Hoxe, martes, no Depor Sport



O diaro deportivo Depor Sport comeza hoxe cunha boa rolda de prensa no fútbol da Costa, falando con todos os adestradores da Liga da Costa. Os protagonistas son os puntas resucitados, Mané e Alberto, que marcaron sendos hacttricks para Fisterra e Dumbría B, dous equipos chamados a estar arriba.
Ademais apunta o enfado en Louro por non terenlle avisado da suspensión do encontro ante o Carnota polo falecemento do fillo do ex alcalde.
O diario queda en Fontenla para repasar o gran derbi. Apunta que houbo máis de 1.000 persoas, cunha grande presencia da afección verde. Pero toca falar co medio laranxa, Toni, ex do Deportivo, que decidiu o choque.
"A bote pronto", o que falou é Santi, do Soneira, que marcou un gol ante o Bertamiráns de auténtico "ratón de área".

O diario remata falando do Amargo debut do Bm Camariñas en 1ª Nacional e da boa actuación do tenista cormelán Martín Varela en Canadá.
Máis información
Novas relacionadas
- 3ª Autonómica: Xa gañan todos.
- 2ª Autonómica: Xornada olímpica.
- Preferente: A comarca do Xallas toma o protagonismo.
- 1ª Autonómica: Adaptándose.
- Resultados desta xornada de loito no fútbol costeiro.
Máis novas
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).