Martes. 17.09.2024
El tiempo

Fútbol Táctico abre un Máster de Táctica e Dirección de Equipos coa Universidade Miguel de Cervantes

Fútbol Táctico abre un Máster de Táctica e Dirección de Equipos coa Universidade Miguel de Cervantes
Master de Futbol Tactico sobre Tactiuca

Continúa a revista internacional Fútbol Táctico, formando milleiros de adestradores dende a Costa da Morte. A revista bergantiñá acaba de anunciar a apertura das inscricións para o I Máster Profesional en Táctica e Dirección de Equipos de Fútbol, organizado en colaboración coa Universidade Europea Miguel de Cervantes e Promerits.

Un coñecemento de todas as facetas deste deporte dende contexto universitario, vital para mellorar o xa alto nivel dos profesionais do fútbol. Un Máster dirixido a todos os que desexen orientar o seu desenvolvemento profesional cara á figura de Adestrador ou Adestrador Asistente en equipos ou canteiras de fútbol profesional.

É Máster semipresencial, cunha plataforma online moi sinxela, e 18 xornadas presenciais en Santiago de Compostela, na “Cidade da Cultura”, que inclúen práctica s en campo de xogo.

O director do Master é Juanjo Vila, un dos analistas tácticos máis recoñecidos do mundo, director de FT, e co-organizador xunto QPC do Congreso de Adestradores celebrado en 2016 en Carballo, que vén ademais de compartir a súa experiencia co plantel do Muxía.

No proceso formativo implicarase a adestradores con ampla experiencia e recoñecido prestixio como Aitor Karanka, Valeri Karpin, Anxo Cappa, Gianni Viu, Víctor Orta, Xullo Garganta, Óscar Cano, Manuel Sotelo, Víctor Paredes, Mayte Gómez…

O alumno poderá optar ás titulaciones::
- Especialista en Táctica e Dirección de Equipos de Fútbol.
- Máster en Táctica e Dirección de Equipos de Fútbol.

Máis información e inscrición

 

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios