Martes. 15.10.2024
El tiempo

Grandes nomes na lista de Pichichis das Ligas da Costa

Grandes nomes na lista de Pichichis das Ligas da Costa

Como presta ler xuntos todos estes nomes dos goleadores da Costa.

Son tremendos os nomes que aparecen no alto das táboas: Basti, Alejo, Vía, David Blanco, Róber Pladur, Álex Flores, van 11 xornadas das ligas principais, facemos o primeiro repaso aos pichichis do Fútbol da Costa E o facemos, coma sempre, fiándonos máis dos datos de Luís Porto, que recolle no seu blog malpicán as táboas comparando as nosas crónicas coas actas dos colexiados. .

Pichichis da Preferente Norte

XogadorGoles
Kevin (Xallas)3
Coria (Xallas) 3
Brais Lado (Dumbría) 2
Doro (Xallas) 2

Os xalleiros Kevin e Coria son os primeiros que aparece na listaxe dos goleadores da categoría, con 3 tantos, lonxe dos 9 do ex xalleiro Adrián Beiroa, agora marcando para o Bertamiráns, que está empatado con Taibo, do Laracha. O dato de que Brais Lado, con 2 goles en apenas 5 partidos, sexa o máximo goleador dumbriés nestas 13 xornadas, dá conta dos problemas en ataque do equipo de Canosa, que suma só 6 goles a favor.

 

Pichichis da 1ª Autonómica

Basti Alejo Lucas e Via Rapida do Soneira e Corme Basti, Alejo, Lucas e Via Rápida son algúns dos máximos goleadores da 1ª Autonómica
XogadorGoles
Basti (Soneira)11
Alejo (Corme)7
Vía Rápida (Soneira)6
Lucas (Corme)6
Juan Chans (Corme)5
Piki (Outes)4
Raúl (Sofán)4
Javi Doldán (Sofán)4
Iván Rei (Sofán)4
Charro (Malpica)4
David Sampedro (Outes)4
MC (Baio)3
Nazo (Soneira)3
Javi (Soneira) 3
De la Sierra (Soneira) 3
Mario (Outes) 3

Dá conta a listaxe de pichichis de como está a clasificación pero tamén ten sorpresas. Por exemplo, Basti, con 11 tantos, é o pichichi da categoría, como o seu Soneira, o equipo máis realizador da temporada co Flavia. Sorprende que o Corme, en postos de descenso, ten 3 goleadores na parte alta da táboa, Alejo (pichichi do ano pasado) con 7 goles en só 8 partidos por mor das lesións, Lucas e Juan Chans. Aparecen tamén por aí os goleadores do Outes como Piki ou Mario, os Raúl, Javi Doldán ou Iván Rey; Charro como máximo goleador do Malpica e como non, MC como pichichi baiés.

 

Pichichi da 2ª Autonómoca

David Blanco Pladur Recarey e Adrian MakaayDavid Blanco Pladur Recarey e Adrian Makaay David Blanco, Róber Pladur, Añberto Recarey e Adrian Makaay son algúns dos pichichis da 2ª Autonómica
XogadorGoles
David Blanco (Zas)16
Róber Pladur (Esteirana)12
Álex Flores (Castriz)11
Recarey (Ponteceso)10
Adrián Maakay (Fisterra) 10
Yuyo (Camariñas) 10
Yanki (Volantes)9
Javi Suárez (Baíñas)9
Manuel Luís (Carnota)9
Sande (Zas)8
Santi (Cabana)7
Estéfano (Mazaricos)7
Matías Tedín (Baíñas)7
Juni (San Lorenzo) 7
Joaquín (San Lorenzo) 6
Fuentefría (San Lorenzo) 6
José Ángel (Mazaricos) 6
Chenel (Mazaricos) 6

Quen collerá o relevo de Piti como máximo anotador da Liga da Costa. Parece que David Blanco vai como unha moto e suma nada menos 16 tantos. Saca 4 a un Róber Pladur que está impresionante, ou ao seu ex compañeiro, Álex Flores, que dá conta este curso do seu acerto noutro dos favoritos, o Castriz. Aí arriba tamén ten o líder un representante, pero non o dianteiro centro, senón un Alberto Recarey, que demostra a súa calidade a balón parado cada semana. Con 10 goles tamén temos dous dos artilleiros máis coñecidos da zona, como Adrián Makaay ou Yuyo, un camariñán que xa conta para todo.

E aparece, anos despois, por aí arriba, TNT Yanki, revivido dende un Volantes con aínda moitos problemas. Con 9 tamén aparece Javi Suárez, que en calquera momento pega un estirón, e Manuel Luís, o carnotán, un deses xogadores distintos, que parece despuntar como goleador esta tempada.

 

Pichichis da 3ª Autonómica

Iago Lema do Corcubion pichichi da Terceira da Costa Iago Lema do Corcubión, foi o pichichi da 3ª da Costa 2014-2015
XogadorGoles
Lema (Corcubión) 8
Reigía (Laxe) 7
Enmanuel (Nantón) 7
Esteban Lado (Castrelo) 7
Geiko (Montelouro) 5
Roi (Castrelo)5
Peski (Muxía) 4
Felisiano (Camelle) 4

Quere repetir o título do ano pasado Iago Lema, e aproveitando a boa xeira do seu equipo, e marcando unha media de un gol cada partido. Preto están o laxense Reigia e o cabanés Enmanuel.

 

Pichichis do ano pasado

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info∫@quepasanacosta.com).

Comentarios