Martes. 16.04.2024
El tiempo

Independiente e Carallo Santo comezan o Campionato de Barrios con vitoria

Independiente e Carallo Santo comezan o Campionato de Barrios con vitoria
O Carallo Santo comezou o Campionato de Barrios de Esteiro con vitoria O Carallo Santo comezou o Campionato de Barrios de Esteiro con vitoria

Arrincou esta pasada fin de semana a 40ª edición do Campionato de Barrios de Esteiro, o torneo de verán máis antigo e máis auténtico da bisbarra. E fíxoo reeditando a finalísima do ano pasado, de novo co Independiente como protagonista. Gran acollida no Xosé Luís Vara para a estrea do torneo, cun ambientazo fantástico, para que os do Inde vencesen por 5-2 ao Abelleira.

O domingo tocáballe enfrontarse ao Carallo Santo co Cánchester, tamén buscando ir manténdose nas 4 primeiras prazas para meterse nas semis. O Carallo Santo metíase por dúas veces por diante, pero o Cánchester non se amilanaba e conseguía empatar. Pero xa no treito final apareceu unha das perlas do barrio, Kajulo, que marcou dous goles en 5 minutos para decantar a balanza e facer vibrar á afección de Solleiros.

 

Calendario do 40º Campionato de Barrios – Esteiro 2017

DATA
PARTIDO
RESULTADO
Sábado 27 de maio
ABELLEIRA – INDEPENDIENTE
 2-5
Domingo 28 de maio
CARALLO SANTO – CÁNCHESTER
 5-3
Sábado 3 de xuño
PRAIAS DE REIMONDES – TAL
Domingo 4 de xuño
CICLÓNS – INDEPENDIENTE
Sábado 10 de xuño
CÁNCHESTER – ABELLEIRA
Domingo 11 de xuño
TAL – CARALLO SANTO
Sábado 17 de xuño
CICLÓNS – ABELLEIRA
Domingo 18 de xuño
CÁNCHESTER – INDEPENDIENTE
Sábado 24 de xuño
CARALLO SANTO – PRAIAS
Domingo 25 de xuño
TAL – ABELLEIRA
Sábado 1 de xullo
PRAIAS – INDEPENDIENTE
Domingo 2 de xullo
CÁNCHESTER – CICLÓNS
Sábado 8 de xullo
TAL – INDEPENDIENTE
Domingo 9 de xullo
PRAIAS DE REIMINDES – ABELLEIRA
Sábado 15 de xullo
CARALLO SANTO – CICLÓNS
Domingo 16 de xullo
PRAIAS DE REIMONDES – CÁNCHESTER
Martes 25 de xullo
CARALLO SANTO – INDEPENDIENTE
Sábado 29 de xullo
TAL – CICLÓNS
Domingo 30 de xullo
CARALLO SANTO – ABELLEIRA
Sábado 5 de agosto
TAL – CÁNCHESTER
Domingo 6 de agosto
PRAIAS DE REIMONDES – CICLÓNS

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios