa no electrónico. Pouco lles durou a ledicia as visitantes xa que os catro minutos Cris igualaba o tanteador.
As visitantes non se atopaban cómodas e os sete minutos Ana facía o segundo gol local. Eran os peores minutos para as da Costa. Un minuto despois Cristina facía o terceiro local. Todo empeorou cando no minuto doce e no trece, Ana e Cris poñían con dous goles o catro e o cinco un no electrónico. Moi duro se lle estaba a facer o partido o Fisober, que capeou o mal momento e chegou con ese resultado o tempo de lecer.

A saída de vestiarios foi distinta, as da Costa non estaban dispostas a vender a súa pel aínda. A pesares de que pronto chegou o sexto gol local obra de novo de Cris. Que non era o día viuse cando despois dunha gran xogada visitante o remate de Noelia foise o trabe e o pau e non quixo entrar. Aínda así chegaron os goles e foi Inés quen no minuto catro e seis desta segunda metade puxo o seis a tres no electrónico.
Eran os mellores minutos visitantes que se vían con opcións de entrar no partido e así o tentaron, tiveron as ocasións pero mediada esta segunda metade a nove para o fin Ana poñía o sete a tres que foi a lousa definitiva.
Aínda así seguiron loitando ata o fin as xogadoras costeiras. A menos de dous para o fin Raquel aproveitaba un rexeite e facía o sete a catro. Nos últimos segundos Laura facía o definitivo oito a catro para as locales.


Liga Provincial, xornada 3

Lira FSF contra o Work
  • Resultado: Concello Carnota Lira FSF - Grupo Work (3-2)
  • Goles: 1-0: Ali; 2-0: Bárbara; 1-2; 3-1: Bárbara; 3-2.

Esta fin de semana visitaba Lamas o Work, un equipo chamado a loitar por todo esta tempada. Disfrutaron e moito os afeccionados que se deron cita en Carnota.
Arrancaba o encontro con posesión visitante e as locais agardando en media pista, tratando de roubar e salir a contra. Un erro nun control de balón na defensa das Coruñesas propiciou que Ali se plantase soa diante de Bea (porteira do Work), a xogadora do Lira, enchufadísima durante todo o partido non desaproveitou a ocasión e puxo por diante as da Costa. Este tanto descolocou as Coruñesas que pouco despois vían como Bárbara nunha xogada individual facía o 2-0 e poñía terra de por medio. A falta de case 5 minutos para o descanso o entrenador visitante tomou a decisión de xogar con porteira-xogadora, algo que colleu por sorpresa as locais pero foron quén de manter a renta de dous goles ata o descanso.

Na segunda metade, víronse uns minutos iniciais igualados, cando nas visitantes estaba a porteira-xogadora en pista as locais defendían cerca da área e trataban de sorprender con salidas rápidas. Foi despois dunha destas contras, cando nun saque en largo de portería o equipo de Suso facía o 1-2. Este gol non puxo nerviosas as costeiras, que seguiron defendendo concentradas ata que Bárbara volveu a cazar outro balón e dende o seu campo vendo que as da Coruña estaban sen porteira fixo o 3-1. O partido cambiaba o marcador pero non o guión, seguían volcadas as rapazas do Work, froito de eso e a falta de medio minuto para o final conseguían acurtar distancias cun gol en propia meta. Non se volveu a mover o marcador, 3-2.



Liga Provincial, xornada 3

Partido do Vila de Cee FSF
  • Resultado: Cafetería Meca - FSF Vila de Cee (2-3).
  • VILA DE CEE: Carla, Adriana, Alba, Andrea e María de Dumbría. Tamén xogaron: Sandra, Marta, Serena e Raquel.
  • Goles: 0-1: Andrea; 1-1; 1-2: Andrea; 2-2; 2-3: Andrea.
Vila de Cee lebrando un gol

As ceenses saíron á pista totalmente decididas a levarse os tres puntos, controlando o xogo e apenas sen sufrir en defensa, mostra do mesmo e que nos 5 primeiros minutos adiántanse no marcador por obra de Andrea. O equipo de Cafetería Meca sen chegar a dominar o xogo facían algunha contra perigosa o cal nunha xogada afortunada para elas lograron o empate. Así mesmo as rapazas do FSF Vila de Cee, continuaron ca súa estratexia e conseguiron adiantarse outra vez no marcador, outra vez obra de Andrea. As coruñesas de cara o final da primeira parte nunha xogada onde rebota o balón na defensa Alba, descoloca a porteira e conseguen o 2-2 definitivo ata o descanso.

Na 2ª parte o FSF Vila de Cee saíu disposto a querer levarse para casa os tres puntos, e aínda que sufriron algunha contra perigosa por parte das coruñesas, tivo en todo momento o dominio do partido, con moitas ocasións de gol, pero estábaselle negando o mesmo, cunhas grandes intervencións da porteira do Cafetería Meca, a base de insistencia Andrea de novo consegue marcar o 2-3 definitivo faltando 2 minutos para o final.

Continua con este partido o bo comezo de temporada que está a mostrar o FSF Vila de Cee, con dúas vitorias e un empate nestas tres xornadas, resultados que poñen o equipo no alto da táboa clasificatoria da liga.
As Estrelas desta vez son, 3 para Andrea, polo seus tres goles, dúas a María de Dumbría polo seu xogo en apoio o equipo e 1 estreliña para Sandra, cada vez con máis confianza aportando moito traballo.


Liga Provincial, xornada 3

Choque do Fisober B
  • Resultado: FISOBER B – ÁRTABRAS FENE (1-2).
  • FISOBER B: Paula Lema, Nuriña, Laura, Paula Fandiño e Tamara; tamén xogaron: Andrea Piroja, Alejandra, Andrea Muiño, Natalia e Antía.
  • Goles: 1-0 Paula Fandiño, (descanso), 1-1 Cintia, 1-2 Cintia.

Partido disputado este sábado no Municipal de Baiñas onde o filial do Fisober realizou un gran partido en defensa e tivo opcións de deixar algún punto na casa ante un dos equipos chamados a estar na parte alta da clasificación. O filial deixoulle a posesión as de Ferrolterra , e con boa actitude defensiva e saíndo a contra tentaron compricarlle as cousas as visitantes. E así foi xa que a local Paula Fandiño puxo en vantaxe as súas. Un resultado co que se chegou o tempo de lecer.

Na segunda metade as visitantes intensificaron aínda máis o seu dominio. As da Costa seguiron co seu bo traballo defensivo, con Paula Lema na portería e cuns paus que parecían xogar do seu lado. Pero dous goles de Cintia daban a volta o electrónico e poñían en vantaxe as visitantes. Nun último minuto tolo a piques estiveron de igualar as do filial. Tiveron moi boas ocasións para deixar un punto na casa. Paula Fandiño, Tamara e Nuriña puideron empatar pero non foron quen de facelo.

Jemisa dando ordes no Fisober B

Patri co Viaxes

Volveu ser titular Patri co Viaxes Amarelle na máxima categoría do fútbol sala feminino estatal. Foi no derbi galego ante o Burela FSF, no que se impuxeron as da Mariña por un apretado 2-1.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios