Venres. 17.05.2024
El tiempo

Gran ambiente na estrea oficial da "Amarela", a Selección da Costa Sub-15

Gran ambiente na estrea oficial da "Amarela", a Selección da Costa Sub-15
Debut da Seleccion da Costa sub15 en Cambados ante a Coruna Imaxe do histórico Debut da Selección da Costa sub15 en Cambados ante a Coruña

O gran ambiente da expedición foi a mellor nota da estrea oficial da Selección da Costa sub-15. Foi no marco da Primeira fase do Campionato de Seleccións Comarcais Sub-15, que se celebrou nuns campos do Pombal, en Cambados. A familia costeira chegaba con 18 xogadores e unha manchea de pais e nais (e varios afeccionados de Coristanco ou Cabana) con gañas de ver aos seus nenos coa “Amarela”, o cor das novas equipacións que levan o nome da “Costa da Morte” por Galicia adiante.

O debut da selección da Costa da Morte foi a gran novidade deste campionato, nunha boa aposta da Federación Galega de Fútbol, e da delegación costeira, polo Fútbol base da Costa. Unha Selección que partía con clara desvantaxe por varios motivos. Apenas leva a href="https://quepasanacosta.gal/malpica-acolleu-a-segunda-participacion-da-seleccion-da-costa-sub-15/">un par de partidos amigables durante este verán e este mes celebrou apenas un par de adestramentos. Ademais, os nosos equipos están case todos (agás o Dumbría), en Ligas comarcais e os combinados que equipos en categorías autonómicas notan a diferencia.

Así, o choque inicial dábase contra A Coruña, e o equipo pagou a diferencia. O cadro herculino, vixente campión da competición, foi superior e vencía con claridade por 0-4 a uns costeiros tremendamente nerviosos co balón e que sufrían moito a balón parado. Ademais, pequenos erros, nestas competicións, páganse moi caros.

No segundo partido, contra Ourense, os costeiros deron un paso adiante, máis conscientes do nivel competitivo, e melloraron moito e prantaron cara durante moitos minutos ao cadro ouresán. Foi un partido moi igualado, pero pagaron a inexperiencia e acabaron de novo caendo polo mesmo resultado, sen poder estrear a marca goleadora, cun resultado demasiado abultado para o visto no campo.

A pesar das derrotas, a cousa máis negativa foi a lesión de Lucas Toba, xogador do Dumbría, no quecemento do primeiro partido, e xa non puido xogar.

Martin Vecino e Josino Abelenda as ordes da Seleccion Sub15 da Costa Martín Vecino e Josiño Abelenda estiveron ao mando técnico da Selección Sub15 da Costa

Ao mando da expedición costeira atopábase Manolo Corredoira, Delegado da FGF na Costa, sendo os adestradores os zaseiros Martín Vecino e Josiño Abelenda, con Pablo Fuentes como axudante e Alberto Pose como delegado.

Os xogadores da “Amarela” foron:

  • OUTES: Álvaro Sanchiño González.
  • CEE: Iago Trillo Túñez.
  • SOFÁN: Cristian Fernández Barreiro e Lucas García.
  • DUMBRÍA: Rubén Carnero, Dani González Chao, Lucas Toba e Alex Castro.
  • CABANA: Roberto Rodríguez.
  • MALPICA: Raúl Reigía.
  • ESTEIRANA: Uxío Riomao e Manuel García Priegue.
  • ZAS: Brais Espasandín, Marcos Villar Rossi e Pablo Pardiñas.
  • MUXÍA: Martín Lodeiro (infantil).
  • CAMARIÑAS: Mario Suárez.
  • CORISTANCO: Nicolás Abelenda (infantil).
Seleccion da Costa sub15 en Cambados Primeira Selección Oficial da Costa sub-15 Alex Castro do Dumbria copia Alex Castro do Dumbría Brais Espasandin do Zas Brais Espasandín do Zas Uxio Riomao da Esteirana Uxio Riomao da Esteirana  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios