Juan Carlos Díaz será Xuíz nos Campionato do Mundo Bailes Caribeños de Italia
Menudo orgullo que un costeiro sexa un dos xuíces dun Campionato do Mundo. Pois ata Montesilvano (Italia) marcha Juan Carlos Díaz, acompañado por Graciela Toba, para formará parte do panel de xuices do Campionato do Mundo de Bailes Caribeños. Unha experiencia que supón un gran salto internacional a nivel profesional, para dous costeiros que levan 15 anos expandindo a súa Arte e Movemento pola Costa da Morte.
Precisamente Graciela fixo de xuíz da Copa Promoción a nivel nacional en Guadalajara, e esta fin de semana tócalle a Juan carlos facelo a nivel mundial nas especialidades de Salsa, Bachata, Bailes Caribeños, Salsa Shine, e Caribbean Show Dance.
20 de historia
No ano 1997 Juan Carlos Díaz e Graciela Toba entraban no mundo do baile deportivo, sin saber ainda que se iba a convertir na nosa forma de vida, e na nosa profesión. No ano 2002 abriron as portas de Arte e Movemento, a primeira escola de baile deportivo e baile de salón da comarca, e ainda hoxe en dia, a única. A escola foise adaptando e evolucionando según o ia facendo o propio deporte. Xa no ano 2010, a parte competitiva pasou a fundar o Club Arte e Movemento, aproveitando que acababa de ser recoñecido como deporte pola Xunta de Galicia.
O Clube segue medrando ano tras ano, cada vez son máis os nenos que están federados e competindo representando o Club Arte e Movemento. A última cita foi o pasado fin de semana, onde 2 parellas xóvenes do clube, participaron en Guadalajara na Copa Promoción, para lograr o ascenso. Vicente e Laura (15 e 14 anos) lograron o ascenso a 1ª territorial na modalidade Standard.
O caso é que a nivel deportivo a parella deportiva que formaban Juan Carlos e Graciela tivo que retirarse da competición en 2009, unha vez alcanzada a máxima categoría A Internacional no grupo Absoluto, e o posto numero 7 do ranking nacional absoluto, e tras competir durante 4 anos por toda Europa, representando a España.
Dende entón seguiron formándose como entrenadores, e foi entón cando a Federación Española de Baile Deportivo botou o ollo neles, e pasaron a formar parte activa da mesma.
Nestes momentos, Graciela Toba, é a Delegada Territorial en Galicia da FEBD, e membro da Comisión Técnica de Grados, e Juan Carlos Díaz, é o responsable da nova modalidade de Bailes Caribeños na FEBD. Ademais, os dous teñen a máxima titulación como entrenadores de Bailes Latinos, Bailes Standard e Bailes Caribeños, e aon Xuices titulados. Como exemplo, ambos son os examinadores da FEBD, dos aspirantes a entrenadores de Bailes Caribeños.
Novas relacionadas
- O Club Arte e Movemento, cun empurrón municipal, pide apoio empresarial.
- O carnotán Anxo Fernández aspira ao título de campión de España Junior de Taekwondo.
- Un esperado subcampionato para os bailaríns Diego e Ariadna.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).