Gran papel dos piragüistas dumbrieses en Pontevedra


Os palistas do CDM Piragüismo Dumbría realizaron un excelente papel na primeira proba da Copa Galega de Slalom disputada en Pontevedra. O río Lerez amosou a súa mellor cara despois das abundantes chuvias caídas durante o fin de semana, dando lugar a un perrido técnico e duro que fixo estragos entre os participantes.
Mesmo así, Andrea Pérez, na categoría xuvenil femenina estivo no seu mellor nivel e se impuxo con solvencia. A grata sorpresa a deu Aaron Rei Núñez, que remataba as premilimares nun explendido e sorprendente 1º posto. Na ronda final sufriu pero mesmo así logrou un explendido 3º posto.
Por outro lado o canoista cadete Marco Antonio Oreiro fixo unha explendida primeira manga que o aupaba a segúnda posicion provisional, pero na final caíu dos postos de podium.
Do resto da expedición dumbriesa o máis destacable foi a vitoria de Iago Canosa dentro do apartado dos Infantís en seguimento pola federación, con Javier Trigo na quinta posición.
Vindeira cita
A vindeira proba da Copa Galega de Slalom será en Padrón dentro de tres semanas.
Novas relacionadas
- O mar volveu á escola en Camariñas e Cee.
- Histórico primeiro triunfo do CDM Piragüismo Dumbría na Copa Galega de Promoción.
- Andrea Pérez abre a tempada do Piragüismo Dumbría.
- O CDM Piragüismo Dumbría bótase ao río.
- O CDM Piragüismo Dumbría colle máis peso na Federación.
- O Piragüismo Dumbría acadou o seu mellor resultado nunha Copa Galega de Slalom.
- O pequeno bergantiñán que surfea con 7 anos.
- Os pequenos do Carrumeiro debutaron en Portosín.
Fonte
- Nota de prensa do CDM Dumbría.