Heri Atán, un Campión Galego ”regular”


Heri Atán está contento. Despois dun ano tremendamente regular, rematou o mes de outubro, tralo remate do Rallie de San Froilán, celebrando un título de Campión Galego da Copa Pirelli AMF 2017 da man da súa escudaría Senra Sport, e do seu compañeiro Juan Gándara, a bordo dese máis que fiable Citroen C2 GT.
Este sábado era un momento ideal para celebralo, e así o fixo cunha cea de agradecemento a todos os que colaboraron neste gran éxito. Un dos seus patrocinadores, o Bar Casa Cantorna de Corcubión, acollía esa cea de amigos de patrocinadores, onde estiveron xentes como Taller Marcauto, Expomotor Compraventa, Est Servicio Bazarra, Hallman Energy, Aicar Motorsport. Parrillada Casa Cantorna, Impermeabilizaciones Javier Fidalgo, Phone Hose Cee, Centro Estética Ego, Clínica Veterinaria Argos, CDC Discotecas móviles....
Foi unha temporada coa palabra “regularirdad” como protagonista. Como recoñece na interesante entrevista feita por “ojonocortarblog”, leva anos aprendendo a ler as carreiras, e saber cando hai que apretar cando toca esperar.
Despois deste paso, agora xa ten o coche en venta para dar un salto de calidade, así que esperaremos ter que dar mellores novas nas vindeiras campañas.



Novas relacionadas
- Febreiro 17: Heri Atán arrinca o ano co mellor combustible para liderar a Pirelli AMF Motorsport.
- Marzo 2016: Heri Atán presenta o seu C2 en casa co obxectivo de gañar a Copa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).