Venres. 17.05.2024
El tiempo

Goles pola esperanza

Goles pola esperanza
Polas botas e o acerto de Juni e Chenel pasan boa parte das opcións que manteñen polo título ou ascenso tanto San Lorenzo como Mazaricos; ambos teñen aprendido a facer da fe e a paciencia as súas mellores armas Chenel, á esquerda, e Juni, á dereita, referentes de Mazaricos e San Lorenzo Aínda que pareza que hai partidos que paran o mundo, o fútbol antes ou despois volta á normalidade. Así, pasada a voráxine e a resaca, Semana Santa mediante, do Baio-Corme, a Liga da Costa non só está decidida, senón que hai dous defensores da fe que manteñen o soño dunha por outra parte pouco imaxinable paxara dos dous da cabeza. Tanto San Lorenzo como Mazaricos son os supervivintes clasificatorios dun pelotón de alternativas do que teñen caído Castriz, Ponteceso ou mesmo Camariñas na primeira volta. No ciclismo serían os chamados 'outsiders' ou opcións non principais que pese a facer a goma non quedaron descolgados. Con catro xornadas por xogarse, o San Lorenzo é terceiro a sete puntos da cabeza, un menos que un Mazaricos ven de pinchar en exceso no último mes. Esta semana, os carballeses visitan ao colista Laxe, mentres que no caso dos da Picota será o Baíñas o veciño perigoso que visite o céspede natural de Peña do Ouro. Ambos confiarán na Esteirana, que irá a Corme, e no Corcubión, que recibe ao líder Baio. E tamén en Alejandro Rodríguez Gómez 'Juni' (Carballo, 1990) e Javier Chenel Castro (Santiago, 1981), que con 22 e 18 goles son os referentes ofensivos de San Lorenzo e Mazaricos, respectivamente. QPC quixo saber como é esa persecución digna dunha película dos Blues Brothers, na que a chave pasa especialmente por non desfalecer nin perder a fe. Como afrontan os seus equipos o que queda por diante? Juni: Nós seguimos buscando vencer en todo o que qued; mentres quede algunha opción, e por orgullo, queremos facer os doce puntos en xogo, aoo final de ano veremos se nos serve de algo. E, por suposto, temos moitas ganas da Copa Juni, referente carballés Chenel: Con moitas ganas e ilusión, como vimos facendo toda a tempada, o míster non deixa que baixemos o nivel nos adestramentos, e parte do noso éxito é seguir na loita; tamén estamos a pagar un pouco a falta de efectivos, moitas lesións de longa duración durante o ano, e estamos a chegar moi xustos ao final. Chenel, do Mazaricos Como mina a moral perseguir a xente que falla tan pouco? J: É difícil porque cunha segunda volta case impecable seguimos terceiros, por iso debemos recoñecer a gran temporada en canto a fútbol e números de Baio e Corme: máis que minarnos a moral, penso que foi unha motivación C: A moral temola alta, sabemos que os equipos de arriba como Corme e Baio non fallan moito, xa leva sucedendo desde o principio de Liga e o San Lorenzo sumo tamen nestes dous meses, nos sabemos que cada partido e difícil e que o temos que ganar si ou si para estar na loita Que lle dirían ao Corme, se é que ten pensado renunciar ao ascenso? J: Está é unha cuestión externa a nós, o único que podemos facer e gañar o que queda e asegurar, cando menos o terceiro posto e de facelo, e se o Corme preferise non promocionar seguro que estaríamos encantados de loitar por unha praza en Primeira como levamos facendo 3 anos C: Nós e San Lorenzo imos tentar collelo,pero se queda segundo, que é o máis probable, encantados porque tanto para clube, afección e xogadores sería un premio e unha ilusion xogar unha promocion a Primeira Chegará con gañar tódolos encontros? J: O único seguro e que nos chegará para ser terceiros, e por suposto para seguir apretando aos dous primeiros. Sinceramente, vexo difícil que pinchen, pero quen máis e quen menos estase a xogar algo. E os que xa o teñen todo feito espero que compitan os partidos igualmente. C: Se gañamos todo seguro que terceiros quedamos, xa que nos enfrentamos ao san lorenzo na penultima xornada, despoos xa dependemos do Corme Que vos pudo faltar para ter chegado máis arriba? J: Creo que nos penalizaron partidos puntuais contra rivais da zona medio-baixa nos que non conseguimos xogar coa intensidade que tivemos cos rivais máis fortes, cos cales xogamos a un gran nivel. É un tópico, pero é certo: as Ligas pérdense fallando contra os de abaixo e non nos enfrontamentos directos C: Faltounos un pouco de todo: sorte cas lesions xa desde case o principio, conducionou moito ao adestrador á hora de buscar solucions nalguns partidos, tamen ambición nalgíns momentos, e nos partido clave cos de arriba non sacamos puntos apenas A nivel persoal, que parte de culpa do éxito do seu equipo ten vostede? J: Nun equipo no que todos traballan co único incentivo de disfrutar do fútbol xuntos, o éxito debe repartirse entre todos. Cada un ten a súa responsabilidade, os de arriba temos que marcar goles, os mediocentros fannos xogar como o fan de ben, e defensa e porteiro darnos esa seguridade que temos en eles. Eso sí, o éxito aínda está por chegar. Levamos 2 temporadas rozandoo cos dedos, e nesta queremos darlle unha alegría definitivamente a afección, directiva e ó adestrador C: Estou contento, tanto co meu rendemento, como co de compañeiros e corpo tecnico, e tamén mención para o clube, que nos trata espectacularmente no que nos faga fata; o único malo é que non puden axudar os meus compañeiros ata xornada 7 que tiven unha ciática uns meses que tardei en curar, podería ter dado un plus

Comentarios