Hoxe, martes, no Depor Sport
Repasamos de novo o diario, en papel, que mellor coida o fútbol da Costa. O protagonista de hoxe é o polivalente Iago, que esta fin de semana tivo que porse as luvas traa expulsión de Juan Purrúa ante o Mugardos. E o fixo de marabilla, coma sempre.
A Rolda de Prensa da Liga da Costa chega completa. Fai un repaso polas declaracións de Repi, César Ferrío, Leo (xa pichichi da liga), Sil, Agilda... Ademais o protagonista é Diego Atán, que voltaba tras 4 anos ao campo de Lombáns para defender a meta do Pindo.
Xa na 3ª da Costa, o diaro apura a fichaxe de Fran do Español polo Volantes; o carnotán Rodrigo denuncia que pasou medo en Arliña; Rico asinou un novo hat trick na enésima vitoria do Montelouro; e ademais o soneirán Mayor, que marcou dos bos goles co Soneira B, non quere ir ao Bergan.
Máis información
Novas relacionadas
- 3ª Autonómica: Un cuarteto de luxo.
- 2ª Autonómica: Non fallan os de arriba.
- Preferente: Os equipos xalleiros toman posicións.
- 1ª Autonómica: Un punto sabe a pouco.
- Resultados da fin de semana do 15 e 16 de outubro.
Máis novas
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).