Futsal Carballo: O Dolce&Cafe confirma a súa candidatura ao título
Mentres que o Dolce&Café confirma a súa candidatura ao título no grupo vermello con outra goleada, desta vez ante o Don Ordenador-SAT Xulián; o Cervecería Ágora aúpase ao primeiro posto da clasificación no grupo azul desta liga regular Alonso Moda, no cal comparte o liderato co Explotacións Porcinas Porto do Souto e o Mesón do Pulpo que está a ser a sorpresa no inicio da competición.
Grupo vermello
Dolce&Café 8 – 1 Don Ordenador/SAT Xulián
A pesar de que comezou adiantándose o equipo visitante, o Dolce&Café non dou opción á sorpresa nun encontro sen historia. Jose Landeira faría o 0 a 1, pero despois o conxunto local daríalle a volta ao partido con goles de Uru (4), Miguel (2), Fuentefría e Matías. Dluxe Carballo/Kasa Klandestino 1 – 1 Cervecería Troula Partido disputadísimo o que se viviu na noite deste luns no pavillón Carballo Calero. Calquera dos dous conxuntos se puido levar os tres puntos, aínda que o campión da pasada tempada tivo máis ocasións claras de gol, pero os xogadores visitantes non foron quen de materializalas. Óscar nos primeiros minutos facía o 1-0 cunha espectacular volea que sorprende a Puyol e, Martín Fuentes empataba o encontro no tramo final.Cafetería Habanos 79 1 - 4 S2 Informática
Partido complicado para o S2 Informática ata mediada a segunda metade, xa que os xogadores visitantes non eran quen de materializar as moitas ocasións coas que contaron. De feito, foi o conxunto local o que se adiantou no marcador por medio dun disparo de Eloy que sorprende a César tras tocar nun defensa. Antes do descanso, empataría Mallo cun penalti moi protestado polos xogadores do Habanos. Na segunda metade teríamos que esperar aos últimos dez minutos para ver como o S2 Informática lle daba a volta ao marcador.Brasería Caracola 6 – 2 A de Pako
Nos primeiros minutos de partido, daba a impresión de que só ía haber un equipo sobre a pista e o marcador pronto reflexaría un 3 a 0 favorable para os locais, pero chegaría a reacción dos visitantes con dous goles para axustar o resultado. O Brasería Caracola non quixo dar a opción de que o A de Pako puxese en apuros a súa segunda victoria e sentenciaría o partido cun dobrete de Camilo e outro gol de Lagoa, que firmou un hattrick na noite do mércores.Panadería Añón 1 – 2 Carpe Diem
Partido aburridísimo o que ofreceron estes dous conxuntos. Foi un encontro de ida e volta totalmente atípico e que non se decidiu ata a segunda metade. Calviño, en primeira instancia, e máis tarde Diego Rostro puxeron no marcador o 0 a 2 favorable ao Carpe Diem. Nos minutos finais, Pablo Gómez recurtou distanzas no instantáneo e a falta de poucos segundos para o pitido final unha perda de Diego Rostro a piques lle está de costar un disgusto aos visitantes, pero finalmente só se quedou nun susto.Grupo azul
Mesón do Pulpo 4 – 0 Cervecería O Pazo
Dou a sorpresa da xornada o conxunto carballés tras vencer aos pontecesáns do Cervecería O Pazo nun partido no que o marcador non reflexa o que se viu sobre a pista. Nesto do fútbol, o que perdoa, acaba pagando e eso foi o que lle sucedeu ao equipo visitante, mentres que o Mesón do Pulpo casi firmou un 100% de efectividade de cara a porta. Joaquín en dúas ocasións, Pardo e Óscar foron os autores dos goles da segunda victoria consecutiva do conxunto verde.
Asesoría Cervantes 5 – 6 Construccións Maracaná
Partido disputadísimo con gran intensidade e no que calquera de ambos equipos se puido levar os tres puntos. O Construccións Maracaná foi durante todo o encontro a remolque do Asesoría Cervantes, pero sen apresurarse en ningún momento. Nos minutos finais, o conxunto local puido sentenciar cun dobre penalti, pero o disparo de Palermo foise arriba. E finalmente o Maracaná daríalle a volta ao marcador con dous goles de Chimpo para poñer o definitivo 5 a 6.
Hotel Pazo do Souto 4 – 3 Interfutsal/Deportes San Remo
Tras unha primeira metade dominada na súa totalidade polo Interfutsal/Deportes San Remo e así o reflexaba o marcador cando se chegaba ao descanso, cun 1 a 3 favorable ao conxunto laranxa. Pero á volta do tempo de lecer, o asedio do Hotel Pazo do Souto sobre a portería defendida por Gabri foi total e finalmente os rapaces da parroquia carballesa de Sísamo foron capaces de darlle a volta ao instantáneo ata firmar o definitivo 4-3 a falta dun minuto para o final.
