Martes. 17.09.2024
El tiempo

Golpes baixos

Golpes baixos
Contundente para uns e dolorosa para outros foi a vitoria do Xallas sobre o Soneira no derbi de Preferente; na Liga da Costa o Baio tamén freou a progresión do Ponteceso nun intenso derbi Duelo directo o protagonizado por Porteño e Louro onte - Foto: Edu Olveira Acabou a costa de xaneiro cun golpe final de riñón duro para algúns conxuntos que viñan facendo a goma desde que comezou o ano. Foi un exemplo o derbi da Preferente entre Xallas e Soneira, que parecía unha escapada dun escalador tipo Pantani e un sprinter con pánico ás ramplas do estilo de Cipollini. E a tarde picaba para arriba. Tomando a tendencia da semana e trocando de deporte, resultou nun set en branco que reforza a xa de por si forte moral dos combeses, pero que supón un duro golpe a un equipo vimiancés que ten que asumir que non deixan de ser tres puntos, e que a realidade clasificatoria non é tan negra como a sensación do día. Cumpriu o outro representante costeiro, coma case sempre na casa O Sofán fixo do Carral o seu fortín e superou ao Ribadeo. O lugar dos carballeses está máis preto da nobreza que da loita pola supervivencia, no seu ano de estrea na corte de Preferente. Pola Primeira o caso máis semellante ao do Xallas é o dun Fisterra que venceu en Riveira e manten moi encaminada a reserva de praza na categoría para o vindeiro curso. De feito, de sacar o partido que ten pendente en Lalín os de Nacho terían unha luz ao final do túnel chamada Preferente, impensable no verán. A máxima categoría autonómica é case unha realidade ineludible para un Dumbría que superou con solvencia a un bo Outes e que segue a dar sensación de imbatible. Pola súa banda, o Zas patinou insospeitadamente ante o Puebla en San Andrés. Deixou a Liga da Costa unha xornada esclarecedora, co contundente triunfo do Baio no Pinguel de Ponteceso, nun partidazo e ante o conxunto máis en forma, que frea precisamente a progresión dos locais e que supón todo un reforzo para os de Pedro Gómez, con algunha dúbida tralo pinchazo de sete días atrás. O líder Corme, que segue invicto, vai ao seu, aínda que co Unión Club Cee pasou máis apuros do que di o marcador. Tamén a seu van Mazaricos e San Lorenzo, ameazas silenciosas, aínda que cada vez menos, para o dúo de cabeza. E aí racha unha táboa onde entre o quinto (Ponteceso) e o sexto (Camariñas) hai xa dez puntos de diferencia. A outra loita viva é por unha permanencia que implica a máis de media ducia de clubes. Escasa andivo a Terceira Galega, con só seis goles en cinco encontros, e cun 0-0 como resultado para o líder Muxía, algo moi pouco habitual. O Ameixenda, segundo, superou ao terceiro, o Lira, e está xa a oito puntos do dominador de todo o curso. Ollo.  

PreferenteNorte, xornada 22

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 20

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 20

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 19

1ªXuvenil, Gr.2, xornada 15

 

1ªXuvenil, Gr.3, xornada 19

LigaGalega Cadete, xornada 19

1ªCadete, xornada 16

LigaGalega Infantil, xornada 18

1ªInfantil, xornada 18

LigaAlevínSur, xornada 14

LigaBenxamínSur, xornada 14

LigasVeteranos, 1ª División

LigasVeteranos, 1ª División

 

Máisinformación

Comentarios