Intensa xornada para a familia Anorthosis
Moi interesantes os partidos que se poideron ver este fin de semana en Zas, intensos, de moita duración, de puntos moi bonitos e disputados e tamén con moito medo a fallar pola presión acumulada.
Por resaltar algún, o disputado en 3ª Nacional entre Alberto García (Conxo TM) e o local Gonchu, 17-15 no 3º set para Alberto despois de superar 5 bolas de partido, a pesar de que ao final foi Gonchu o que se levou o partido por 3-2. E tamén o último partido entre Francisco Castaño (Liceo Noia "E") e Ana García (Construcciones Cernadas) resolto no 5º set por 15-13 para Ana e que lle daba o empate 3-3 no encontro e conseguían un valioso punto, sobre todo para levantar os ánimos.
3ª División Nacional, Grupo Norte
- Resultado: Anorthosis Vimianzo - Conxo TM 5 - 1 (17 - 11)
En 3ª nacional pode parecer unha vitoria fácil polo holgado do marcador a que conseguiu o Anorthosis Vimianzo ante o Conxo TM, pero o encontro foi con partidos moi igualados, con moita presión e moi longos (2 horas e media) e que en 3 partidos resolveronse por un apretado 3-2 para o Anorthosis (a favor dos soneiráns o que dominaran o 5º set con claridade), e o punto do Conxo foi tamén por 3-2. Con todo en ningún momento se viu a superioridade que mostra o marcador, e que puido ser 6-0 se Andrés Fagín non falla 2 bolas altas e claras no 5º set e con 9-9 no marcador. Destacar a Roi que con bo xogo contra Alberto e despois con cabeza contra Jesús gañou os seus partidos.
1ª División Galega, Grupo Centro
- Resultado: Concello de Zas Aquacenit - Liceo Noia "A" 3 - 3 (11 - 13)
2ª División Galega, Grupo Centro
- Resultado: Concello de Zas O Pinar - Liceo Noia "E" 1 - 5 (8 - 15)
- Resultado: Construcciones Cernadas - Liceo Noia "E" 3 - 3 (11 - 12)
En 2º galega una de cal, a do Construcciones Cernadas, e a outra de area, a do Concello de Zas O Pinar, ante o Liceo de Noia "E". Moi ben Ana García que gañou os dous partidos e na que se ve a súa progresión.
Vindeira xornada
No ximnasio do CPI de Zas:
- Sábado 29 de novembro 2ª división galega: -
Ás 16'00 h. Concello de Zas o Pinar - Monte Porreiro “B”.
- Ás 18'00 h. Construcciones Cernadas - Monte Porreiro “B”. - Domingo 30 de setembro 3ª división nacional:
- As 11'00 h. Anorthosis Vimianzo - Arteal Ventanas.
- O Concello de Zas Aquacenit descansa nesta xornada.
Novas relacionadas
- Nova xornada sen sorte para a familia Anorthosis.
- Xornada baleira para o Anorthosis.
- O Anorthosis, xa líder, leva o tenis de mesa ata Santa Comba.
- O Construcciones Cernadas xa sabe gañar.
- O Anorthosis comezou a tempada cun empate que sabe a vitoria.
- O Anorthosis arrinca a temporada ao grande e expandindo o tenis de mesa por Mazaricos e Vimianzo.
- O Anorthosis segue preparando o inicio de tempada a base de triunfos.
- O Anorthosis presentouse en sociedade de cara á nova campaña.
- O Anorthosis estrea campaña cun gran subcampionato.
Campañas anteriores
- 2013/2014: Menos cantidade pero máis calidade no Torneo de tenis de mesa de Zas.
- 2013/2014: Moi bos os resultados da familia Anorthosis no Provincial de tenis de mesa.
- 2013/2014: A canteira do Anorthosis responde.
- 2013/2014: A familia Anorthosis pecha a temporada en familia e con vitorias.
- 2012/2013: O tenis de mesa pechou unha exitosa I Liga Intermunicipal cun gran ambiente e vitorias corcubionesas.
- 2012/2013: O Anorthosis Vimianzo é novo equipo de 1ª División Galega de tenis de mesa.
- 2012/2013: A campiona Galega benxamín de tenis de mesa chámase Lorena e é de Zas.
Fonte
- Nota de prensa de Estevo Lema.