Cervecería Ágora 7 – 0 Carballo Futsal
Partido sen historia cun claro dominador de principio a fin. Costoulle moito ao Ágora abrir o marcador, unhas veces polos paus e outras por Ferreiro, gardameta do Carballo Futsal, que está a ser unha das sensacións da competición a pesar da súa xuventude. Pero unha vez acadado o 1-0, o conxunto local seguiu dominando claramente e convertindo en gol as numerosas ocasións coas que contaron ata o peche do partido. Os goleadores foron Periscal, en dúas ocasións, Pablo, Alvite, Eduardo, Sanjurjo e Óscar.
A crónica da semana: Bar A Vila - Explotacións Porcinas Porto do Souto (2-5)
- Bar A Vila: José, Corral, Diego, Xuko e Puente. Tamén xogou: Toky.
- Explotacións Porcinas Porto do Souto: Jorge, Carlos, David, Fernando e Pedro. Tamén xogaron: Breogán e Marcos.
- Goles: 1-0, min.1: Xuko; 2-0, min.5: Puente; 2-1, min.8: Pedro; 2-2, min.13: Pedro; 2-3, min.18: Breogán; 2-4, min.30: Breogán; 2-5, min.35: Fernando.
- Árbitros: Nejo (Pista) e Pablo (mesa). Estiveron ben.
- Pavillón: Carballo Calero (Carballo).
Comezaba moi ben o encontro para o Bar A Vila, que xa se adiantaba no minuto un tras un gran pase de Puente que aproveitaba Xuko para definir no man a man con Jorge. Pronto respostaría o clube pontecesán cun disparo de Carlos que repele o pau. Aos cinco minutos desta primeira metade, Puente cabecea ao fondo das mallas un córner botado por Xuko, para poñer o 2 a 0 no marcador. Reaccionaría o Porto do Souto por medio do seu goleador, Pedro, que recurtaría distanzas no instantáneo cun potente disparo imparable para José. O xogador pontecesán puido facer o gol do empate na seguinte xogada pero Diego salva o gol sobre a mesma liña. Co paso dos minutos os visitantes fóronse facendo co dominio do encontro e ese dominio foise convertindo en ocasións, e no minuto 13, Pedro aproveita un rexeite do porteiro local para firmar a igualada. Na seguinte xogada, José cunha gran intervención salva o gol do killer pontecesán. Pero seguiríao intentando o xogador visitante e a catro para o final unha gran volea vaise a rentes do pau. Xuko buscaría poñer por diante de novo ao seu equipo cun gran disparo que repele o pau e, finalmente antes do descanso sería Breogán, tras librarse da súa marca, o que poñería con vantaxe aos seus no marcador. E co 2-3, chegaríamos ao tempo de lecer.
Á volta dos vestiarios, baixaría moito a intensidade do partido, dando a impresión de que os dous equipos estaban rotos logo do gran esforzo feito na primeira metade, pero tan só foi un espellismo dos primeiros minutos desta segunda. E, no minuto 27, Diego puido facer o empate a tres pero Jorge salva o man a man co xogador local. E tan só tres minutos despois, Breogán fai o 2-4 ao finalizar un contragolpe. Logo deste gol, reaccionou o Bar A Vila, con tres ocasións casi consecutivas, pero Diego, Puente e Xuko non foron quen de materializalas. A cinco para o final, Breogán a piques está de repetir o gol que significou o 2 a 4, pero o seu remate finaliza repelido polo pau da portería defendendida por José. Pero na seguinte xogada, Fernando si foi quen de materializar a contra levada por Breogán, para poñer o definitivo 2-5 no marcador e sentenciar o encontro.
Crónicas de Futsal Carballo
- X.1: O Dolce&Café e o Explotacións Porcinas Porto do Souto, primeiros líderes da Liga Futsal Carballo.
Máis información
Novas relacionadas
- MáisDeporte comeza avisando na Liga de FS de Cee.
- Comeza o Futsal en Carballo.
- Arrincan as Ligas de FS Cee.
- 13/14: Fin de festa para a gran temporada da Liga Futsal Carballo.
- 13/14: Liga FS Carballo: Cervecería Troula e Talleres Sousa-Rte.Seiruga celebraron os seus títulos.
Fonte
- Redacción de David Castro para QPC Deportes ([email protected]).