Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Jeckyll, Hyde e outras personaxes da Costa

Jeckyll, Hyde e outras personaxes da Costa
  • A dolorosa derrota do Malpica en Tordoia (9-0) non lle mete en problemas reais, e tantas veces goleado Volantes gaña en Carnota e sae do descenso.
Intensisimo o Zas-Castriz-Foto-Alejandro Mel Intensísimo e polémico o Zas-Castriz da Liga da Costa-Foto-Alejandro Mel Jeckyll, Hyde e outras persoaxes da Costa
  • A dolorosa derrota do Malpica en Tordoia (9-0) non lle mete en problemas reais, e tantas veces goleado Volantes gaña en Carnota e sae do descenso.

Poucas verdades tan verdadeiras ten dado o fútbol coma aquela que nun mar de citas de libro de autoaxuda asinara Jorge Valdano: "o fútbol é un estado de ánimo". Desta semana sae en estado de depresión un Malpica que se levou nove goles da súa visita a Tordoia, pero que sen embargo segue a estar fóra de calquera tipo de problema/ameaza na táboa de clasificación. E ten o seu mellor exemplo nunha Liga da Costa onde a victoria desta xornada en Carnota deixa ao Volantes en postos de permanencia. O mesmo equipo que ten acudido a xogar con once ou doce futbolistas, e que leva sesenta goles en contra, cumpre co que pide o guión para renovar a súa vinculación coa competición.

E de cumprir non poden falar demasiado os equipos da Costa en Preferente Autonómica, onde o Dumbría foi arrasado por un Laracha a outro nivel, no que se exhibiron nomes coma Dani Bea ou Miguel Taibo. Tampouco de moito lle vale o punto acadado a un Xallas que recuperou as boas sensacións ante a Milagrosa.

De primeira e de Primeira foi o derbi do Municipal de Vimianzo entre o Soneira e o Baio, no que os locais sufriron a súa segunda derrota da tempada. A incidencia dos encontros de rivalidade directa nesta liga é digna dun estudo. E senón que llo pregunten ao Outes e a reacción que tivo desde que precisamente meteu en apuros ao propio Soneira. O triunfo de onte contra o Carcacía deixa aos sureños nunha calma clasificatoria total. Xusto no punto oposto atópase un Corme que non foi quen de adicarlle unha victoria ao seu compañeiro Alejo, que esta semana anunciara a súa intención de, polo momento, colgar as botas e darlle un respiro a un corpo castigado polas lesións.

A Liga da Costa, pola súa banda, parece ter asinado un pacto de non agresión, de tal xeito que nin Zas, nin Castriz, nin Ponteceso, nin San Lorenzo, Nin Baíñas nin Fisterra sacaron adiante os seus compromisos, provocando a dimisión de Pablo Mallón do cadro vimiancés. Especialmente polémico e con interdidumbre final resultou o partido de San Andrés. O líder pasou por tódolos estados de ánimo posibles. Chama a atención na xornada, ademáis, un novo éxito do Cerqueda contra un rival de nome. Esta vez foi o Cee o que sufriu a seriedade dos de Emilio Uzal.

Máis fiables foron os dous favoritos da Terceira Autonómica, onde Corcubión e Laxe puxeron terra de por medio respecto a un Monte Louro que pinchou en Cabo D´Area. Punto esperanzador, ademáis, foi o que sacou o Lira ante o Castrelo.

No que ao fútbol base se refire, o derbi das Eiroas contra o Bergantiños (1-1) deixa aos de Diego Lobelos en segunda praza. a cinco do líder, nunha situación máis doce que a que viven os cadetes de División de Honra, que son xa penúltimos, tras caer co Areosa na casa.

Ligas de FS

E saben que xa temos actualizados na nosa plataforma www.futboldacosta.com as Ligas de Fútbol Sala de toda a bisbarra. Esperamos pola de Santa Comba, pero xa seguimos, día a día, as que se celebran pola semana, as de Cee e Carballo, e xa temos tamén as que se disputan o sábado, as de Malpica e Mazaricos (os mazaricáns non tiveron Liga pola Semana Gandeira) emais a de Ponteceso-Corme.

Preferente Norte, xornada 14

 

Primeira Autonómica, xornada 12

Segunda Autonómica, xornada 12

Terceira Autonómica, xornada 10

 

Xuvenil - Liga Galega, xornada 12

Bergantiños1-1Dumbría

Cadete - División de Honra, xornada 12

Dumbría1-4Areosa
 

Xuvenil - Grupo Sur, xornada 13

 

Xuvenil - Grupo Norte, xornada 12

 

Primeira Cadete, xornada 11

Primeira Infantil, xornada 11

 

AlevínCosta Sur F8, xornada 8

BenxamínCosta Sur F8, xornada 8

 

Veteranos, 1ª División, xornada 10

Veteranos, 2ª División, xornada 10

 

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios